Conversa usuario:Adri guarda
Benvido(a) á Galipedia, Adri guarda!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:22, 24 de abril de 2010 (UTC)
Xavier Pousa Carrera[editar a fonte]
Ola, Adri! Fixen varios cambios no artigo de Xavier Pousa Carrera; Podes miralos aquí; Aqueleino segundo o formato seguido na Galipedia, e púxeno en dúas categorías. Parabéns polo traballo, mais debo poñerlle un pero: ao crear un artigo ou achegar datos novos, debes indicar a orixe dos mesmos no resumo da edición. No caso das traducións doutras wikipedias, tamén se debe indicar o artigo de orixe dos datos.
Se tes calquera dúbida non teñas medo a preguntar a calquera usuari@, que estaremos encantad@s de botarche unha man. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:06, 18 de marzo de 2011 (UTC)
Ola de novo! A información sobre o lugar de onde sacas a información xeralmente inclúese no resumo da edición (un recadro pequeno baixo o cadro onde estás a editar); Como agora xa está feito o artigo, podes informar da orixe na páxina de conversa do mesmo (aquí). Outra cousa: cando deixes unha mensaxe na páxina de conversa dun(ha) usuari@, procura asinar; tes que darlle ao cuarto botón empezando pola dereita que hai sobre o cadro de edición.
Non teñas medo a editar e cometer erros, que ningún nacimos aprendido :) Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:46, 18 de marzo de 2011 (UTC)