Conversa usuario:Eduardo P
Benvido(a) á Galipedia, Eduardo P!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 07:21, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Solicitude
[editar a fonte]Ola Eduardo. Se es brasileiro, a maneira máis fácil de nos comunicarmos é ti en portugués e eu en galego. Non ten moito sentido que recorras a un mal castelán no canto de te expresares na túa lingua, perfectamente intercomprensíbel coa miña. Dito isto, o artigo que me refires da vosa presidenta, efectivamente debería ser ampliado pronto, pero eu non o hei facer. Teño por costume non atender a peticións deste tipo. Porén, anímote a que o fagas ti mesmo importando os contidos de pt.wiki e botando man dalgún tradutor portugués-galego, como por exemplo este. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:23, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Re:Imaxes do Porriño
[editar a fonte]Semella que me suxires que suba a Commons as imaxes da Galipedia presentes na ligazón que indicas. Desculpa... non. Se queres, explícoche como se fai e falo ti. Unha aperta -- Lmbuga / Conversa comigo 02:42, 17 de marzo de 2012 (UTC)
- Mañá sen falta indícoche o xeito de subilas. Agora xa é tarde, e quero comprobar cómo se fai. Acordareime, pero a última hora será cando cho diga, pois traballo todo o día-- Lmbuga / Conversa comigo 23:15, 19 de marzo de 2012 (UTC)
- Para variar, non dou durmido; así que ía intentar subir unha imaxe, a primeira das que me indicas e irche explicando polo camiño, pero encontreime con que te confundes: A primeira imaxe das que me indicas xa foi subida polo mesmo autor (http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Albergue_do_Porri%C3%B1o.jpg). User:Estevoaei ten o costume de subir as súas propias imaxes á Galipedia e tamén a Commons.
- Coa segunda imaxe, pasa o mesmo: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Canteira_granito_Atios.jpg.
- Coa terceira, outro tanto: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Cristo_dos_Cachos.jpg.
- A cuarta, tamén: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Escultura_canteiro_O_Porri%C3%B1o.jpg
- Por favor, repara nas imaxes que hai en Commons:Category:O Porriño e dime unha que queiras subir da Galipedia que non estea nesa categoría. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 00:55, 20 de marzo de 2012 (UTC)
- Sexa como sexa, desexo aclararche que eu colaboro desinteresadamente ante calquera cuestión que un usuario da Galipedia me presente (agás casos concretos), pero que non me sinto implicado coa Galipedia, polo que che rogo que sexas serio e que non me fagas perder o tempo. Estimo que case todas as imaxes que indicas (ou todas) xa están en Commons. Recoméndoche que acudas a un usuario ou administrador activo e non a min. Grazas de novo-- Lmbuga / Conversa comigo 01:12, 20 de marzo de 2012 (UTC)