Saltar ao contido

Conversa usuario:213.60.180.6

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola usuario anónimo. Agradecemos a túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes se o desexas indicar o teu correo (é optativo). Para rexistrarte fai click nesta ligazón: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Special:Userlogin&type=signup ou le primeiro, se o desexas Wikipedia:Como rexistrarse

Ó rexistrarte pasarás a ter a túa disposición unha páxina de usuario (en que podes colocar os datos que desexes) e unha páxina de discusión, nesa páxina escribiremos os que desexemos poñernos en contacto contigo.

Se desexas poñerte en contacto comigo fai click na palabra Galipedia da miña sinatura (firma), edita a páxina que che aparecerá, escribe ó final da mesma e, cando remates, mira de asinar. Para asinar fai click no penúltimo botón (ten unha sinatura como debuxo) da barra de botóns que está encima da caixa de edición (o recadro en que se escribe)

Non te preocupes por cometeres erros. Xa se corrixirán. Se queres, se che interesa, aprenderás facilmente. A Galipedia non é difícil. Eu estou aquí para axudarte. Contacta comigo sempre que o desexes, pero se queres que me lembre de ti, terás que rexistrarte. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:40, 28 xullo 2006 (UTC)

Supoño que te darás conta que o artigo que creaches é totalmente inadecuado para unha enciclopedia. O contido das enciclopedias ten que ser neutro. Non se pode manifestar a personalidade do que o escribe, nin haber xuízos de valor positivos ou negativos sobre aquilo que se está a falar.

Dada a extensión do artigo, non vou borralo; pero probablemente o faga porque o esforzo que supón transformar o que escribiches nun artigo enciclopédico é excesivo. Espero que o fagas ti, se non o fas proporei o artigo para que sexa borrado. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:48, 28 xullo 2006 (UTC)

  • Por cero, teño máis de 700 cds orixinais de jazz. Teño un de Antonio Call, é un disco aceptable, tecnicamente bo; pero de ningunha maneira excepcional. Excepcional é algún (non todos) de Abe Rábade e poucos máis en Galicia. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:05, 28 xullo 2006 (UTC)
  • Varios colaboradores coinciden en que hai que borrar o artigo. Se queres volver crealo, inténtao; pero intenta que sexa un artigo enciclopédico e que estea en galego. Vou borralo. Por favor, rexístrate. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:17, 28 xullo 2006 (UTC)