Conversa usuario:Andrea lopez
Benvido(a) á Galipedia, Andrea lopez!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 07:57, 11 de xuño de 2010 (UTC)
- Boas, Guerra relampo foi borrado, principalmente por non estar en galego pero ademáis por ser moi curto e non ter o formato empregado na wiki. Por favor revisa as páxinas de axuda e se tes calquer dúbida aquí estamos. Un saúdo --☣Banjo tell me 08:57, 11 de xuño de 2010 (UTC)
- Boas, Balonmán Cangas foi borrado por violación de dereitos de autor ([1]). Por favor revisa as normas da wiki antes de facer edicións deste tipo, calquer dúbida podes contactar a calquer administrador e axudarémosche. Un saúdo --☣Banjo tell me 08:40, 14 de xuño de 2010 (UTC)
Galego
[editar a fonte]Esta wiki é en galego. Non valen pois nin o castelán, nin o chinés mandarín nin o friuliano. A redacción soamente pode ser en galego. --Atobar (conversa comigo) 13:48, 15 de xuño de 2010 (UTC)
Cangas
[editar a fonte]- Ola, Andrea! Supoño que es unha alumna do IES María Soliño, non? Moitas grazas polas túas achegas sobre o concello de Cangas, hai datos moi interesantes! Aínda que xa está a rematar o curso, anímote a ti, ás túas compañeiras e ao teu profesorado a mellorar o contido, dándolle formato axeitado, corrixindo as faltas de ortografía (podedes falar co departamento de lingua galega para que vos bote unha man), e poñendo as fontes das que obtedes os datos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:57, 20 de xuño de 2010 (UTC)