Saltar ao contido

Conversa usuario:Castro Vilas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Castro Vilas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 14:28 (UTC)[responder]

Santa Uxía de Fao[editar a fonte]

Ola Castro Vilas, as túas edicións en Fao, Touro non responden aos criterios de edición da Galipedia, pois inclúen material protexido por dereitos de autoría. Revisa o que se di en Wikipedia:Dereitos de autoría. O mesmo ocorre coas imaxes que tes subido a commons, pois moitas deles son imaxes obtidas na internet das que se descoñece o estado dos dereitos de autoría. Para calquera consulta, non dubides en contactar comigo. Un saúdo. --Xas (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 21:50 (UTC)[responder]

  • Boas tardes. Antes de seguir introducindo información en Fao, Touro debes aclarar a posible violación dos dereitos de autor que se advirte na conversa da páxina. Toda esta información, sin ningunha referencia e moitas veces escrita nun tono coloquial, non enciclopédico, co agravante do copyvio desde esa web que non autoriza o uso e que non se sabe ben a que vén esa "liberación" de dereitos que di na conversa, e nega despois, e mais as imaxes que xa foron borradas, fai que este artigo sexa claro candidato ó seu borrado inmediato se non deixamos ben claro todo antes de proseguir. Isto non é o teu blog particular, Castro Vilas, nin este proceder se corresponde co que se esixe na galipedia. Se non lle dás unha solución aceptable rapidamente, nun par de días, borrarei o artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 20:55 (UTC)[responder]