Conversa usuario:AC63J908
Benvido(a) á Galipedia, AC63J908!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2013 ás 09:05 (UTC)
Antroposofía triodos bank
[editar a fonte]Xa houbo máis problemas con esta páxina. Borrado de información. Agora parece un folleto promocional do banco. Dando só o punto de vista do banco, non entendo como pode ser máis amplo o punto de vista agora cando foron retirados os textos críticos que a diferenza dos actuais si están referenciados e non a folletos promocionais. Triodos non ven do grego. Ven das tres vías da antroposofía na que se basea o banco e de quen forman parte os seus fundadores e o staff directivo, eso non o pon no texto máis amplo. Por outra banda non se menciona que triodos está a financia a fundación Belén a cal está nos tribunais acusada de malos tratos a menores e polo suicidio de varios deles. Triodos tamén financia organizacións ligadas a antroposofía con criterios descoñecidos, xa que esas organizacións (algunhas delas de ensino) non teñen demostrado nunca (e xa van por 100 anos de historia que teñen) ter acadado ningún dos seus obxectivos (o pensamento intuitivo). As orixes de triodos son financiar esas organizacións as cales estaban á marxe do sistema financierio. --Nemigo 16 de maio de 2013 ás 09:10 (UTC)
A túa única contribución a día de hoxe na galipedia é sobre Triodos. Na páxina da wikipedia en español ademáis de triodos (!) fixeches outra sobre lomonaco e parece ser que tiña algo de promocional.
Vexamos varias cousas:
- A versión en español sobre triodos está máis que discutida e non é consensuada con ninguén. Ven a ser unha páxina de mínimos na cal hai moitas omisións. Entre elas a da antroposofía que parece ser xa, agora si, é mencionada ante as reiteradas protestas. Triodos está baseada nesta corrente filosófica (observa que non a chamo secta) Triodos basease nela e tanto o seu nome como os obxectivos son os da antroposofia. Triodos recoñece e non nega esa vinculación. Aquí parece ser que hai máis de un que si nega esa vinculación e non lle da importancia.
As orixes do banco están en acadar financiación para a antrosofia. Que triodos diga ser banca ética non ten máis valor que se o nega outro. Eso debe ser demostrado con datos e cifras. Non ten senso financiar a homeopatía (como fai triodos) e dicir que es ético. Vender pastillas de sucre non cura nada.
Por outra banda temos o caso extremo de OBelén con graves deficiencias de funcionamento. Datos que ti dis descoñecer ou dubidas deles. Triodos non nega vinculación algunha con eles. Os recoñece e di que segundo eles non poden deixar esta organización porque poderían perder o traballo os que alí traballan. Tamén saben e coñecen as críticas que hai ao Belen. A min en conversa telefónica con persoal de triodos sobre este asunto dixéronme:
non hai ningunha condena contra oBelen
Pregunteilles: ¿se houbese algunha condena deixarían de financiar o belen? A resposta foi que non. ¿Que máis ten a ética de triodos se os financia igual?
Polo tanto, de banca ética -> dubidoso
A foto que empregan na wiki ES da oficina da coruña é miña. Teño falado con triodos para documentar o que se di e buscado información. --Nemigo 16 de maio de 2013 ás 10:38 (UTC)