Conversa usuario:Denislamela
Benvido(a) á Galipedia, Denislamela!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 14:48, 30 de xullo de 2011 (UTC)
Orixe descoñecida
[editar a fonte]
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:TraposSucios.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.
- Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
- Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.
--. HombreDHojalata.conversa 21:48, 31 de xullo de 2011 (UTC)
- Ola Danislamela. Es ti José M. Otero? o autor/a da fotografía?
- En "Orixe/Source" compre que indiques de onde sae a foto. É unha "obra propia"?
- No texto dis que a imaxe é de 2009, pero os datos Exif indican que e do 11-08-2008--. HombreDHojalata.conversa 20:38, 1 de agosto de 2011 (UTC)
Denislamela 12:32, 2 de agosto de 2011 (UTC)
Ola, boas tardes. Non son o autor da fotografía, o autor é o que indico pero el aportou en CD as fotos que quitou o día deste concerto e chegaron a nós. En concreto, esta foto é a primeira vez que aparece en Internet, hai outras similares na rede pero non esta. Por este motivo, non sei moi ben que debemos de poñer en Orixe/Source, xa que normalmente inclúese un link a algún sitio onde está a imaxe na rede. ¿Que consideras que debemos facer? Espero a súa resposta, gracias de antemán.
- Denislamela, primeiramente comentarche que para contestarme é mellor que o fagas na miña páxina de conversa. En canto a foto, non hai constancia por escrito de que o autor ceda os dereitos mesmo para un uso comercial ou obra derivada. Neste caso temo que haberá que borrala da Galipedia. En Wikimedia Commons teñen un sistema en que o autor podería enviar un correo electrónico dando os permisos (Commons:OTRS/gl). Tes máis información da política da Galipedia en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 20:24, 2 de agosto de 2011 (UTC)
83.53.124.54 22:44, 2 de agosto de 2011 (UTC)
Sintoo, pero non sei como facer para escribir na túa páxina de conversa, entrei nela e está chea de cousas, dame medo equivocarme de sitio. Vai ser imposible que este señor envíe un mail, xa ten certa idade e non está neste mundillo, polo que eliminade a imaxe. Subina para usala nun artigo (Trapos Sucios) pero xa o edito agora e elimino a referencia. Intentarei meter unha foto doutro fotógrafo que sí poida enviar ese mail. Un saúdo
- Toda esta complicación so é cando a persoa que sube a foto e o fotógrafo son persoas diferentes.
- Outra solución, que é bastante sinxela, é que a persoa que ten os dereitos de autor a suba a http://www.flickr.com (é gratuito) poñendolle unha licencia axeitada, por exemplo Atribución-CompartirIgual 2.0 Genérica (CC BY-SA 2.0), despois calquera pode subila a Wikimedia Commons.
- Despois de publicada en Flickr, se non sabes subila a wikimedia Commons, dimo e fágocho eu--. HombreDHojalata.conversa 07:45, 3 de agosto de 2011 (UTC)
Denislamela 12:53, 3 de agosto de 2011 (UTC)
A ver se o miro entón, podo conseguir que outro fotógrafo faga o que comentas do Flickr. Entón é mellor que eliminedes esta foto definitivamente. Gracias pola info, unha aperta.