Conversa usuario:Faxeirada
Benvido á Galipedia, Faxeirada!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:24, 17 outubro 2009 (UTC)
Festa dos Reis
[editar a fonte]Boas, Faxeirada. Repasa, por favor, a redacción do artigo Festa dos Reis para eliminar opinións subxectivas e non referenciadas, como "carácter un tanto cerrado, só se pode participar se vives no pobo que a celebra" ou "propicia que se manteñan as tradicións intactas dende tempos inmemoriais". Por outra banda, se non hai mais que publicacións esporádicas ¿cal sería a referencia da existencia e das actividades desta festa? Lembra que a túa propia experiencia, se es participante nela, non se pode admitir como referencia: calquera usuario da Galipedia debería ter ó seu alcance textos acreditados que garantan o contido do artigo. Tamén convén que lle deas unha volta á ortografía. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:45, 17 outubro 2009 (UTC)
- Deculpa por non comprobar no historial quen foi o editor. Trabuqueime ó ve-las túas edicións e por iso dirixinme a ti. Se cres que o libro das Frieiras de Rodríguez Cruz pode describir esta festa, eu mañán podo conseguilo e botarlle un vistazo. Así podemos poñerlle referencias e ampliar, se procede. Canto ó que me dis, acertaches na forma de responder: eu colgo unha mensaxe na túa páxina de conversa e ti contestas na miña. Perfecto. Só que esqueciches asinar: iso faise clicando no 4º botón da dereita da botoeira que tes por riba da ventá de edición (un botón que semella unha firma). E tamén tes razón ó supoñer que se a información do artigo non tivese referencias habería que borralo, xa que aquí non caben informacións primarias. Grazas pola túa comprensión e aquí me tes para o que faga falta. E repito que sinto non comprobar antes de botarche as culpas do que fixo outro usuario. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:38, 18 outubro 2009 (UTC)