Saltar ao contido

Conversa usuario:Grenlandia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Grenlandia!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 15:05, 1 decembro 2008 (UTC).

Autopromoción[editar a fonte]

Probablemente sexa vostede Carlos Santiago, en tal caso debe recordar que non se pode facer propaganda ou crear artigos sobre un mesmo na Wikipedia:

Na Wikipedia está completamente desaconsellado crear a autobiografía, escribir sobre un mesmo, ou editar nun artigo sobre si mesmo, tamén está mal visto que engada ligazóns para si noutros artigos. Teña en conta que a Wikipedia non é o lugar apropiado para publicar o seu currículo, se quere pode colaborar editando sobre outros temas nos que non estea implicado.

Aínda que vostede cree a súa biografía de boa fe ou por descoñecemento das regras do wiki, as edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria, ou un xeito de querer influír no propio artigo. O descrito é un conflito de intereses, por favor evite pórse nesas circunstancias. Se é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador con historial de edicións neste proxecto que cree a entrada sobre vostede. No caso de que o artigo exista e atope inexactitudes ou queira facer matizacións pode recorrer á páxina de conversa do artigo, aí pode editar sen as restricións aplicables á páxina da súa biografía. Para expor calquera dúbida pode facer uso do espazo de debate da Galipedia.

Vexa: Wikipedia:Punto de vista neutral. Saúdos. Xas (conversa) 23:23, 26 de maio de 2010 (UTC)