Conversa usuario:Alyssalover/Arquivo 1
Benvido á galipedia, Alyssalover. Agremon
Se segues a ese ritmo, esto vai crecer como unha maré incontenible. Agremon
Páxinas Galicia e Galiza
[editar a fonte]Sobre o teu comentario na páxina de Discusión Galicia, en Discusión Prevert e Discusión Agremon estamos tratando dese tema. En principio o que falabamos era de mantelas dúas co mesmo contido pero sen facer redireccións, os motivos están alí expostos. Sería interesante que ti tamén incluiras o teu punto de vista. Saúdos. --Prevert 18:39, 5 Nov 2004 (UTC)
// Mira en Central de discusión--Agremon 22:20, 5 Nov 2004 (UTC)
Continúa...
[editar a fonte]Reproducción de comentario na páxina de discusión de Agremon sobre a túa intervención:
A discusión non trata da fala nin do contido das páxinas (non se pretende que os usuarios pronuncien dunha maneira ou outra), trata de como presentar as entradas. Os usuarios non é que non vaian poder atopar o que buscan, senón que estara no contido da reseña. Na miña opinión a Wikipedia é un lugar relacionado co coñecemento e, polo tanto, como toda enciclopedia debe aspirar a presentar información precisa. Non creo que debamos sacrificar a precisión e exactitude en busca dunha suposta accesibilidade que non parece que vaia ter máis dificultades. No caso de La Rioja como título de páxina basta con poñer no comezo da páxina: En galego -> A Rioxa
Para os galegos dicir Illes Balears, Girona, Alacant, Lleida non nos presenta ningún problema e que nos fagamos adaptacións dos nomes sería como en castelán dicir: Sanjenjo, Carballino, Conjo, ....
O problema fundamental dos wikis é poder dar unha información fiable e de calidade, e moitas veces só se atopan reseñas de moi escaso valor. Hai unha reflexión moi interesante dun usuario da Wikipedia española es:Usuario:Ruiz que na miña opinión en gran parte ten razón (aínda que hai puntos cos que non coincido) e que merece a pena considerar.
Supoño que este debate continurá porque implica moitas cuestións das que apenas só dunha parte -polo momento- temos falado. Pero espero que leve a unha solución mellor que a que utilizan no wiki español. Un cordial saúdo. --Prevert 12:13, 6 Nov 2004 (UTC)
(P.D.: Por certo creo que cando Alyssalover dís: ¿cando un usuario emprega a galipedia vai buscar Illes Balears ou Illas Baleares?, creo que nos levaría a outro debate que nalgún momento teremos que comezar: ¿Cales son os contidos esenciais que debe ter esta Galipea? -por suposto non me refiro a lista de entradas que hai páxina Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter-. O razonamento vai no seguinte sentido: cando un usuario quere saber cousas por exemplo sobre as Illes Balears problamente o mellor sitio para atopar eses coñecementos é a Wikipedia Catalana -evidentemente non sempre ten que ser así-. E non creo que para acceder a esa información haxa problemas porque e fácil de entender e hai un bó traductor web en Internostrum. Entón ¿que buscarán na Wikipedia Galega? Espero que a tomen como referencia para todo aquelo relacionado con Galicia - Galiza. Outra vez saúdos. --Prevert 12:13, 6 Nov 2004 (UTC))
Continúa (2) -copia da mensaxe da Central de discusión
[editar a fonte]Alyssalover gustame a ironia pero sobre todo que o debate vaise animando. Eu tamén me paso por alguna Wikipedia da que non entendo o idioma para ver que se coce por alí, sempre se pode sacar algo en limpo. Pero semella que os rusos non deben traballar demasiado, polo menos, no apartado de cine porque cando quixen saber se habia algún dato non coñecido sobre Eisenstein atopeime con Редактирование Эйзенштейн, Сергей Михайлович que debe ser S.M. Eisenstein e a verdade non da para moito. Pero sen saber ruso seguro que meten menos veces a pata que a reseña que hai na Wikipedia española Serguéi Eisenstein que é un verdadeiro despróposito.
A cuestión que eu propuxen é de tipo xeral, percibo a túa ironia cando dis que se borren tódolos artigos non galegos, non andas moi descamiñado ;-) . Bueno agora en serio sabes que non quero dicir iso, aínda que sería máis productivo centrarse no noso. Entre outras razóns porque unhas wikipedias se "copian" a outras e quen mellor para xerar datos e informacións sobre Galicia - Galiza mais ca nós.
Cando dís: "Por certo, se se decide empregar os nomes oficiais que ninguén se queixe cando eu escriba 東京, Москва ou مصر en troques dos habituais Tokyo, Moscú e Exipto" parece que me les o pensamento ;-) Adiantaches algo sobre os nomes internacionais que non cheguei a propoñer (Nun dos primeiros mensaxes escribín: "Sobre os nomes estranxeiros xa teremos ocasión de falar porque hai certas complicacións, das cales creo ter unha solución. Para iso sería mellor crear un Wikiproxecto onde se expoñan os criterios sobre o tema").
A proposta que ía facer era a a seguinte: En canto os nomes de paises estranxeiros son partidario de utilizar nos títulos das páxinas o nome galego e o nome oficial da cidade que corresponda no seu país separados por un guión. O título sería Nome galego-Nome propio. E ben que me gustaría deixar 東京, Москва ou مصر en troques dos habituais Tokyo, Moscú e Exipto senón fora polo caracteres "raros". Que é tamén máis ou menos a proposta de Aricum.
Saúdos. --Prevert 19:17, 6 Nov 2004 (UTC)
unha de efemérides
[editar a fonte]Ven ¿Queres saber como se fan as efemérides?. A cousa e bastante sinxela a simple vista, pero o entramado que ai detrás non o é tanto. Tampouco no é como para asustarse. Ante todo, estómago cheo e paciencia, moita paciencia. para empezar vista xa algunhas paxinas que xa teño feito como: dende o 2 de outubro ate o 11 de outubro; tamen no seu defecto as do 1 de xaneiro ou de 26 de febreiro a o 29 de febreiro. Co que iras vendo xa te irá orientando sobor de que facer. Podes empregalo Google e buscardes baixo o termo efeméride. A paxinas que che vaia presentando, escolle unhas cuantas e faille unha visita. Do que nelas vexas fas un resumo para o galego.
- As páxinas solen ter CopyRight (Dereitos de autor); polo que non se debe de copiar directamente delas.
- Truco: Para non ter problemas cos CopyRight's debes, se copias directamente das paxinas orixinais, de cambiar os termos a noticia e buscar expresións alternativas que asemellen o meno que o orixinal; pero traducindo o galego. Se sabes moverte entre as paxinas veras que, nalguns casos, unhas copianse a outras pero cambian os termos das expresións, unhas terceiras ofrecen unhas efemérides alternativas que non figuran noutras. Se colles en metes unhas efemérides dunha paxina, e de por medias efemérides alternativas xa se pode dicir que non estas copiando, senon redistribuindo (eiqui xa non debería de haber queixas co CopyRight), e menos aún se engades da túa man outras efémerides que non figuran nin nunhas paxinas nen outras (eiqui xa se perde o termo (CopyRight) e xa se poder dicir que no existe dereitos de autor.
Co santoral, podes poñer o que figuran nos xornais, ou se dispos de algun almanaque de bloque (dos de por enriba da mesa que son coma tacos con dous ganchos).
Poderás apreciar que as efemérides que estou a poñer compiten coas inglesas, pero nada, ou pouco levan delas. Sempre apaño dos españois traduzoo a galego e despois engado o restante. No che recomendaria facelo directamente na paxina web xa que ami tenme ocorrido perdelos datos ver todo o traballo perdido. O mellor que poder facer e utiliza-lo pocresador de textos (un calquera) e traballar a maioria nel, cando se teña, con copiar e pegar na paxina metendolle as ligazons que sexa necesarias xa temos acabado.
Recomendoche se segas sempre o mesmo patrón de estructura e, se ves algunha efeméride posta nalgunha paxina sobor da que vas a traballar respetaa incorporandoa candas as novas que baias a poñer -sen que se repita-.
Podes ir botando unha ollada as miñas e eu intentarei botarlle unha olladas as túas dese xeito podemos face-las correccións o mellos posible.
se tes algunda dúbida (de seguro tras esta parrafada) faimo saber. Un saudo en benvido a galipedia.
estou dacordo
[editar a fonte]a verdade e como dis, nun principio foi o chou chou, pero logo decateirme que era tira para ningunha parte agora sego empeñado en remata-lo mes de outubro. ¿que che pareceu o que viches ate de agora? Saúdos. --xelo2004
adiante pois
[editar a fonte]utiliza o patrón que eu utilizo, dese xeito vamos os dous a pre. e vai facendo pouco a pouco, no te deas presas (pois sempre quedan cousas que engadir) eu polo menos trato de incorporar dous dias e efemérides a seman -por que estou traballando que si non ...- e nos teño case tempo namais que os fins de semana. calquera dúbida xa sabes.
saudos --Xelo2004 22:50, 14 Nov 2004 (UTC)xelo2004
Unha recomendación
[editar a fonte]Andaba mirando a páxina Luns que puxeches e só quería dicirche que en HTML to Wiki Converter - tables hai un conversor de taboas ao formato wiki, porque nesa páxina a taboa está en HTML. Outra cousa, antes esquecinme de dicilo na Central de discusión, parece que aínda vai haber que meter algunha liña máis no tratado de Toponimia. Apareceu na páxina de Ríos de Galicia un río chamado Río Grande e parece que hai varios con ese nome. E ese caso non está contemplado no Manual de Urxencia para Usuarios con problemas de Toponimia. Un cordial saúdo. --Prevert 23:03, 14 Nov 2004 (UTC)
Corrección: Acabome de fixar que a páxina xa estaba feita e non a creaches tí. Desculpas pola precipitación na recomendación. --Prevert 23:07, 14 Nov 2004 (UTC)
Escribín a mensaxe porque coincidiu que hai meses andaba buscando os nomes dos días noutros idiomas e atopei na wikipedia española esas páxinas e fixeime que tiñan as taboas no formato incorrecto. Non era unha amonestación só que con esa páxina pódese aforrar traballo e queda mellor. Saúdos. --Prevert 23:16, 14 Nov 2004 (UTC)
ok
[editar a fonte]xa vin o teu traballo e estou dacordo co que fas. quedan os meses e os anos pero esa tarefa xa se ira facendo. coida que te mais prioridade as efeméride para que noso amigo prevert vaia vendo como quedan estructuradas por si a larga decida incorpora-las na portada. Eu retirome a descansa, que dentro dunhas horas ai .... chollo... e logo din que non rindo.
saudos --Xelo2004 23:14, 14 Nov 2004 (UTC)xelo2004
Nomes de persoas
[editar a fonte]De momento o que hai e o que falamos na Central de discusión. O que dí a enciclopedia sobre reis e demais, e sobre persoas nome e apelido, basta cun só apelido se a persoa se coñece así e en caso de latinos os dous apelidos só no caso de que sexa imprescindible (se hai dúas persoas con nome e primeiro apelido igual). En caso de dúbida recurrir as normas da Wikipedia española e en inglés. Eso ata que nos teñamos unha proposta en firme para votar. Saúdos. --Prevert 23:55, 15 Nov 2004 (UTC)
Moi bó o de "Isaac Asimov/Айзек Азимов" ;-). Estarei atento as efemérides e así aprendo algúns nomes raros. Mentras tanto, conformareime con aprender de memoria todos os ríos de Galicia, ao mellor servime para un concurso de televisión deses que emiten pola dúas. Saúdos. --Prevert 00:15, 16 Nov 2004 (UTC)
Bó traballo
[editar a fonte]Xa vín que hoxe publicaches un montón de páxinas, se segue a cousa a ese ritmo vamos a conseguir publicar as efemérides en portada. Tamén vín que comezaches a aplicar as normas de Toponimia, supoño que haberá que buscar algún sitio onde teñan os alfabetos non latinos para que podamos por unha ligazón a eles e así completar o traballo, voume a dar unha volta por outras wikipedias a ver o que hai. Saúdos. --Prevert 20:32, 16 Nov 2004 (UTC)
- Páxina borrado, xa atopei algo na wikipedia española e na inglesa, habera que poñerse a traducir. Saúdos. --Prevert 21:04, 16 Nov 2004 (UTC)
Deixádesme abraiado do que estades a traballar... non podo seguir o ritmo. E alédome. :) --Agremon 21:59, 16 Nov 2004 (UTC)
Caracteres chinos
[editar a fonte]Onte collín os caracteres de Mao, pero ó velos comparados cos que estás a usar ti entroume a dúbida de se é a mesma tipografía. Podes comparar se é a mesma ou dicirme o tipo de tipografía que estás a usar?--Agremon 07:16, 17 Nov 2004 (UTC)
Referiame a esto:
Names | ||
---|---|---|
Given name | Style name | |
Trad. | 毛澤東 | 潤芝¹ |
Simp. | 毛泽东 | 润芝 |
Pinyin | Máo Zédōng | Rùnzhī |
WG | Mao Tse-tung | Jun-chih |
IPA | /mau̯ː tsɤtʊŋ/ | /ʐunː tʂI/ |
Listen | ||
Surname: Mao | ||
¹Originally 詠芝 (咏芝) |
Creo que collín o '1º da esquerda', pero o meu chinés está de capa caída...--Agremon 18:29, 17 Nov 2004 (UTC)
- Cando propuxen as normas de Toponimia non sabía que os colaboradores desta galipedia eran uns fenómenos no tema e ían convertir este wiki nun dos mellores nese apartado (debín intuilo). Descubrome ante vós, pareceme que van vir das outras wikipedias ata aquí para consultar os nomes :-) Saúdos. --Prevert 23:58, 17 Nov 2004 (UTC)
Noraboa! --Agremon 12:18, 18 Nov 2004 (UTC)
Estou seguro. Sal do navegador e volve entrar para que se actualice o contador.Xa vai polo 2000 e pico. Carguei o Aldea cando marcaba 1998, e ocorréuseme o do 'artigo 2000' e esperei a ver. De tódolos xeitos, unha cousa é o contador de portada e outro o número real de artigos (como se pode ver na estatística)--Agremon 12:45, 18 Nov 2004 (UTC)
O número real de artigos debe estar moi por debaixo de 2000 porque hai moitos que aparecen como artigos que son redireccións e outras páxinas que en realidade están valeiras de contido. Ao facer limpeza penso que vai baixar moito a cifra deses 2000. Haberá que ir limpando como máximo unha cantidade que faga que a estatística estexa sempre por riba de 2000. A vantaxe de limpar algúns artigos valeiros ou que non teñen as características dunha enciclopedia é que a base de datos terá máis valor para os visitantes. Saúdos. --Prevert 13:17, 18 Nov 2004 (UTC)
Portada e A Taberna
[editar a fonte]Intentei cumplir cos "prazos de entrega", como quedaramos para o 20 de novembro como data indicativa. Pois púxenme a facelo. O da Taberna tivo as súas complicacións, porque aínda que está baseada na versión inglesa hai moitas páxinas enlazadas, moitas plantillas, e o final cando todo estaba listo apareceu un erro que tamén teñen en inglés. Semella ser do software. Tiven que buscar unha solución para que non se vise. Bueno espero que todos eses cambios sirvan para que a cousa vaia para adiante e mellore. Pareceme que entre todos nas últimas semanas conseguimos avanzar enormemente, aínda que quede moito traballo por facer. Saúdos. --Prevert 22:16, 21 Nov 2004 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Non falaramos nada diso pero hoxe vendo o que se estaba facendo, sobre a marcha, decateime que se conseguía unha mellor clasificación seguindo certa orde. Supoño que haberá que escribilo nalgún sitio, pero de momento hai tantas cousas que facer que terá que esperar. Vino no tema de Brasil que era mellor establecer una xerarquía, notábase que poñer: Brasil | Cidades do Brasil xa indicaba que estabamos nunha subdivisión (o mesmo con Países | America do sur | Brasil). Ao estilo de Yahoo que imos navegando por niveis. Tamén me pareceu moi boa idea que clasificaras os países directamente en países e logo na subdivisión do continente (a mín en principio só se me ocurrira facelo no continente). Haberá que seguir pensando sobre o tema porque pode dar moito xogo facendoo ben. Un cordial saúdo. --Prevert 16:55, 23 Nov 2004 (UTC)
Toponimia
[editar a fonte]Dandolle voltas ao tema da Toponimia cheguei á conclusión de que tiñas razón no apartado sobre a Toponimia española e que debe ser tratada igual que a toponimia do resto dos países. No caso de Alacante queda un nome de tres opcións pero non pasa nada porque así sexa. Vouno propoñer o cambio en A Taberna (políticas). Un cordial saúdo. --Prevert 21:11, 28 Nov 2004 (UTC)
- Vendo que funciona bastante ben ata agora coas cidades e países vín que non tiñamos porque facelo doutro xeito, e é mellor cambiar antes de que comecemos coas cidades e provincias españolas :-). Saúdos. --Prevert 21:19, 28 Nov 2004 (UTC)
Toquio - 東京
[editar a fonte]Amañado. Axiña vou propoñer un sistema, como noutras wikipedias, para marcar as páxinas que haxa que borrar, fusionar ou revisar e será máis fácil solucionalo. Mentras se atopas algún erro dese tipo podes mover directamente a páxina ao novo lugar (sempre e cando non exista unha páxina con ese nome porque nese caso habería que borrala previamente) e máis tarde borro eu a que haxa que borrar.
Me temo que o meu xaponés non é tan bó como o teu que eres un verdadeiro experto ;-) Gústame moito o traballo que estás facendo coas páxinas de cidades e países do mundo. Unha cousa que descubrín con iso é que hai "guerras lingüisticas" en todas partes, estaba vendo á paxina de Noruega porque tiña dúbidas sobre o nome noruego, e semella que alí andas metidos nunha liorta dese tipo. Saúdos. --Prevert 14:53, 30 Nov 2004 (UTC)
- Xa engadín á páxina co traductor a favoritos, gracias polo enlace. Saúdos. --Prevert 22:40, 30 Nov 2004 (UTC)
Unha proposta
[editar a fonte]Alyssalover, interesariache ser sysop? Por favor, enviame un correo coa resposta ou para falar do tema. )estou fòra, e òo mellor tardo uns dias en contestarte)--Agremon 20:03, 1 Dec 2004 (UTC)
Feito. Benvido de novo.--Agremon 11:42, 4 Dec 2004 (UTC)
- Esquecíame, cando avancemos un pouco máis supoño que será interesante escribir unhas liñas en artigos como o de Noruega como explicación dos nomes. Por casualidade, onte cheguei a unha lista de correo onde se podian comprobar as dicrepancias que teñen lista de correo mensaxes de novembro. Saúdos. --Prevert 22:54, 30 Nov 2004 (UTC)
- Felicitote Alyssalover, estás facendo un bó traballo. Estou seguro que tamén vas ser un bó administrador. Unha aperta. --Prevert 12:38, 4 Dec 2004 (UTC)
Sobre Gran Bretaña - Great Britain
[editar a fonte]Sobre a edición que acabas de facer en Gran Bretaña (movido a Gran Bretaña - Great Britain), non sei se axeita coas regras da toponimia porque Gran Bretaña, ainda que moitas veces se usa como nome para referirse ó Reino Unido, non é un país, senon unha illa, entón considero que é máis axeitado que sexa simplemente "Gran Bretaña" ó igual que o resto das illas.
Olá, como vai?
[editar a fonte]Te enviei unha mensaxen por e-mail (sou brasileiro e teño colaborado co a Wikipedia en galego). Saludos, User:Joao Xavier
Páxinas a fusionar
[editar a fonte]Cando se trata de casos como os dos avisos que engadín hoxe, tes que copiar o historial da páxina de orixe e pegalo na páxina de discusión da páxina na que se combina. O aspecto sería como o do seguinte exemplo: en:wikt:Talk:Transwiki:Courtisanerie. (O de transwiki e outra cousa na que estou traballando pero vale para ver como se fai).
Sobre o tema dos modelos, o software non permite ningunha opción, por agora, de consulta de todos os templates. Eu pensaba facer no futuro unha páxina cunha lista, pero me temo que aínda vai tardar, mentres o que podes facer é ir copiando nunha lista de texto os nomes das plantillas segundo vaian aparecendo. Outra opción e que premas na ligazón correo da miña páxina de usuario e envíoche unha lista informal polo correo dalgunhas que teño rexistradas. Un cordial saúdo. --Prevert 12:11, 11 Dec 2004 (UTC)
ola. Hola buenas noches!
[editar a fonte]Ola. Chamo me Krzysztof (Cristobal) e moro na Polonia. Sou estudante da historia universal. Tenho 21 anos. Sou filho unico. A minha mae trabalha num escritorio, ela e empregada. O meu pai trabalha numa escola secundaria, ele e aministrador.Falo um pouco ingles e portugues, conheco o latim. moro na cidade Wroclaw. A cidade localiza – se nas margens do rio Odra, cerca 350 km de Varsovia. Wrocław e tambem e a capital do Voivodato Baixa Silesia. Eu aprendo a falar portugues de 3 meses mas eu gosto de aprender galego.Gracas o portugues eu entendo um pouco espanhol e galego. Gosto muito de ouvir musica. As vezes ouco techno mas geralmente prefiro musica classica. Nos finais de semana passo muito tempo lendo. Vc pode me ajudar? Muito obrigado. Meu e mail e kristofuni@poczta.onet.pl Tchau!
Imaxe Nasa
[editar a fonte]As imaxes dor organismos do goberno dos EEUU son de dominio público, no caso da NASA tamén (incluso para fins comerciais), o que ocorre é que nalgúns casos -sempre que o indiquen- hai restriccións no uso comercial. En realidade esta imaxe non ten ningunha restricción pero utilicei unha expresión tipo (preferín quedarme corto no marcado). De todos os xeitos a Wikipedia pode incluir imaxes que teñan certas restricións. No wiki inglés dispoñen dun completísima páxina de modelos de marcadores sobre o tema, o modelo que borraches onte semella que era un intento dun usuario de incluir un deses modelos ingleses. Sobre as imaxes hai aspectos que están en progreso. Por exemplo en inglés teñen un debate sobre se se poden reproducir imaxes de Amazon ou non, chegaron a contactar con eles e Amazon contestou que non podian emitir ningunha autorización porque eles mesmos non eran os propietarios do copyright. O tema segue aberto. É un asunto con moitos "flecos". En resume, semella que introducir unha imaxe con restricións non significa que un posible usuario poda reutilizala libremente senon segue as condicións de uso da licencia, e que ambas licencias poden convivir. (Disclamer: Reflexións dun usuario non experto en leis, interprétense estes comentarios coa debida cautela ;-) ). Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 14:40, 15 Dec 2004 (UTC)
Suíza
[editar a fonte]Parece que o caso de Suíza é un pouco complicado. Estiven ollando esta páxina da administración suiza e non teño claro como temos que charmarlle. Confederatio Helvetica , Suíza - Suisse ou como na ligazón que teñen: Schweiz - Suisse - Svizzera - Svizra - Switzerland. Cal é a túa opinión? Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 10:10, 16 Dec 2004 (UTC)
buenas tardes
[editar a fonte]Hi. It's me - Christopher from Poland. I know a little English and Portuguese, and thanks Latin and Portuguese i understand galego. I want to meet galego people and learn a bit your languages. In future i want to learn Spanish also. I 'm a student of history at university in Wroclaw (in Poland) but now i cannot study because i had a car accident, I have a rehabilitation and i stay at home.I want to learn more about Inerian peninsula because I like ancient and medieval times to XI century. I want also to learn more about islamic countries in Spain from VIII to XIV. I Poland we not have books about this subject. I have yahoo messenger and my e mail is akontidzo@yahoo.com. Can you help me in galego language and history of islamic countries in Spain to XIV century. Aha sorry for mistakes in English. I started to learn English 4 months ago. Bye! ~~Kristof
que tal?
[editar a fonte]And one more thing.I study a history of Poland, Central and Eastern Europe, culture of Byzantium and a chistory of church.I am good in polish art and history of Ucraine, Bellarus and Lithuania because that states belonged to Poland 400 - 500 years so we have common history. In polish schools we must learn about history of 4 nations (polish, lithuanian, ucrainian, bellarussian)If you want I can help you in this and you will be able to add the articles about Eastern Europe. Bye!~~Kristof
Modelos (templates)
[editar a fonte]Benvido outra vez Alyssalover, despois desas vacacións un pouco complicadas. Espero que non fora nada importante, esa enfirmidade que che obrigou a gardar cama. Neste tempo que estiveches ausente cambiou o software a MediaWiki 1.4 e xa permite coñecer a lista de modelos como preguntabas en certa ocasión, o enlace é este: lista de modelos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:43, 10 Xan 2005 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]A ver que che parece isto: táboa con información sobre as imaxes. Crees que falta algunha información ou tes algunha suxerencia para mellorar a táboa -ou o seu uso-. Saúdos. --Prevert(talk) 09:40, 17 Xan 2005 (UTC)
- Xa me ía retirar, contesto rápidamente basta que copies e pegues o que aparece en http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Comarca_de_Berganti%C3%B1os.png
reproduzo o que esta na páxina con algunhas variacións:
{| id="toc" style="margin: 0em 0em 0em 0em; " |[[Image:Copyleft symbol.png|20px]] - '''http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Situacion_NomedoConcello.PNG''' :Orixe/''Source'': [[:gl:Portada|Galipedia, a wikipedia galega]]. :Autor/''Author'': [[:gl:User:Alyssalover|Alyssalover]] :Copyright: GFDL :Publicada por/''Publish by'': [[:gl:User:Alyssalover|Alyssalover]] :Data/''Date'': 29 de xaneiro de 2005 (29-01-2005) :Outros datos/''Other data'': Mapa coa localización do concello de [[:gl:NomedoConcello|NomedoConcello]]. |} {{GFDL}}
Isto é: táboa de datos de identificación da imaxe e aviso de licencia {{GFDL}}.
Só tes que ir cambiando o enderezo da imaxe e o apartado outros datos, e a data tamén se é necesario (só é copiar e pegar).
Algunhas consideracións: nos concellos con artigo deixar espacio no nome da imaxe para poder usar unha opción que se chama {{PAGENAME}} que extrae o nome da páxina para que coincida co nome da imaxe. Outra cousa a extensión da foto é preferible que estea en minúscula e se está en maiúscula que estea en todas a imaxes igual. Esto último que vou dicir non estou seguro del todo (sobre o que é mellor), refírese á mensaxe de copyright que lle inscribiches na esquina superior esquerda: creo que sería mellor que non a tívese ou que no lugar do © aparecese o c invertido do copyleft (non te poñas a cambialo agora polo que eu diga, só creo que ten que ser obxecto de reflexión no futuro). Un cordial saúdo.
--Prevert(talk) 23:56, 18 Xan 2005 (UTC)
- OK. Viches isto?: experimentos. Estou mirando de engardirlle algo sobre os orzamentos tamén. Que opinas? Por certo un traballo estupendo, non me extraña que remataras canso de facer mapas. Saúdos. --Prevert(talk) 00:27, 19 Xan 2005 (UTC)
- O da preposición é porque as comarcas ten nomes como segue: Comarca de Nome, Comarca da Nome, Comarca das Nome ou Comarca dos Nome. Iso fai que haxa que escribie o de, da, dos ou das aparte. O dos orzamentos estou investigando que datos concretos convén poñer. Saúdos. --Prevert(talk) 00:38, 19 Xan 2005 (UTC)
- Podías facer cinco imaxes máis: as catros das provincias cos todos os concellos da provincia de que se trate en vermello, e a de Galicia sen ningún concello resaltado (coas divisións tal como están todo gris). Desculpa por darche máis traballo, pero así conseguimos material para cinco páxinas máis. Saúdos. --Prevert(talk) 00:56, 19 Xan 2005 (UTC)
- O nome pode ser do mesmo tipo que no caso dos concellos: Situacion Nomedapáxina.png, o motivo que teña que ser nome da páxina (literal) e que mediante o uso de {{PAGENAME}} non hai que escribir o nome da imaxe e afórrase moito traballo. O efecto de PAGENAME é extraer o nome da páxina e engadilo no sitio no que estea situado este termo, de aí que os nomes das imaxes das provincias serán: Situacion Provincia da Coruña.png, Situacion Provincia de Pontevedra.png, Situacion Provincia de Lugo.png, Situacion Provincia de Ourense.png. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:11, 24 Xan 2005 (UTC)
- Podes publicar o mapa de situación de Abadín para facer unha proba coa caixa de información nese concello? temos case toda a información da caixa neste caso e sería ilustrativo ver o resultado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:45, 24 Xan 2005 (UTC)
mapas
[editar a fonte]Ola, alyssalover, estás a facer un gran traballo, quedan moi ben os mapas dos concellos. Se che parece vou seguir usando os meus mapas para facer as comarcas, porque xa os teño feitos :), só lle vou cambiar o nome e poñerlle o da páxina. Un saúdo.--Aricum 09:50, 19 Xan 2005 (UTC)