Saltar ao contido

Conversa usuario:Bolboretinha

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Bolboretinha!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 28 de decembro de 2024 ás 18:23 (UTC)[responder]

Alba Quiroga

[editar a fonte]

Ola, @Bolboretinha. Grazas por participar na Galipedia. Porén, o teus artigo Alba Quiroga, non cumpre as normas de edición do resto dos artigos. Por iso, engádoche, na parte superior, esas ligazóns para que lles botes unha ollada e mellores o aspecto e a edición do artigo. Senón, podería ser borrado. Para calquera dúbida ou consulta, non deixes de contactar. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 28 de decembro de 2024 ás 18:26 (UTC)[responder]

Ola, MAGHOI. Non entendo en que punto dos artigos non cumpre as normas de edición. Agradecería que os sinalases. Un saúdo. Bolboretinha. Bolboretinha (conversa) 28 de decembro de 2024 ás 20:22 (UTC)[responder]
Ola, de novo, @Bolboretinha. Refírome sobre todo ós cambios realizados polo usuario WikiPTV04xd o 28 de decembro. Se te fixas agora mesmo, hai diferenzas entre a túa primeira edición e como está agora. En resumo, o cadrado -modelo- da dereita, o formato das notas e o formato dos títulos. Un saúdo e ánimo. MAGHOI (conversa) 29 de decembro de 2024 ás 18:26 (UTC)[responder]