Saltar ao contido

Conversa usuario:193.144.79.165

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 193.144.79.165 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:53, 10 decembro 2006 (UTC)

Ola, podes aportar algunha fonte sobre este pazo, xa que non atopo información del por ningures, e estaría ben manter o artigo. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 18:18, 25 setembro 2007 (UTC)

Pazo As Casas

[editar a fonte]

Ola, vin que estás a editar, este e o Pazo As casas, non? Para tratar de salvalo artigo e que non o eliminen, sería convinte que o moveses para o nome correcto e que tratases de buscar fontes ou referencias. Un saúdo. Alma 16:24, 26 setembro 2007 (UTC)

Ese é un dito popular e tamén esixe o pombal, pero para que non borren o artigo habería que buscar máis datos, non me poderías dar o lugar dentro de Chantada para intentar buscar eu documentación sobre el e a ver se está catalogado como pazo ou simplemente como casona, que tamén pode ser. Eu teño escudo na casa dos meus avós e asegúroche que non é un pazo, está nunha maseira, je je, un saúdo, Alma 16:36, 27 setembro 2007 (UTC)

Muiñeira

[editar a fonte]

Ola. Vou modificar un pouco a túa última edición sobre a muiñeira, dado que na introdución ao artigo acostúmanse dar datos moi xerais, para entrar en detalles na parte do artigo correspondente. Ademais, a cuestión dos puntos e do guía xa aparece máis adiante no propio artigo. Se che parece, con cambiar na introducción "danza" por "baile" pode quedar máis clara a natureza non previamente pactada dos movementos. Saúdos, vilachan (conversa) 16 de maio de 2014 ás 14:12 (UTC)[responder]