Conversa usuario:Danielpc2010
Benvido(a) á Galipedia, Danielpc2010!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.
Ola, Daniel; borrei a imaxe que cargaches de Dragon Ball Super porque está suxeita a copyright. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de febreiro de 2016 ás 15:32 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]Ola, Danielpc2010. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 7 de febreiro de 2016 ás 18:35 (UTC)
Posible violación de dereitos de autoría en Dragon Ball Super
[editar a fonte]Ola, Danielpc2010, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Dragon Ball Super, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.
Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.
Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.
Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. ☣Banjo tell me 7 de febreiro de 2016 ás 21:00 (UTC)
Revisar traducións
[editar a fonte]Ola compañeiro.
Antes de comezar páxinas novas, poderías revisar as traducións xa feitas?
Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de febreiro de 2016 ás 21:17 (UTC)
páxina de conversa
[editar a fonte]Ola, Daniel; non é correcto borrar as páxinas de conversa, esa información debe ser mantida. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xaneiro de 2017 ás 11:38 (UTC)
copyright
[editar a fonte]Ola, Daniel. A imaxe que subiches do cartel de Dragon Ball Super ten copyright, como podes ver na propia imaxe ao pé, onde a parece o símbolo ©. Xa que logo, debe ser borrado. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de febreiro de 2018 ás 18:02 (UTC)
Mirai
[editar a fonte]Boas Daniel. Desfixen os teus cambios no artigo do filme Mirai. Tes que saber que esa non é a maneira de mover un artigo, porque desbotas o historial orixinal, e ao crealo e non movelo é como se o creases ti de cero, e iso non é certo. Por favor, primeiro deixa unha mensaxe na páxina de conversa do artigo e expón os motivos polos que debería mudar o titulo. Achega referencias e despois, se estamos de acordo, moverase o artigo ao novo título. Moitas grazas e un saudo. Breogan2008 (conversa) 4 de marzo de 2024 ás 07:19 (UTC)
- Xa engadín referencias. O título na versión dobrada pódese ver na páxina Xabarin.gal que é Mirai e o da versión subtítulada que se proxectou en cines é Mirai, a miña irmá pequena. En ningún dos casos é o título oficial o que aparece na páxina principal.
- A ferramenta Mover non o permite xa que a páxina Mirai xa existe. Danielpc2010 (conversa) 4 de marzo de 2024 ás 17:07 (UTC)