Conversa usuario:Desancristovo
Benvido(a) á Galipedia, Desancristovo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 22:44 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]Ola!
Fixen unhas edición na imaxe que subiches do castelo do Carbedo. Deille categorías (imaxes da parroquia de Esperante, e imaxes de castelos da provincia de Lugo), e deille formato ao resumo do contido. Amais incluín as coordenadas do lugar. Podes arranxar as outras imaxes que subiches, dándolles categoría e formato?
Boteille tamén un ollo ao propio artigo do castelo do Carbedo, pero púxenlle o marcador de 'arquitectura en progreso', pois o contido é ben escaso. Poderías pór máis datos? Incluín información nos artigos do lugar (O Carbedo, Esperante, Folgoso do Courel), a parroquia e o concello, así como na Lista de monumentos da provincia de Lugo.
Ánimo co choio, que vas aprendendo moi ben o formato usado na Galipedia. Se tes calquera dúbida, non teñas medo a preguntar.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 16:00 (UTC)
- Ola! No artigo de Ferramulín faltaba o ".jpg" logo do nome da imaxe; xa está engadido. Lembra que non é o mesmo pór .jpg en minúsculas ca .JPG como puxeches na imaxe do castelo. Tanto ten, pero fíxate para cando inclúas as imaxes en artigos.
Moi boas fotos, por certo; mágoa de tendido eléctrico na do castelo.
Ah! Se che apetece, amais de pór as coordenadas nas fotos, podes incluílas nos artigos de lugares, para poder localizalos no mapa; o modelo usado para os artigos é o mesmo que incluíches no artigo do castelo, pero o das imaxes é diferente (podes copialo na propia foto do castelo)! Un saúdo. --15 de agosto de 2013 ás 19:44 (UTC)
- Ola! As imaxes, en principio, adoitan ir categorizadas segundo dous criterios: a parroquia en que foron tomadas, e o que aparece na imaxe; así, categoricei a imaxe do muíño en Categoría:Imaxes de Hórreos, Folgoso do Courel, e Categoría:Imaxes de muíños da provincia de Lugo. Retirei a Categoría:Imaxes do Courel porque creo que se sobreentende que todas as imaxes incluídas en subcategorías de concellos pertencentes ao Courel, son imaxes desa área xeográfica. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 22:02 (UTC)
Datos de poboación de Galicia
[editar a fonte]Ola Desancristovo.
Podes consultar os datos de poboación de concellos, parroquias e lugares de Galicia na páxina do Instituto Galego de Estatística: [1]
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de agosto de 2013 ás 10:31 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]Ola! Non te preocupes, non quedou duplicada; simplemente mandaches unha nova versión da imaxe, pero como é a mesma que a primeira que subiras, quedou igual. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de setembro de 2013 ás 17:55 (UTC)
- Ola de novo! Non pasa nada por poñer as dúbidas nas conversas dos artigos se están relacionadas cos contidos dos mesmos, de feito así poden responderche outros usuarios e acceder á conversa as persoas que van mirar o propio artigo. Para saber cales son os criterios á hora de incluír as ligazóns externas, podes botar un ollo a Wikipedia:Ligazóns externas; a que incluíches no artigo do castro de Formigueiros é ben interesante; o único 'pero', é que había que darlle formato á ligazón; axeiteina un pouco. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de setembro de 2013 ás 00:05 (UTC)