Conversa usuario:AlonsoMartinez
Benvido(a) á Galipedia, AlonsoMartinez!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:22, 13 de setembro de 2012 (UTC)
- Boas, acabo de ver a túa páxina de usuario e anímote a que pases por aquí máis veces xa que a Galipedia precisa máis máns! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 12:49 (UTC)
Cándido Conde-Pumpido
[editar a fonte]Boas, puxen entre comentarios a información que engadiches no artigo de Cándido Conde-Pumpido porque non está en galego, se queres traballar nun artigo pouco a pouco debes facelo nunha subpáxina de usuario e cando o teñas listo podes copialo no artigo da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 10:16 (UTC)
- Se precisas axuda cos formatos, a edición e cousas varias da wiki podes contactar comigo na miña páxina de conversa sempre que o precises :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2013 ás 15:22 (UTC)
Fiscalía Europea
[editar a fonte]A páxina foi movida a Fiscalía Europea, o contido está todo alí. Faltáballe un til e maiúscula, por iso foi movido. Podes seguir traballando no contido na páxina que che indico. Saúdos e a seguir traballando. Moitos azos.--Breogan2008 (conversa) 1 de abril de 2018 ás 19:15 (UTC)
traducións
[editar a fonte]Ola, Alonso! Por favor, ten coidado cos tradutores automáticos. No artigo de Soledad Cazorla había varios "Soidade Cazorla". Amais, os títulos das obras literarias non deben traducirse se é que non existe unha edición feita en galego.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2018 ás 22:16 (UTC)
Contidos
[editar a fonte]Ola, AlonsoMartinez. Revertín a túa última edición na páxina de conversa porque os contidos non se poden retirar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de abril de 2018 ás 22:47 (UTC)
Santiago Ferreiro
[editar a fonte]Ola, Alonso; na imaxe Ficheiro:Santiago Ferreiro Cortés 2A922623-24DC-4B4C-ABAC-4498C2B1565F.jpeg puxeches "autoría propia" ,e data "26/1/2022". Obviamente son datos erróneos. É necesario que o corrixas. A Wikipedia non pode incluír contidos con dereitos de autoría, polo que cómpre deixar clara a orixe da información e dos documentos. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xaneiro de 2022 ás 20:24 (UTC)
- Gracias Estevo. A fotografía é moi vella, mais de cen anos, procede dun álbum familiar e non ten dereitos de autor porque están caducados. O que é meu e a versión actual, retocada, coloreada, eliminados o desenfoque é as borrosidades. É una nova versión, feita en 2022, de unha foto antiga, sin dereitos de autor. AlonsoMartinez (conversa) 9 de agosto de 2022 ás 15:25 (UTC)
xeral/xeneral
[editar a fonte]Ola, Alonso. Coidado coas correccións que ves facendo. En galego o xeneral é o xefe militar. Xas (conversa) 9 de agosto de 2022 ás 07:23 (UTC)
- Moitas gracias, Xas. Tés toda a razón. Mais cando poño Xeneral o programa destaca as verbas en vermello. Desfago as correccions erróneas. AlonsoMartinez (conversa) 9 de agosto de 2022 ás 15:11 (UTC)