Conversa usuario:Dictablanda
Ola, Dictablanda, benvido á Galipedia.
Desfixen unha corrección que fixeches ti sobre a data de nacemento de Jesús Vázquez. Se no artigo figura que puido ser o 6 ou o 9 debe ser porque alguén atopou referencias dos dous sitios. Se ti tes unha referencia moi fiable que permita eliminar todas as dúbidas, podes borrar a data do 6, pero engadindo, iso si, a referencia ao libro, web ou xornal onde se menciona. Se tes calquera dúbida sobre como colocar esas referencias, podo botarche unha man (eu ou calquera outro usuario da wikipedia). Ademais, déixoche aquí un cadro de axudas, por se tes que botar man delas. Un saudiño, e boa estadía na wikipedia. --Xabier Cid Conversa 15:12, 9 decembro 2008 (UTC)
Benvido(a) á Galipedia, Dictablanda!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--Xabier Cid Conversa 15:12, 9 decembro 2008 (UTC)
Ola Dictablanda, fun eu quen desfixoa túa última edición, xa que non estaba referenciada. Es ti quen tes que referencia-la mudanza, non eliminar unha información sen argumentar. Repito pois o que di Xabier Cid nesta páxina un chisco máis arriba. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:56, 9 decembro 2008 (UTC)
- Ola Dictablanda. En primeiro lugar, grazas polo teu esforzo e as túas contribucións. En segundo lugar, convén que saibas que es ti quen debe referenciar os datos dos artigos e non Xabier Cid ou Alberte. Os administradores non son supermáns. Se tiveses engadido bibliografía ou referencias ó artigo, non tería ocorrido a desagradable situación en que te encontraches.
- Repara no último botón da barra que está encima da caixa de edición (ten un ollo como imaxe) ...e, se non sabes poñer citas, pregunta. Grazas e saúdos--Xan de ningures 23:24, 9 decembro 2008 (UTC)
- Fixen eu xa a referencia en Jesús Vázquez, comproba cómo se fai. Por outra banda, todos agradeceriamos que controlases o ton das túas palabras, estamos todos a traballar no mesmo barco. Grazas--Xan de ningures 23:52, 9 decembro 2008 (UTC)
Ola, Dictablanda. Desfixen o borrado da páxina de conversa, porque non é posible suprimir estas mensaxes. Se queres arquivalas, podo dicirche como se fai. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 21:17, 13 decembro 2008 (UTC)
Iniciar unha conversa con Dictablanda
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wikipedia sexa o mellor posible. Inicia unha nova conversa para conectares e colaborares con Dictablanda. O que escribas aquí será público.