Conversa usuario:91.117.17.30
Benvido(a) 91.117.17.30 á Galipedia | |||
Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro. Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo. Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida. Se tes dúbidas, podes consultar: Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios. |
Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:33, 5 agosto 2007 (UTC)
Agradeceríache que en Talk:Taino indicáse-los motivos polos que o título do artigo é Taino e en es.wp en cambio e no texto do artigo pon taíno. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 19:44, 5 agosto 2007 (UTC)
Agradeceríache que te rexistrases[editar a fonte]
A túa colaboración está a ser moi nteresante. Agradeceriámoste que te rexistrases. Os números das Ips son difíciles de lembrar.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:39, 14 agosto 2007 (UTC).
- Boas Usuari@ anónimo, compre, se non é moito pedir, que te rexistres antes de proceder a novos artigos; a finalidade do rexistro é darlle unha certa liberdade o usuario que está a traballar, namentres que as Ip's soen ser de clasificación anonimo-vandalicas. Sería unha mágoa que un administrador mal-interpretase o teu traballo e te restrixise a un bloqueo por tempo indefinido creendo bloquear unha Ip's vandálica. Un saúdo e agardo que ista resposta-directriz non sexa motivo de que deixes de traballar niste proxecto xa que, tan só, pretende ser unha mensaxe de caracter aclarativa. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:27, 17 agosto 2007 (UTC)
Traducións automáticas[editar a fonte]
Ola, vin que levas feito moitas colaboracións nas últimas semanas. É un traballo moi interesante o que estás desenvolvendo. Con todo, pregaríache que:
- Incorporases a información de categorías nos artigos
- Incorporases algunha referencia ás outras linguas, para que os robots as puidesen completar
- Revisases as traducións automáticas: p.ex., nesta última serie de Tintín, tes moitas revistas e títulos orixinais en francés como Lle Soir, cando obviamente son Le Soir. Moitas grazas. --Xabier Cid 14:01, 19 agosto 2007 (UTC)
Ola de novo[editar a fonte]
Estou mudando as categorizacións que fas en Illas e arquipélagos pola de Atois, cando é o caso, para buscar a categoría máis concreta. Un saúdo, ;) --Xabier Cid 14:04, 24 agosto 2007 (UTC)
Ola unha vez máis[editar a fonte]
Estás contribuíndo con moitísimos artigos, e iso é moi interesante. Estás a cubrir campos que tiñamos case baleiros, como o das illas, e a Galipedia debería estarche moi agradecida. Pero:
- Non debería ser a cantidade o único obxectivo da Galipedia. Aplicar os tradutores automáticos pode ser práctico, pero á súa vez xeran numerosos problemas que necesitan dunha revisión posterior: ligazóns rotas, traducións de cousas que non se deberían traducir, rotura de códigos e inclusión de bibliografía no medio do texto...
- Por outra parte, toda tradución de contidos doutras wikipedias debería consignarse ao crear a páxina, non só polo merecido recoñecemento, senón sobre todo porque é unha referencia contrastable, onde calquera pode acudir e comprobar a calidade ou verificabilidade da cita.
- Ademais, no caso concreto da pirataría, o artigo que escolleches para traducir tiña abondosos problemas, tantos, que aínda me estraña que continúe no seu sitio (quizais é porque, debido á súa extensión, resulta un traballo ímprobo corrixilo, do que dou fe). Citas inexistentes, personaxes inventados, piratas de nome Lewis, erros en anos e incluso en séculos, interpretacións persoais, opinións, valoración dos feitos... en fin, un desastriño. Afortunadamente non todos os artigos da Wikipedia española son así, pero o maior problema das wikipedias de tamaño medio é precisamente garantir a calidade, e nós deberiamos empezar a xogar nesa división.
- É unha verdadeira mágoa que non queiras rexistrarte. Un alcume seguiría mantendo o teu anonimato, pero ademais permitiríanos dialogar sobre distintos temas de maneira fructífera, facilitándoche o traballo e mellorando o resultado final da Galipedia. Prégoche que o penses unha vez máis e te rexistres. Unha aperta. --Xabier Cid 20:06, 30 agosto 2007 (UTC)
Usuario[editar a fonte]
Ola, só che escribía para agradecerche o teu traballo, e de paso recomendaríache que te fixeses usuario, sería moito máis comodo para a Galipedia.--Hugo22 19:10, 1 setembro 2007 (UTC)
Hola[editar a fonte]
Vin que traduciches o artigo de Libertatia, pra non violar la licencia GNU o GNFL, nunca me acraro, tes que deixar dito co fixeches dala, chega que poñas no resumo traido de :es ou de en: ou de donde fora que traducieras. Graciñas por facelo, un saudo. --Ensada | Mo dis o mo contas? 09:53, 7 novembro 2007 (UTC) A min e mas doado atoparme en :es
Licenza GFDL e parabéns[editar a fonte]
Ola, penso que estás a traducir artigos doutro wiki, para respetar a licenza GFDL tes que incluir no campo do resumo o artigo e wiki do que provén. Parabéns por traer á galipedia as nosas illas. Alma (fálame eiquí) 18:18, 17 novembro 2007 (UTC)
Illa de Rotuma[editar a fonte]
Ola! Vin que estás "implicado" no artigo de Rotuma aínda que fai tempo que non o editas. Gostaría de ampliálo pero precisaría "retocar" a túa edición. Se te animas a continuar poderíamos traballar xuntos se queres. Que opinas? Abur --Jurjinho 16:37, 13 decembro 2007 (UTC)
Usuario non rexistrado[editar a fonte]
Ó meu entender, está vostede creando unha importante problemática ó editar como usuario non rexistrado e non indicar de onde proceden os datos das súas edicións. Está vostede editando na Galipedia sen mostrar ningún tipo de referencias das súas edicións e facendo caso omiso das solicitudes de rexistro.
En caso de observar algunha outra aportación súa nesta liña, proporei para borrar tódalas súas aportacións. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:27, 25 decembro 2007 (UTC)
- Polo momento procedo a desfacer as súas edicións a partir do momento por ausencia de orixe. Sen se rexistrar e sen orixe os seus datos non son fiables--Lmbuga Commons - Galipedia 22:42, 25 decembro 2007 (UTC)
- Realizado na páxina http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gana_-_Ghana&diff=662984&oldid=662945--Lmbuga Commons - Galipedia 22:44, 25 decembro 2007 (UTC)
Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |