Conversa modelo:Fusión desde
Aparencia
- Poderíaselle por un fondo e un bordo a este texto para que resalte máis na páxina que se coloque? Tamén, que o nome da páxina desde a que se debe fusionar vaia dentro do propio marcador, despóis da barra vertical (|) como, por exemplo, en {{lixoporque|razón}} (Agora mesmo hai-no que colocar fora e non é un procedimento homoxéneo. Xosé (✉) 22:01, 23 agosto 2005 (UTC)
- Antes de facer o cambio habería que fusionar todos os artigos pendentes, outra solución sería crear un modelo con outro nome pero non me parece unha boa alternativa. Unha vez combinados, a lista está en Wikipedia:Artigos duplicados e na categoría Artigos duplicados —non son moitos— xa se pode facer o cambio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:18, 24 agosto 2005 (UTC)
- Non é preciso: os (poucos) artigos que teñen o marcador xa posto non perderian nada porque a páxina de referencia xa se lle puxo a man con anterioridade. Por certo, que se existe xa a Category:Artigos duplicados non fai falla que exista Wikipedia:Artigos duplicados co mesmo contido. Esta última páxina deberia ser de axuda e enviar á lista de artigos duplicados actuais en Category:Artigos duplicados. Xosé (✉) 14:23, 24 agosto 2005 (UTC)
- Cando deseñamos o sistema falamos ese punto, o obxecto de que existan artigo e categoría, é que para dar no artigo as instrucións do que se debe facer, aínda así en moitas ocasións non se seguen (copiar o historial na páxina de discusión, manter unha das páxinas como redirección ou borrala, etc. Outra función da páxina é didáctica para que novos usuarios sepan como funciona o sistema.). É importante que exista a páxina do artigo para evitar confusións, por exemplo Asterix debería estar fusionada en Astérix que o verdadeiro nome do personaxe e está ao revés. Se se refai o modelo as páxinas que teñen o marcador posto habería que retocalas unha a unha. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:34, 24 agosto 2005 (UTC)
- Non atopo onde se falou deste marcador (ás veces é tan difícil atopar as cousas, xa o teño mencionado). Polo que dis, podería entón engadirse un segundo campo no que se explicase a razón da necesidade de fusión, algo así como {{Fusióndesde|páxina desde a que fusionar|orientacións}}
- De acordo con retocar as páxinas vellas, en canto ao segundo campo no marcador non estou seguro que sexa o mellor. A discusión sobre o tema non sei onde está, foi un debate informal, tomamos como base a wikipedia inglesa (eles cambiaron a súa versión inicial de marcador na liña que propós ti) podes velo en en:Wikipedia:Duplicate articles. Cando o mencionei non pretendía dicir que había unha política marcada, só queria sinalar que o tivemos en conta a hora de considerar o mantemento. Por certo trátase de dous marcadores non dun só ({{Fusión}} e {{Fusióndesde}}). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:53, 24 agosto 2005 (UTC)
- Un dato máis que esquecín engadir antes. Por regra xeral nas wikipedias prefiren que os avisos do tipo fusión non resalten demasiado e non interfiran co artigo, por iso usan a páxina para engadir as explicacións. Evidentemente iso pode revisarse para considerar o que sexa máis operativo e mellor. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:18, 24 agosto 2005 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "Modelo:Fusión desde"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikipedia sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "Modelo:Fusión desde".