Conversa usuario:Efremigio
Benvido(a) á Galipedia, Efremigio!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.
Pedrafita, Guitiriz
[editar a fonte]Benvido á Galipedia Efremigio. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Aproveito a ocasión para dicirche que os criterios que seguimos para os nomes dos concellos, parroquias e lugares de Galicia veñen determinados polo Nomenclátor da Xunta, por ese motivo desfixen o cambio que fixeches. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:37, 11 marzo 2007 (UTC)
Borrei este arquivo (Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.png) por ser un duplicado exacto de Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.PNG e estar sen uso. Se non fose un duplicado exacto, faimo saber e miro de recuperalo.
Por outra banda, a Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.PNG fáltalle a orixe. A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:48, 31 xaneiro 2008 (UTC)
Ola de novo. Grazas por subires fotos tan interesantes e das que carecemos. O problema é que a esta imaxe tamén parece faltarlle a orixe -como a anterior- e podería ser borrada.
Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos
¿Que debes indicar?
De onde procede a imaxe
- Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
- se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
- se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.
- Se é realizada por outra persoa, na Galipedia non temos un sistema creado para a cesión de permisos e debería ser borrada a imaxe en espera de que esa persoa a suba. Claro que tamén podería ser subida a Commons seguindo os pasos expostos en OTRS
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
- Accede ás túas fotos.
- Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
- Garda a páxina
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:23, 31 xaneiro 2008 (UTC)