Saltar ao contido

Conversa usuario:Club Hockey Compostela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola Club Hockey Compostela! Benvid@ á Galipedia e grazas por achegar nova información ao artigo do Club Hockey Compostela (que eu mesmo creei hai tempo de xeito moi básico). Quería indicarche que o tratamento do artigo non é correcto para unha enciclopedia, xa que está escrito en primeira persoa do plural (como se a Galipedia representara a ese club), o artigo non presenta un punto de vista neutral. Por outra banda vexo que o texto é parcial ou totalmente unha copia da información que aparece na páxina de Facebook do club, algo que tampouco se pode facer, xa que ese texto ten derechitos (neste caso da persoa/entidade que posúe a conta da rede social. Outro problema son as imaxes, xa que tan só a persoa propietaria dos dereitos pode subir unha imaxe (isto é a persoa creadora do logotipo), descoñezo se es ti a persoa que creou o logotipo, pero de non ser así, todas esas imaxes serán borradas. O mellor é que amplíes o artigo a partir de fontes neutrais como artigos de prensa. Na mesma temática podes se queres guiarte polo artigo do Club Patín Cerceda, que é artigo de calidade, ou consultarme calquera dúbida que teñas sobre como citar as fontes ou se queres que vaia revisando as modificacións do artigo. Un saúdo! Piquito (conversa) 22 de xaneiro de 2020 ás 23:17 (UTC)[responder]