Conversa usuario:Beninho/Arquivo 1
Benvido á Galipedia, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 10:10, 11 marzo 2006 (UTC)
- Benvid@, agardamos que te sistas coma no teu lar. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 12:01, 12 marzo 2006 (UTC)
- Con retraso, únome ao saúdo de benvida. Espero que disfrutes colaborando coa Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:40, 2 abril 2006 (UTC)
Xogos de rol
[editar a fonte]Se queres podo botarte unha man con ese artigo. Teño bastante experiencia no rol e poderíamos facer un artigo bastante interesante. Deberías botarlle un ollo ao libro de estilo da Galipedia e estructurar un pocuco todo. Un saúdo.Beninho 16:59, 10 agosto 2006 (UTC)
Saudos, dicirche soamentes que o artigo dos xogos de rol non é meu, senon que é dun amigo o cal comentoume co fixera en word, todo estructurado, pero o pasalo (copy-paste) fixolle unha "escabechina" como pudeches observar, eu o único que fixen na páxina e tratar de darlle un pouco de formato.
Pola miña parte (e supoño que pola de el) podes sentirte libre de facer calqueira cambio que estimes oportuno (ao fin e o cabo isto e a galipedia).
Por certo se estas interesado nesto do rol, un grupo de amigos, estamos a establecer (en principio en Santiago e arredores) unha asociacion co fin de fomentar o rol, wargames, recreacións historicas e actividades relacionadas.
Se estás interesado, podes botarlle un vistazo o noso foro: foro cascovello
Ou tamén na nosa web web cascovello (de momento inactiva :))
Veña un saudo, Vizktor
Modelos de artigos
[editar a fonte]Ola, noutras wikipedias existen portais específicos para determinadas materias e para discutir a estrutura dos artigos referidos a ese tema. Na Galipedia non temos portais específicos e non se deben crear a non ser que exista un forte interese de varios usuarios que se comprometan a mantelo. Se tes en mente un modelo para a creación de artigos de música o mellor é que o expoñas na Taberna para que os outros colaboradores dean o seu parecer, tes Wikipedia:A Taberna (propostas) para facelo, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:34, 10 xullo 2006 (UTC)
Parabéns
[editar a fonte]Ola Beninho. Estou seguindo con atención as túas contribucións. Pódoche asegurar que á hora de vixiar o traballo que se desenvolve na Galipedia o que ti fas é do que menos me preocupa. Polo que a min respecta tes moito creto. Non dubides en contactar comigo cando desexes, pois eu colaborarei contigo encantado. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:04, 12 xullo 2006 (UTC)
- Ola. Vexo que traballas sobre instrumentos musicais. Incorporei unha foto ó artigo batería. Tes máis fotos que podes incorporar coma se estivesen subidas á Galipedia en http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Musical_instruments. Incorporei tamen ese artigo e o artigo Baixo a Category:Instrumentos musicais. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:32, 25 xullo 2006 (UTC)
Estaba marcando a imaxe por carecer dos datos necesarios (autor e orixe), cando se me deu por buscala. Encontreina en en.wiki e engadinlle os datos necesarios:
- Source: http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Leeranaldo.jpg
- {{GFDL-user-w|en|Wikipedia inglesa|Tim-o}}
Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:51, 12 agosto 2006 (UTC)
Complicouse a subida da imaxe. Estábaa subindo cando me encontrei con que probablemente sexa unha violación do copyright en en.wiki. En vez de subila, acabeina marcando en en.wiki por falta de datos.
Se se lle engaden os datos en en.wiki, poderemos subila, aínda que non temos unha licenza preparada para ese tipo de imaxes. Vouna arquivar para comprobala cada pouco tempo e, en caso de que se lle engadan os datos que lle faltan, súboa e avísote. Entraría dentro dun concepto que en Commons lle chaman Copyright free use pero ó faltar a orixe, a licenza non ten valor ningún e a imaxe ten que ser borrada de en.wiki.
Máis ou menos prontamente teremos que falar sobre as imaxes na Taberna e, entre outras moitas cousas, penso que haberá que crear unha licenza para imaxes coma esta, xa que, aínda que ten copyright, permite as obras derivadas e o uso comercial, polo que pode ser subida -é a miña opinión- á Galipedia. Así a todo, non deixa de ser a miña opinión (cos coñecementos que teño hoxe en día).
Se encontras algunha outra con esa mesma licenza en en.wiki ({{NoRightsReserved}}), dimo. Non sería conveniente subir demasiadas desas características polo de agora, pero algunha pode subirse. A subida da imaxe, ó non termos licenza, presenta dificultades, por iso che digo que mo comuniques, para así subir eu a primeira imaxe dese tipo e vexas cómo entendo que se debe facer (sen crear a licenza, naturalmente, pois convén antes falarmos globalmente sobre o tema das imaxes na Galipedia). Sinto non crer conveniente subila. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:51, 18 agosto 2006 (UTC)
Saúdos dende SdC
[editar a fonte]Benvido á Galipedia. Polo que leo da túa páxina de usuario, o meu amigo Raúl non é o único que coñece (e supoño que a quen lle gusta) Mars Volta. Xa llo direi na fin de semana.
--Sobreira (parlez) 08:28, 23 agosto 2006 (UTC)
Ola Beninho. Non se pode subir, a imaxe ten coyright. É unha obra derivada doutra presente en http://www.cityofseattle.net/cityarchives/Reference/Symbols.html (ligazón City flag). No fondo desa páxina pon Copyright © 1995-2006 City of Seattle.
Vendo a licenza que ten en en.wiki xa supuña que non se ía poder subir. Repara que a licenza pon ©, o cal significa que ten copyright. Que eu me dea conta agora, das que teñen ©, só se poden subir aquelas con licenza {{Copyright free use}}
Non encontrei ningunha imaxe de bandeira de Seatle en Commons. Si un selo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:10, 23 agosto 2006 (UTC)
- Acabo de encontrar en Commons a imaxe Image:Seattle flag.png, é a mesma, pero a licenza é totalmente diferente, fíxate que non ten o ©. Esta si se podería subir. Teño a impresión de que o etiquetado correcto é este de Commons, pero para aseguralo tería que ser experto en leis americanas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:16, 23 agosto 2006 (UTC)
Ola Beninho!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
Motorhead
[editar a fonte]Hi, do you speak english? --82.53.62.221 19:48, 27 setembro 2006 (UTC)
Parabéns
[editar a fonte]- Parabéns para ti, nesta data querida.... Felicidades (igual cumpriches anos antes de hoxe) e espero que sigas contribuindo cos artigos de música. Xosé (✉) 20:17, 2 outubro 2006 (UTC)
Ola Beninho, estamos a traballar na elaboración das categorías da rama Música en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Música. Como moitas das túas contribucións están relacionados con ese campo de coñecemento queremos pedir a túa axuda para pechar o debate e coñecer a túa opinión sobre o que se leva elaborado. En canto ao desenvolvemento da categoría a estrutura está determinada en parte por categorías comúns ao conxunto de ramas de categorías, pero atopamos problemas para decidir a clasificación da Música galega e para desenvolver a subcategoría Personalidades da música que entre outras cousas debe substituír á antiga categoría Artistas. Invítote a intervir no debate porque a túa aportación será moi útil para mellorar esta rama. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:02, 3 outubro 2006 (UTC)
Gratitude
[editar a fonte]Muchas Gracias Beninho!
May the Lord bless you!
--Jose77 08:16, 28 outubro 2006 (UTC)
Batería
[editar a fonte]Ante todo un saúdo e parabéns polo traballo. Vexo que fas moitos artigos de instrumentistas. Aínda que non está decidida a estrutura de categorías para Música, vexo que sabes que hai unha que está creada que se chama category:bateristas. Baterista é a denominación en galego do músico que a toca, mentres que o instrumento é a batería, tanto para home coma para Lori Barbero. Aconsélloche que utilices baterista directamente nos artigos, para que non haxa lugar a confusións. E grazas por ir categorizando o que fas ou traduces. --Sobreira (parlez) 23:11, 28 outubro 2006 (UTC)
- Espero que non che importase: deille 3 detalles normativos sobre a tradución que lle deches a User:Jose77. --Sobreira (parlez) 23:21, 28 outubro 2006 (UTC)
asteroid(s)
[editar a fonte]Lembra que sempre os podes marcar como artigos que se deben fusionar mediante {{fusion}} e {{fusiondesde}} (v. Wikipedia:Mensaxes_predefinidas#Xuntar_dous_artigos_que_falan_do_mesmo). Se non existise o singular (ou o destino final: poñamos por caso, se cometa estivese baleiro e houbese texto en "cometas"), o que se fai é movelo. No caso dos pseudo-astros, xa o fixen eu. Saudiños: --Sobreira (parlez) 04:29, 2 novembro 2006 (UTC)
Grazas polo aviso. Xa está corrixido. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:26, 11 novembro 2006 (UTC)
Logo 20.000
[editar a fonte]Moi bo o logo, só unha cousa podes facer que sexa transparente? En Image:Wikipedia-logo-gl.png tes o logo orixinal e en wikt:Image:Wikipedia-logo-gl.png podes ver o mesmo logo coa transparencia. Se tes ocasión de refacelo cárgao co nome Wiki.png , se non podes non pasa nada. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:34, 5 decembro 2006 (UTC)
- É transparente, o que ocorre é que na Galipedia para que se vexa a transparencia habería que configurar algo semellante ao que fixemos no Galizionario (un mosaico para que visualice no canto do fondo da páxina que é branco). Duas cousas máis, terías que volver a cargalo co nome Wiki.png prefiro que o fagas ti para que no historial apareza o teu nome (as condicións para solicitar que nos cambien o logo inclúen que se chame así), e a licenza que hai que poñer é {{CopyrightWikimedia}}. Todos os logos da Wikipedia teñen copyright polo tanto o marcador qe hai que poñer é ese. Novamente garzas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:00, 5 decembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Beninho. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.
Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:
- Wikipedia:20.000 artigos
- Wikipedia:Xornal da Galipedia
- Wikipedia:Escribe na area
- Blog da Galipedia: Abrirase no momento en que se acaden os 20.000 artigos
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 6 decembro 2006 (UTC)
Esta imaxe carece de orixe. Descoñezo quen é Benedicto Riobó. Se es ti, por favor, pon como orixe autoría propia ou eu son o fotógrafo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:36, 10 decembro 2006 (UTC)
Saudos
[editar a fonte]Estiven mirando o da plantilla pero non me remexo moi ben con ela, eu teño un problema non son capaz de poñer as seccións dos avións, bueno hai unha escepción no caso do harrier, fun quen, pero no resto non dou feito e moitas imaxes tampouco (as imaxes procuroas na wikipedia inglesa). Eu seguo un mesmo modelo pra os artigos pero se tes tempo podes poñerlle o recadro ca foto e mais datos, eu é para ir facendo unhas cuantas fichas e depois aumentar a súa redación.
Un saúdo.
Outra cousa
[editar a fonte]Mellor seria, ti que controlas, que fixeras cun dos artigos que teño eu feitos, que o modificaras coa platilla, para eu despois poder copia-lo formato.
Saudos Bene, aque andas?.- a comecei a estructurar o artigo a ver se paara a semana xa e unha realidade, ainda que non quero afogarme. Non sei se deberia ter escribido aqui (ou escrito q non o teño por certo) asi que se non é asi as miñas desculpas. Xa falaremos do artigo. unha aperta. Urte berri on!!
Satxa
Imaxe da semana
[editar a fonte]Image:Escultura Paseo Marín.jpg foi seleccionada como imaxe da semana. Grazas e noraboa. Poderala atopar na portada --Lmbuga Commons - Galipedia 22:28, 25 decembro 2006 (UTC)