Saltar ao contido

Conversa usuario:Fjrial

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Fjrial. Recuperei a versión anterior do artigo Openbravo porque é un procedemento incorrecto que un usuario sen historial de edicións no wiki retire ese tipo de avisos. A información sobre as condicións de creación do artigo é fundamental para tomar unha decisión sobre o que se debe facer con esa páxina. Como di un dos avisos "Se a entrada fora lexítima debería comezarse de novo (sen todo aquilo que non cumpra as regras de Wikipedia) por un usuario con historial de edicións neste proxecto". Aínda que a creación do artigo na Galipedia non teña a mesma orixe co da Wikipedia en castelán non deixa de existir un conflito de intereses (en inglés). Se considera que hai algunha información relevante que debamos coñecer antes de decidir o destino desa entrada e non quere expola publicamente pode rexistrar un enderezo de correo electrónico nas súas preferencias de usuario e contactar por correo na ligazón "Enviar un correo-e a este usuario" da miñá páxina de usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:15, 21 xuño 2007 (UTC)


Grazas pola edición e perdoade, vou volver editar o contido do texto de Openbravo, deixarei os avisos intactos. O artigo creouno un compañeiro meu; e entendo que tivera esos avisos, xa que parecía case publicidade de Openbravo, cando o que nos interesaba é dar a coñecer a aplicación co mesmo nome. Por iso a miña edición posterior.