Conversa usuario:Ghazafelho1977
Benvido(a) á Galipedia, Ghazafelho1977!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 25 de febreiro de 2015 ás 15:21 (UTC)
Graciñas. Agardo que sexa unha estadía produtiva! --Ghazafelho1977 (conversa) 25 de febreiro de 2015 ás 18:16 (UTC)
Comezando
[editar a fonte]Ola! De seguro que se che da ben, xa verás :). Só unha suxestión, para os cambios pequenos, coma corrixir unha falta de ortografía ou engadir unha ligazón puntual, podes marcar o cadro de "Esta é unha edición pequena" antes de gardar os cambios, así os Administradores poderán distinguilas das edicións máis grandes fácilmente, o cal lles axuda nas revisóns que van facendo tódolos días nos cambios recentes. A seguir dándolle duro! :D ☣Banjo tell me 25 de febreiro de 2015 ás 18:20 (UTC)
Recibido Tomo nota, aínda que máis que erro por novato, é erro por ser vello nisto da informática, de cando había que gardar o traballo cada pouco tempo porque se cortaba a conexión, hehe. Tampouco debe ser o único erro, pero pensei que se non me lanzaba a editar directamente, nunca aprendería. Un pouco, como o de andar en bicicleta. De momento confórme con facer esbozos, xa máis adiante cando saiba facer referencias, categorías e demais, irán collendo a forma de artigos. E máis nada, aquí seguimos. --Ghazafelho1977 (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:27 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Ghazafelho1977.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2015 ás 21:32 (UTC)
Editor visual
[editar a fonte]Ola Ghazafelho1977. O único que se me ocorre é que comprobes o seguinte, en:
Preferencias → Edición → -Editor- → Desactivar temporalmente o editor visual mentres estea en fase beta.
Se queres empregar o editor visual, ten que estar desmarcado.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2015 ás 23:07 (UTC)
- Eu non sei máis dese tema. De feito, nunca emprego o editor visual. Porén, podes expoñelo na Wikipedia:A Taberna. Igual outro usuario sabe amañalo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de marzo de 2015 ás 19:34 (UTC)
Óptimo climático medieval
[editar a fonte]Boas Ghazafelho, o artigo Óptimo climático medieval, que creaches ti, ten unha nota de que faltan as referencias orixinais do artigo, a ver se podes botarlle unha ollada e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 09:34 (UTC)