Saltar ao contido

Conversa modelo:Lp Vilarmosteiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Decreto 229/2006 recoñece a existencia dun novo núcleo de poboación nesta parroquia, O Páramo. É un texto lexislativo e ademais non só recoñece a existencia do núcleo de poboación e que ademais establece que é a capital do concello. Non vexo unha referencia con maior autoridade da existencia dun lugar. Non se debería pois engadir aos lugares de Vilarmosteiro? Que fai falla para que se engada un núcleo na Galipedia?. Tan só o nomenclátor é a autoridade válida?, que se actualiza moi pero que moi de tanto en tanto.--HacheDous=0 (conversa) 11 de setembro de 2020 ás 17:30 (UTC)[responder]

A min paréceme unha referencia válida para facer unha excepción e incluír ese núcleo de poboación aínda que non estea aínda non Nomenclátor. --Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 17:54 (UTC)[responder]