Conversa usuario:Gallaecio/2008
Directores de orquestra
[editar a fonte]Ola, vin que moviches a categoría Directores de orquestra, dende Personalidades da música a Directores... Estiven pensando pero non se me ocorren outros directores que non sexan de orquestra no ámbito da música (e si fóra, p.ex., de cine...). Podes explicar un pouquiño máis o troco? Saudiños. --Xabier Cid 17:44, 7 xaneiro 2008 (UTC)
- O que ao mellor habería que facer é cambiar "Directores" (ao referirse aos de música) por "Directores musicais". --> Feito! --Xabier Cid 13:30, 14 xaneiro 2008 (UTC)
xuntanza-ceanza
[editar a fonte]hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:07, 30 xaneiro 2008 (UTC)
Produtores
[editar a fonte]Ola, gallaecio... vaia mañá de domingo... Eliminei a categoría productores, porque ten que ser produtores. Xa a creei. Fixen iso porque as categorías non se poden mover: hai que borralas e crealas de novo. --Xabier Cid 12:30, 2 marzo 2008 (UTC)
Solfexo
[editar a fonte]Si, hai moita xente á que aínda lle soa raro. Cando vexas unha tarefa repetitiva deste tipo, non dubides en lle pedir axuda a un bot. --Xosé (✉) 12:37, 2 marzo 2008 (UTC)
Ei!
[editar a fonte]Ola, Gallaecio... Canto tempiño! Que ben verte de novo. --Xabier Cid Conversa 10:01, 1 xuño 2008 (UTC)
Re:Corda
[editar a fonte]Desculpa. Xa reparo eu o artigo. Pasósuseme por alto, non o vira. Procurei arranxalos todos, pero quizais quede inda algún máis.
Deixei de traballar cos alumnos por ese motivo, entre outros. Ó final só uns 12 eran capaces de facer un traballo serio. Os máis querían produtividade e traducían de calquera xeito, algúns mesmo sen ler previamente o texto da Wikipedia española e sen facer revisión da tradución despois.
Quizais 4º de ESO non sexa o momento adecuado para traballar na Wikipedia pois temos alumnos moi heteroxéneos, pero non teño espectativas de impartir Bacharelato, por iso me animara. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:55, 5 xuño 2008 (UTC)
- Por certo, acabo de ver que non foi culpa deles, o artigo está tal cal o da Wikipedia española. Póñome a revisalo agora--Lmbuga Commons - Galipedia 17:58, 5 xuño 2008 (UTC)
Himno británico
[editar a fonte]- No Reino Unido e noutros países anglosaxóns o costume e a tradición xogan un papel importantísimo e aínda que ningunha lei proclamou o God Save the King ou God Save the Queen como himno oficial do Reino Unido éo por tradición. En páxinas oficiais británicas pódese ver como se refiren a el como himno oficial: Web da Coroa británica e Web do goberno británico--Arco de Rayne 14:16, 13 xuño 2008 (UTC)
Modelo país
[editar a fonte]Ola Gallaecio, estaba tentando actualizar o modelo de país pra que se asemelle ao da wikipedia en Español, que está moi ben. Poderías botarlle unha ollada e corrixi-lo se ten algún erro?--Hugo22 16:09, 13 xuño 2008 (UTC).
refs
[editar a fonte]Vin o que puxeches na Taberna... poñer referencias está moi ben, moi ben. A cousa é que se son moitas, ocupan moito, e por iso creei ese template. Podes ver como queda en Negu Gorriak, moitas referencias pero o mesmo espazo. -- Norrin_strange (Fala-me) 13:57, 16 agosto 2008 (UTC)
Rap
[editar a fonte]Engadín o interwiki en inglés en:Rap Olympics, cando o editei debín esquecer poñer o interwiki, aínda que realmente non recordo esa edición, penso que o mellor sería mover o artigo a Olimpíadas do rap simplemente, son dúas edicións cada unha nunha cidade diferente, tampouco sei realmente a transcendencia que tiveron estas dúas competicións.--Arco de Rayne 22:07, 29 agosto 2008 (UTC)
Saúdos
[editar a fonte]Ola, Gallaecio. Era para saudar, a túa páxina de usuario está ben e aínda fai rir un pouco tamén, é divertida. Que ben que te temos por aquí con todas as cousas que controlas (Carape, controlas un cacho). Comparto contigo o uso do Firefox habitualmente e tamén teño a Ubuntu. Máis nada, espero que todo che vaia ben e, se cadrase, poidamos colaborar nalgún artigo (aínda que eu acostumo darlle á corrección da lingua). --Xoán Carlos Fraga 10:41, 11 setembro 2008 (UTC)
Hatrickeiro
[editar a fonte]Boas, Gallaecio. Semella que sabes de informática. Ocúrreseche algo polo que o Mozilla non me deixa entrar en "Consultas Académicas" no desplegábel que hai aquí? Obrigado. -- Norrin_strange (Fala-me) 14:13, 14 setembro 2008 (UTC)
- Grazas pola axuda. Será que hai un erro informático. -- Norrin_strange (Fala-me) 15:34, 14 setembro 2008 (UTC)
- Face-los recados' está ben. Non obstante botareille unha nova ollada por se se me escapara algún. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 15:22, 3 outubro 2008 (UTC)
Música
[editar a fonte]Pois haberei de apuntarme :). Saúdos. MP (conversa) 21:55, 5 novembro 2008 (UTC)
Salas de concertos
[editar a fonte]Ola, Gallaecio. Creei a categoría Salas de concertos, e metina dentro de Cultura musical. Pero non estou seguro. Bótalle un ollo. --Xabier Cid Conversa 15:35, 10 novembro 2008 (UTC)
Categorías da música
[editar a fonte]Boas Gallaecio.
Xa sabes que non domino ben as subcategorías da música e se non lembro todo o que comentaches da estrutura, recordo ben que eres ti o arquitecto do traballo, é por isto que permitome de pedirche que botes un ollo nistas novas categorías. Cavilei pero non dou atopado como amañar as cousas. Avisei o usuario Jordav da necesidade de adatarse. A ver se ti podes amañar e dar consellos. Perdoa a molestía, sei ben que aquil que vé o que non está ben tenlo que corrixir e non quero abusar. Saúdos "pai" da música ! ElviraConversa comigo 23:17, 11 novembro 2008 (UTC)
artigo Música
[editar a fonte]Mudei a categoría do artigo Música, pensando corrixir un erro. Non sei se hai regras escritas, porque é a primeira vez que vexo alguén ter esa dubida : nesta wiki como noutras eu pensaba ata agora co artigo principal aparecia na categoría nai como subcategoría e non como artigo. Ca dubida que plantexas controlei dous casos cine e literatura que corresponden a lóxica que a mín semellame "natural", porque o lector do artigo está na "cabeceira" dunha serie de artigos do mesmo tema e se esta categorizado na categoría nai, pois o letor atopase nuha mestura de outros temas. Pero isto só é unha opinion persoal que lle comento. Deixa o que ves mellor ou preguntalle a usuaríos maís o tanto das regras da Galipedia. Eu non conto facerche guerra de edicións e non reverto a tua mudanza. Saúdos. ElviraConversa comigo 10:01, 15 novembro 2008 (UTC)
- Grazas pola tua atención. É lastima que non estes convencido co artigo principal dunha categoría debe aparecer na cabeceira da categoría que lle da o nome. Resultame raro que eso non sexa lóxica pura, pero si ti tes dubidas tamén as teran outros e entón entendo que leves eso a votacións. Eu hasta che diria que por mín cada categoría teria que ter na cabeceira un artigo (en certos casos máis) principal e un comentario dicindo o que leva a categoría. Agradezcoche moito a atención e non dubides que para mín a colaboración e o respeto mutuo é a base do traballo que facemos para que medre a Galipedia. Saúdos Gallaecio. ElviraConversa comigo 12:31, 27 decembro 2008 (UTC)
- Ola outra vez Gallaecio. A mín eso das categorías importame moito e agradezcoche o teu interes pôlo tema e xa habia apreciado moito que te preocuparas por categorizar a música. Por ben que se diga é levando conversas que adiantamos o proxeto compartindo o xeito de traballar nel. Polo do tema contestoche na Conversa Wikipedia:Categorización de artigos. Atopei onde xa se trata do tema Wikipedia:Categorías. Seria unha boa cousa de medrar o que eli se comezou. Saúdos Gallaecio e que sigamos colaborando con senceridade ElviraConversa comigo 14:25, 30 decembro 2008 (UTC)
- Grazas pola tua atención. É lastima que non estes convencido co artigo principal dunha categoría debe aparecer na cabeceira da categoría que lle da o nome. Resultame raro que eso non sexa lóxica pura, pero si ti tes dubidas tamén as teran outros e entón entendo que leves eso a votacións. Eu hasta che diria que por mín cada categoría teria que ter na cabeceira un artigo (en certos casos máis) principal e un comentario dicindo o que leva a categoría. Agradezcoche moito a atención e non dubides que para mín a colaboración e o respeto mutuo é a base do traballo que facemos para que medre a Galipedia. Saúdos Gallaecio. ElviraConversa comigo 12:31, 27 decembro 2008 (UTC)
Corrixir a lingua
[editar a fonte]- Estou vendo que ti tamén estás facendo correccións de tipo lingüístico, sei que é un labor moi pesado, comertarche que cando saibas que unha palabra non é correcta pero non esteas seguro da palabra correcta galega moitas veces mudala por dúas ou tres palabras que veñan dicir o mesmo, por exemplo no caso de imbatida eu puxen que non recibiu gol ningún que é dicir o mesmo pero sen utilizar a palabra incorrecta (imbatir). --RNC 21:15, 22 novembro 2008 (UTC)
Ola Gallaecio. Como está proposto para destacado estiven lendo o artigo polo miúdo e hai un parágrafo no apartado 'Clasificación e soporte do software' que non me queda claro : "Contén firmware e fontes que non poden ser modificadas, mais están incluídas porque a súa distribución doutro modo non sería comprometida." Paréceme entender na versión en inglés algo lixeiramente distinto pero non estou seguro. Como ti traballasches nel quería pedirche se poderías repasar esa frase. Por certo parabéns pola parte que che toca deste artigo, que creo que é moita. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:35, 15 decembro 2008 (UTC)
- Estou nas mesmas ca ti, por iso preguntaba. No dicionario vexo que traducen unencumbered por: solto; sen trabas; libre de gravame. E otherwise neste contexto semella poder ser: doutro xeito; noutras circunstancias, senón. O que parece querer dicir é que se non incluíse esas fontes non poderían distribuirse por separado, pero só se trata dunha suposión. Non podo mudalo no artigo porque non estou seguro de que esa interpretación sexa a correcta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:11, 15 decembro 2008 (UTC)
Logo
[editar a fonte]Ola Gallaecio! Porque non se pode por o Logo de Ubuntu na Galipedia? Noutras Wikipedias como a catalá téñeno--Hugo22 13:29, 27 decembro 2008 (UTC).