Saltar ao contido

Conversa usuaria:LauAI

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, LauAI!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 2 de agosto de 2024 ás 12:33 (UTC)[responder]

Ola, LauAI! Movín Ficheiro:Transformador arquitectura.png a Wikimedia Commons, o repositorio de arquivos, e deille as categorías correspondentes. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de agosto de 2024 ás 16:08 (UTC)[responder]

Moitas grazas pola axuda! LauAI (conversa) 20 de agosto de 2024 ás 16:21 (UTC)[responder]

Termo embedded

[editar a fonte]

Boas @LauAI, en primeiro lugar parabéns por abordar o tema da IA polo que ten de actualidade.

Saltoume un aviso de que había unha ligazón na páxina BERT (modelo de linguaxe) a unha páxina feita e a revisar por min "mergullo (matemáticas)".

Resulta que o asunto ven polas palabras "embedded, embedding", eu tiven un problema para traducir esas palabras e ao final non sei moi ben como resolver. Usei mergullo porque en topoloxía está asentada e aparece no dicionario da USC "buscatermos".

O problema aumenta porque google translator traduce "embedded" por "incrustado" pero na RAG aparece "incrustado" como "fixarse fortemente nunha superficie". Eu penso que "embedded" está asociado ao interior e non á superficie. Por exemplo en matemáticas unha estrutura alxébrica incluída noutra. En informática código embebido tamén acho que se entende como código dentro doutro.

O caso é que non dou atopado boa alternativa, a raiz do aviso da ligazón revisei as túas páxinas e vin que había moitas veces "incrustado" (de "embedded").

Teño dúas alternativas máis para traducir embedded (e derivados), a ver cal é a túa opinión:

  • inmerso, inmersión.
  • embebido, embebemento

Se che convence algunha delas podes modificar os "incrustados", se non che convence pois déixao como está. Eu non o teño nada claro, de feito saíndo de topoloxía onde teño uns apuntamentos dun profesor da USC que indican, moi ben explicados, a diferenza entre mergullo e inmersión, no resto de ámbitos das matemáticas non vexo unha diferenza clara.

Mergullo non me acaba de convencer porque eu a asocio diretamente a interior dun líquido e ese non é o noso caso, por sorte no meu ámbito "embedded" aparece moi escasamente e non teño que decidir. De feito acho que só a vou a usar en topoloxía, cando corresponda, e para o resto non sei como farei. Se ti escolles algunha (ou dás atopado outra alterntiva) podo seguir ese criterio.

Atentamente Andresv.63 (conversa) 26 de agosto de 2024 ás 05:57 (UTC)[responder]

Ola @Andresv.63. En efecto, a tradución deste termo en concreto parece complicada. A ligazón que puxen no artigo de BERT é incorrecta, quedoume da tradución do inglés, pero neste contexto non ten que ver co mergullo topolóxico, e eu tampouco a traduciría así.
Eu traducín por "incrustación" porque foi o termo que atopei en máis sitios (ao mellor algúns deses sitios que estaban en castelán tamén foron traducidos polo tradutor de Google...). En moitos outros sitios, falan directamente de embeddings, sen traducilo. Este termo refírese a pasar as palabras do dicionario dunha codificación inicial a un espazo vectorial dunha dimensión en concreto, onde podemos traballar con elas. As dúas opcións que propós non as vexo mal, o problema é que non sei cal é a forma correcta, de feito, poderíase traducir tamén por "vectorización" ou "transformación", pois consiste en cambiarlle a codificación a algo para metelo nun espazo vectorial.
Por agora creo que o vou deixar así, pois non sei cal é a mellor forma de traducir o concepto. Seguirei investigando e cando saiba cal é a forma adecuada, cámbioo.
Grazas polas suxestións. LauAI (conversa) 26 de agosto de 2024 ás 12:36 (UTC)[responder]
ok @LauAI.
Se algunha vez o tes claro ou algún lingüista nos saca de dúbidas, avisa.
Graciñas Andresv.63 (conversa) 26 de agosto de 2024 ás 12:47 (UTC)[responder]
Sen problema! LauAI (conversa) 27 de agosto de 2024 ás 14:24 (UTC)[responder]