Conversa modelo:Lixo
No modelo:lixo hai unha advertencia ós administradores: "asegurádevos de que outras páxinas non ligan con esta". Non alcanzo o motivo: se hai que borra-la páxina, as que liguen con esta quedarán en vermello, efectivamente, pero non vexo o problema. Creo preferible que quede esa ligazón vermella a que quede un artigo obxectivamente borrable. A opción de reconstruí-lo artigo para mantelo (e así mante-la ligazón) é moi bonita pero pouco práctica, desde a perspectiva do administrador que ten que decidir se borra ou reconstrúe o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:09, 28 febreiro 2010 (UTC)
- Ao meu entender, a advertencia é, sobre todo, para casos en que se borran redireccións porque o título da páxina é incorrecto e moveuse a outra denominación. Nestes casos, cómpre arranxar as ligazóns e por iso non está de máis comprobar que as ligazóns existentes apunten cara a onde deberían. --Toliño Fala aquí comigo 14:10, 28 febreiro 2010 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "Modelo:Lixo"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikipedia sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "Modelo:Lixo".