Conversa usuario:Cristobal13
Benvido(a) á Galipedia, Cristobal13!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 17:05 (UTC)
Lamas, San Sadurniño
[editar a fonte]Ola Cristobal13, desfixen as túas edicións en Lamas, San Sadurniño porque destruían contido. Se queres facer algunha proba de edición podes facelo en Wikipedia:Zona de probas. Para calquera dúbida, non tes máis que preguntar... Saúdos. --Xas (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 17:25 (UTC)
- Por segunda vez desfixen a túa edición en San Sadurniño sobre o número de parroquias. Segundo o Nomenclátor da Xunta son 7 e esta é a referencia oficial que se usa na Galipedia, polo tanto pídoche que non o volvas cambiar. Se tes calquera dúbida podes deixarme os teus comentarios na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 18:41 (UTC)
San Sadurniño
[editar a fonte]Ola outra vez Cristobal13. Verás, non se pode modificar as parroquias de San Sadurniño aínda que ti saibas que están mal, pois a Galipedia non é unha fonte primaria e para facer os artigos das parroquias usamos como fonte o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia tal e como podes ver aquí [1]. Para poder facer algún cambio deberías dirixirte primeiramente a eles toponimia@xunta.es Por outra parte poderías facer eses cambios sempre que aportaras fontes onde se puideran sustentar. Non sei se aclarei ben a túa consulta. Se precisas algunha aclaración non dubides en contactar comigo. Ah, e outra cousa, lembra asinar as túas mensaxes tal e como aparece indicado no cadro de benvida. Saúdos. --Xas (conversa) 26 de decembro de 2012 ás 19:25 (UTC)
- O concello de San Sadurniño tamén mostra na súa web as sete parroquias que se publican na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2012 ás 16:06 (UTC)