Conversa usuario:Baaden
Benvido(a) á Galipedia, Baaden!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.
- Acabo de ver a túa mensaxe na Taberna. Grazas polo aviso, vouno amañar agora mesmo. --Toliño Fala aquí comigo 13:11, 1 febreiro 2008 (UTC)
Boas. A imaxe que puxen no artigo que fixeras sobre a Terra de Francisco Xosé obtívena da wikipedia en español. Boteille un vistazo á da wikipedia en inglés e en ruso, e si, esta última é a máis completa, porén, a imaxe da wikipedia en inglés pareceume tan completa como a da wikipedia en español, ou non? De todas maneiras, intentei cambiar a imaxe que hai agora pola da wikipedia en ruso ou a da wikipedia en inglés, pero non se dá feito, recoñécese que non son compatíbeis. Un saúdo.--Lara 21:20, 4 febreiro 2008 (UTC)
Romanización
[editar a fonte]Respondo na conversa de Romanización do ruso. -- Sobreira (parlez) 20:35, 14 febreiro 2008 (UTC)
- Menudo encarguiño, rapaz. Non sei tanto sobre transliteración cirílico-latino como para saber dos sistemas e anos, pero fixen o que puiden sen pararme demasiado, en moitos casos corrección de estilo. Vin que repasaches o resultado dos tradutores automáticos, pero aínda así tiven que recorrer ó orixinal inglés (que tampouco é para botar foguetes). Cando poida escanear o das Actas (non sei se terei oportunidade co de Jairo), envíocho por correo. Espero que dentro duns meses haxa noticias sobre a transliteración en particular dende o árabe. -- Sobreira (parlez) 22:12, 24 marzo 2008 (UTC)
Indiquei para borrado esta páxina pois leva desde xullo de 2008 marcada para ser traducida--Saúdos e grazas. Xan de ningures 02:47, 3 xaneiro 2009 (UTC)
- Comprendo que decaia o teu ánimo tras a miña escueta mensaxe. Non pretendía facer con ela unha valoración do teu traballo. As diferencias que poidamos ter creo que levan outra vía.
- ¿É bo para a Wikipedia galega que se permitan sen data artigos non válidos? Semella que o modelo {{entradución}} quere, intenta ou aproxima unha resposta posto que só se permite que haxa artigos nesa situación durante un prazo de 30 días (repara no modelo).
- Se estás en desacordo co que o modelo indica non me botes a min a culpa. O que, ó meu entender, deberías facer sería cuestionar na Taberna o modelo e non cuestionar o meu proceder, proceder que che aseguro non está ligado a ningún tipo de interese persoal.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 14:08, 7 xaneiro 2009 (UTC)
- Confúndeste, o artigo foi borrado, pero o seu contido pode ser recuperado. Non é un borrado a traición, simplemente seguiuse un procedemento normal, o cal non quere dicir que sexa sempre o preferible. Agora non teño tempo para mirar quen puido borrar o artigo ou preguntar por el se non dou sabido que administrador o borrou. Así que poida, procurarei que se recupere o seu contido nunha subpáxina do meu usuario. Unha vez feito, unha vez recuperado todo o que aí hai, se completas o artigo, podes volver crealo. Quizais tarde uns días en conseguilo, pois non sei cando me volverei conectar nin o tempo que tardarei en acadar o dito--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:28, 7 xaneiro 2009 (UTC)
- Fixen a petición para recuperar os datos do artigo en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios#Transliterar.
- Por certo, creo que debes reparar nunha cousa que che pode facilitar escribir caracteres que non tes no teclado, por exemplo, o "ñ". Se ó editar calquera páxina, vas ó fondo de todo, verás unha caixiña cun menú despregable que pon "Standard"; se a despregas e escolles "spanish" xa podes escribir o "ñ", se ben tes que facer click sobre o grafema.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 14:49, 8 xaneiro 2009 (UTC)
- A páxina Transliterar xa foi restaurada. Procura rematala así que poidas. Vou retirar o aviso de borrado que lle puxen--Saúdos e grazas. Xan de ningures 14:55, 8 xaneiro 2009 (UTC)
- Confúndeste, o artigo foi borrado, pero o seu contido pode ser recuperado. Non é un borrado a traición, simplemente seguiuse un procedemento normal, o cal non quere dicir que sexa sempre o preferible. Agora non teño tempo para mirar quen puido borrar o artigo ou preguntar por el se non dou sabido que administrador o borrou. Así que poida, procurarei que se recupere o seu contido nunha subpáxina do meu usuario. Unha vez feito, unha vez recuperado todo o que aí hai, se completas o artigo, podes volver crealo. Quizais tarde uns días en conseguilo, pois non sei cando me volverei conectar nin o tempo que tardarei en acadar o dito--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:28, 7 xaneiro 2009 (UTC)