Saltar ao contido

Conversa usuario:ATORREDOCASTRO

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, ATORREDOCASTRO!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 09:12 (UTC)[responder]

Foto de parroquia[editar a fonte]

Bo día! Acabo de subir unha foto da igrexa de Santa María Madalena de Requeixo (Chandrexa de Queixa Ourense). Unha das parroquias que non tiñan foto! Está todo ben?—o anterior comentario sen asinar foi feito por ATORREDOCASTRO (conversacontribucións) 12 de xullo de 2019 ás 08:30‎

Moitas grazas pola túa achega, só dous detalles: se pos unha foto nun artigo de parroquia que non ten ningunha, o mellor é poñela na ficha para que apareza na caixa da dereita, podes ver como fixen aquí. E a segunda cousa, ó subir a foto a Commons, tes que poñerlle a categoría do concello de onde é, todos os concellos de Galicia teñen a súa, é moi doado. Isto tamén o amañei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 09:12 (UTC)[responder]

Moitas grazas, Elisardo! Por certo, hai un erro no nome da parroquia de Santa María Madalena de Requeixo, xa que aparece San María!—o anterior comentario sen asinar foi feito por ATORREDOCASTRO (conversacontribucións) 12 de xullo de 2019 ás 10:44‎

Pois tes toda a razón, anímaste ti a amañalo? Tan só tes que premer na pestana "editar" e cambiar o texto :) E non te preocupes que non se rompe nada que as wikipedias están feitas a proba de bombas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 10:49 (UTC)[responder]

Consello Escolar de Galicia[editar a fonte]

Boas, o artigo Consello Escolar de Galicia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2019 ás 11:24 (UTC)[responder]