Saltar ao contido

Conversa usuario:Eladio Medel

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Eladio Medel!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 2 de abril de 2021 ás 13:51 (UTC)[responder]

Eladio Medel[editar a fonte]

Ola Eladio Medel. Benvida como usuario á Galipedia. Porén, non esquezas o que aparece no libro de texto da Galipedia sobre as autorreferencias que podes consultar aquí e sobre Wikipedia:Conflito de intereses. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 2 de abril de 2021 ás 13:53 (UTC)[responder]

referencias[editar a fonte]

Ola, Eladio. Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Citar as fontes. Na web do bufete no que traballas non se indica o teu nome, polo cal o link só é publicidade, non unha referencia. E por favor, non elimines información referenciada, como a traxectoria de militancia política; en xeral, como xa che explicou un compañeiro, segundo o indicado en Wikipedia:Conflito de intereses deberías absterte de editar o artigo sobre ti mesmo. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 2 de abril de 2021 ás 16:23 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

Este é o último aviso que recibirá para deter as súas edicións destrutivas. Se volve vandalizar a Wikipedia de novo, como fixo en "Eladio Medel", pode ser bloqueado/a mesmo sen máis avisos. --RubenWGA (conversa) 24 de abril de 2021 ás 22:08 (UTC)[responder]