Saltar ao contido

Conversa usuario:Òscar Álvarez Vilaplana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Ola benvido á Galipedia, sabes que para calquera dúbida tes a calquera dos colaboradores ou podes acudir á A Taberna, saúdos.--Rocastelo 22:11, 25 agosto 2005 (UTC)
  • Polo teu nome e por algo do que escribiches penso que es catalán, ou galego de orixe catalá, se tes dificultades con algunha palabra, xa sabes non dubides en preguntar, saúdos.--Rocastelo 22:15, 25 agosto 2005 (UTC)
  • Únome aos saúdos de benvida. Que disfrutes da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:24, 25 agosto 2005 (UTC)
  • Gracias polas benvidas :) Non son galego, son catalán, anque sei un pouco de galego, e, aínda que consulto moito o diccionario pode ser que faga algún error. Pídovos desculpas, e espero poder contribuir á galipedia e mellorar có tempo. -- Òscar Álvarez Vilaplana 22:39, 25 agosto 2005 (UTC)
  • Non te preocupes, tes un bo galego, e seguro que ás túas contribucións serán valiosas para a Galipedia, saúdos de novo.--Rocastelo 22:51, 25 agosto 2005 (UTC)

Image:Openbsd.png

[editar a fonte]

Ola Óscar, vexo que subiches unha imaxe (Image:Openbsd.png) que, aínda que lle acae moi ben ó artigo OpenBSD, podería ser borrada -esperemos que non se chegue a iso- por non presentar os datos suficientes (para engadir eses datos debes editar a imaxe anterior).

Os datos mínimos que unha imaxe ten que ter para que sexa respectada son a licenza ou copyright e a orixe ou source. En Wikipedia:Política de uso de imaxes explícaseche o que tes que facer.

Se engades os datos, borra a etiqueta {{SenLicenza}} pois xa non sería precisa, e non te preocupes por poder cometer algún pequeno erro, están sendo bastante máis importantes as túas aportacións cós inconvenientes -que son solucionables- que poidan traer consigo.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:09, 14 xuño 2006 (UTC)