Saltar ao contido

Conversa usuario:Datkad

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Datkad!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:39, 8 decembro 2006 (UTC)

Orixe descoñecida

[editar a fonte]
Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:HPIM1355.JPG, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes.
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?).

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:39, 8 decembro 2006 (UTC)

Hai este mesmo problema con:

Imaxe:Santo Estevo de Chouzan.JPG
Imaxe:Marce Torre do Relo.JPG
Imaxe:Marce Torre do relo detalle.JPG
Imaxe:Marce Fonte Da Vila.JPG
Imaxe:Marce Visto desde Riazon.JPG
Imaxe:Interior Parroquia Vilar de Ortelle.JPG
Imaxe:Cuceiro Vilar deOrtelle.JPG

Imaxe:Marce Capela San Martinio.JPG

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Por certo a Imaxe:Marce Capela San Martinio.JPG tamén lle falta a licenza

Lmbuga Commons - Galipedia 00:08, 12 outubro 2008 (UTC)

  • Por certo, a próxima vez, inda que quizais non haxa próxima, podes retirar ti a etiqueta das imaxes, especialmente se me mandas unha mensaxe indicando que engadiches os datos--Lmbuga Commons - Galipedia 11:24, 12 outubro 2008 (UTC)

Re:Licencia

[editar a fonte]

A cousa é dificil. Á Galipedia non se vai poder subir, pero quizais si a Commons. Lévame tempo explicarcho. Agora non teño tempo. Quizais pola noite poida responderche (se me esquezo, dáme un toque). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:00, 26 outubro 2008 (UTC)

  • Non me dera conta do cambio de hora. Agora si teño tempo.

Na Galipedia non temos un sistema creado para aceptar cesións de imaxes por ser moi complexo de elaborar e moi traballoso. En parte o motivo de que non o teñamos débese a que este sistema si existe en Commons, e a que tódalas imaxes de Commons poden ser empregadas na Galipedia coma se xa estivesen subidas a esta.

Convén que leas Commons:OTRS/gl, pois aí están as normas. Por desgraza, o e-mail que tes non vai -creo- resultar válido, o cal quere dicir que terás que empezar todo o proceso de novo. O e-mail que recibas ten que ter un texto semellante a Commons:Modelos de mensajes, o autor da imaxe ten que dicir que acepta esas condicións e indicar a licenza coa que comparte en Commons a imaxe. Despois tes que reenviar esa mensaxe a alguén do persoal que traballla en OTRS e esperar que sexa aceptada.

É conveniente de tódolos xeitos que leas Commons:OTRS/gl, pois eu nunca fixen ese proceso por ser moi laborioso. O que si fixen algunha vez é solicitar que nalgunha páxina web indicasen para algunha imaxe, ou para todas, unha licenza {{Cc-by-sa-2.5-es}}.

Sinto non poder axudarche máis. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:23, 26 outubro 2008 (UTC)

Se queres poñerte en contacto cun usuario que entenda máis disto, podes dirixirte a Commons:User:Alexanderps que entende o galego e é un dos pertencentes ó persoal do OTRS--Lmbuga Commons - Galipedia 11:29, 26 outubro 2008 (UTC)

He requerido a Albert galiza que cierre la votación de Wikipedia:Votacións/Modelo:Concello info. A mí me resulta difícil hacerlo por dos motivos: (1) El texto votado está en una subpágina suya de usuario y (2) no recuerdo donde debo categorizar las 2 páginas (la de la votación y la del texto), pues creo no haberlo hecho nunca. Le he pedido también que me indique cómo procede para aprender.

Por desgracia, por falta de tiempo, en la Galipedia, yo me dedico más al seguimiento de las imágenes que a otras labores de administración: Preciso continuamente apoyarme en mis compañeros administradores para los demás asuntos.

Sobre el porqué no se ha casi comenzado a implantar el nuevo modelo, solamente puedo suponer que el motivo se deberá a que los usuarios que pretendían estar implicados en ese quehacer no han podido, o han tenido otras urgencias. Considera que el número de usuarios que aquí trabajamos es significativamente menor que el de W. española. Un cordial saludo-- Lmbuga / Conversa comigo  15:09, 1 decembro 2008 (UTC)

Albert galiza me ha aclarado lo que pasa: "La votación aún no acabó, finaliza el 6 de deciembre" -- Lmbuga / Conversa comigo  15:15, 1 decembro 2008 (UTC)