Conversa usuario:Celanova única
Benvido á Galipedia, Celanova única!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:58, 14 xaneiro 2010 (UTC)
Ola --doradorodriguez (fálame) 13:23, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Ansemil
[editar a fonte]Ola, Celanova única. En Wikipedia:Verificabilidade tes unha explicación sobre as maneiras de achegar fontes que fagan unha información verificable. Normalmente faise en forma de notas no propio artigo ou ben na sección de bibliografía. A verificabilidade, o punto de vista neutral e o non considerar a Wikipedia unha fonte primaria son os piares fundamentais da Wikipedia e os que a converten nunha ferramenta fiable. Para ver exemplos noutros artigos eu miraría en Wikipedia:Artigos de calidade, onde tes os artigos que se recollen os artigos que foron elixidos por ser especialmente bos. E se tes dúbidas podes consultarme a min ou a calquera outro editor. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:51, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Este tipo de erros son moi comúns, non creas que este é un caso excepcional. Hai que ter en conta que só en Galicia se concentran a metade das entidades de poboación de España, que moitas delas son lugares compostos por unhas poucas casas e que ademais moitos están quedando deshabitados. A única solución é procurar que sexa a Xunta quen corrixa o seu erro, a non ser que poidas achegar algunha fonte máis fiable que nos faga ver como é a toponimia realmente. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:32, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Contas de usuario
[editar a fonte]Ola, Celanova única. Vexo na miña páxina de conversa que estás manexando ó mesmo tempo dúas contas de usuario, esta e Usuario:Doradorodriguez. Isto é así? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:35, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Deixa unha mensaxiña en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios, eles son que o teñen que facer. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:01, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
- Elixe que conta de usuario queres manter e cal borrar e dalle o aviso a usuario:Albert galiza, que é quen ten os dereitos para estas cousas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:59, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola! Eliminei a páxina de usuario da conta que non vas a usar, pero a conta sigue existindo, xa que non se poden elimina-las contas, como máximo pódenselle muda-lo nome. Así que só tes que esquecerte da outra conta (aínda que exista) e usar sempre esta. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 11:14, 22 de febreiro de 2011 (UTC)