Conversa usuario:Alexanderps
Benvido(a) á Galipedia, Alexanderps!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:42, 28 decembro 2006 (UTC)
RE:Correccións
[editar a fonte]De nada, home. Cando queiras que algúen repase as cousas que escribas, non dubides en avisarme. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 14:46, 8 novembro 2007 (UTC)
- Feito. Tiven que cambiar un par de cousiñas, explícoche:
- Os pronomes femininos túa e súa sempre levan til en galego, e todos os pronomes levan artigo.
- O pasado de morrer é morreron, e é un verbo regular polo que a terminación de terceira persoa de plural -eron aplicáse a todos os verbos regulares.
- As palabras rematadas en -ancia non levan circunflexo, de feito ese til non existe en galego.
Nada máis, o resto estaba perfecto. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 23:41, 8 novembro 2007 (UTC)
- Ola, xa lle fixen eu a revisión a Xurxo V do Reino Unido. As mudanzas que lle fixen pódelas ver aquí. Moi bo o teu galego. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:22, 14 novembro 2007 (UTC)
- Sintoo, cheguei tarde esta vez...:p Menos mal que temos a Alberte...hehehe. Para a vindeira, xa sabes onde estou. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 06:28, 15 novembro 2007 (UTC)
Ola de novo, Alex! Xa está corrixido. Deixote debaixo os erros que cometiches:
- En galego, os obxectos indirectos, soen levar o pronome "a". Por exemplo: Eduardo coñeceu a Wallis Simpson
- As terminación en portugues -ção en galego pasa a -ción ou -zón, dependendo da palabra. Podes consultar neste dicionario as dúbidas nese senso. O mesmo pasa con -tão, que pasa a -tión; e con -são, que pasa a -sión.
- Não en galego é non.
- O termo portugués aceitar, en galego é aceptar. O seu participio é aceptado, que é un participio regular. As terminacións -ado e -ido, son as que se usan nos participios regulares galegos.
- O verbo recusar en galego non é reflexivo.
- A terminación -ça pasa a -cia ou -za, dependendo da palabra.
- As palabras que en portugués terminan en -m, como em ou um, en galego rematan en -n :en, un.
- O j en galego non existe, cando en portugués hai unha, pasa a galego como ll ou, sobre todo, x, dependendo da palabra. Tamén pasa algo semellante co g, que aínda que si existe, en palabras portuguesas como sugestião, pasan a galego como suxestión.
- A terminación verbal portuguesa -ava, en galego é con b: -aba.
- En galego non se usa o s duplo, e normalmente cando en portugués hai un, en galego pasa a ter un só: Passou -> Pasou.
Nada máis, o resto esta perfecto. Por certo, non sabía que a verba recusar tiña tamén esa acepción en galego. Iso é o que me gusta de axudar a lusófonos co galego, que eu tamén aprendo un pouquiño máis. Un saúdo..:) --FryantTralarí Tralará 02:50, 17 novembro 2007 (UTC)
Xurxo / Xorxe
[editar a fonte]Ola Alexanderps. Vexo que cambiaches o título do artigo que acabo de empezar sobre Xurxo II de Gran Bretaña. Pola miña banda non teño ningún inconveniente en utilizar ese nome, pero creo que a tradución ao galego do nome orixinal George pode ser válido tanto Xurxo como Xorxe, polo que non era necesario o cambio. De tódolos xeitos, tal como dixen, pola miña banda non hai ningún inconveniente en deixar Xurxo. Un saúdo --Furado 16:04, 28 novembro 2007 (UTC)
- Ola de novo Alex. Non son necesarias desculpas. Cando precises calquera cousa non dubides en comunicarte comigo. Saúdos --Furado 20:32, 28 novembro 2007 (UTC)
Benvidas
[editar a fonte]Boas, grazas por molestarte en darlle a benvida aos novos usuarios, sen dúbida así estas a aforrarnos moito traballo aos administradores :D. Quería facerche unha suxerencia, cando poñas o Modelo:Benvida é mellor que poñas {{subst:Benvida}} e non {{Subst:Benvida}} xa que o poñer o "subst" engádese todo o código do modelo na páxina. Un saúdo --☣Banjo tell me 19:45, 2 decembro 2007 (UTC)
Troco do nome en wiki:pt
[editar a fonte]Muito obrigado pela ajuda para muda-lo nome. Um abraço. AlberteSi, digame? 11:36, 3 maio 2008 (UTC)
Grazas pola túa axuda
[editar a fonte]Ola Alexanderps. Grazas por achegarte á Galipedia e botarnos unha man na construción deste wiki. Case desde o comezo da Galipedia temos colaboradores do Brasil que contribuíron coas súas edicións a acrecentar este wiki, con eles temos polo xeral unha conexión moi especial e grande aprecio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:47, 20 outubro 2009 (UTC)
- Grazas a vostedes!!! Voltei a acrecentar algunha cousa aquí, espero que o meu galego non estexa tán malo... Saúdos. Alex Pereira¡digame! 12:54, 20 outubro 2009 (UTC)
- Non hai por que dalas, para iso estamos. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:15, 22 outubro 2009 (UTC)
- Grazas a vostedes!!! Voltei a acrecentar algunha cousa aquí, espero que o meu galego non estexa tán malo... Saúdos. Alex Pereira¡digame! 12:54, 20 outubro 2009 (UTC)
Opinión
[editar a fonte]Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)