Conversa usuario:Algoritmo22
Benvido(a) á Galipedia, Algoritmo22!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 8 de xuño de 2017 ás 17:36 (UTC)
Modelo:Escritor
[editar a fonte]Boas, desfixen os teus cambios no Modelo:Escritor porque non é aí onde deben engadirse os datos dos escritores, esta información debe incluírse no artigo de cada escritor, enchendo os datos no seu propio modelo. Se precisas axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 11:32 (UTC)
Pablo Fernández Barba
[editar a fonte]Boas, vin a imaxe do artigo de Pablo Fernández Barba que subiches a Commons e quería saber a fonte de onde a sacaches, é preciso revisar a súa licenza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 11:35 (UTC)
- Non te preocupes polos erros, aquí non se rompe nada e todo pode deixarse como estaba :).
- Sobre a imaxe..., sinto dicir que esa non é a forma correcta de subir unha imaxe a Commons. Os dereitos de autor só poden ser liberados polo autor da imaxe, e ten que facelo de forma explícita, non vale unha conversa, ten que quedar reflectido dalgunha forma que poida ser verificada.
- Temos que ver a forma de amañar isto. O autor ten algunha web propia ou ten conta en Flickr, por exemplo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 11:50 (UTC)
- Si, xa vin a foto en Urco, pero iso non nos vale por varias razóns: non indica quen é o autor, non é a obra orixinal que se subiu a Commons e tampouco indica a licenza libre.
- Pois a única solución que vexo para que se poida manter a imaxe en Commons é que o autor mande un correo a Commons indicando que esa imaxe é da súa autoría e que a libera coa licenza indicada. Tes o proceso explicado en Commons:Commons:OTRS/gl e se queres máis detalles podes preguntarme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 12:10 (UTC)