Conversa usuario:Henrique Pereira
Benvido á Galipedia Henrique. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Non dubides en cotactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:24, 7 xullo 2006 (UTC)
Benvido á Galipedia, Henrique, acabo de subir a foto da praia de Samil a Commons. Poderala encontrar en Commons:Category:Vigo e en Commons:Category:Beaches of Galicia.
Non dubides en contactar comigo cando desexes: estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:35, 9 xullo 2006 (UTC)
- Acharás tamén a imaxe Image:Fogos do 25 de Xullo.jpg en Commons:Category:Celebrations of Galicia. Preciosa foto. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:44, 9 xullo 2006 (UTC)
Imaxes Commons
[editar a fonte]Ola Henrique. Non hai norma escrita sobre a subida de imaxes á Galipedia ou a Commons. Certamente abonda con subilas só a Commons, pois as imaxes de Commons se empregan tal cal as que se soben á Galipedia. Sen embargo, hai un certo acordo de subir as imaxes á Galipedia e logo a Commons para promocionar en Commons e noutras wikipedias a Galipedia. Pensa que en Commons ten que ir a ligazón á imaxe da Galipedia.
Fai como desexes, súbeas á Galipedia, a Commons, ou ós dous sitios. Non hai problema por subires unha imaxe a Commons despois de subila á Galipedia. Soe abondar con poñer os datos que tes na foto na Galipedia e engadilos en Commons, pero hai que asegurarse que o enlace á foto da Galipedia estea entre os datos en Commons. A outra dificultade é que poden variar algunhas lincenzas na nomenclatura. Ti na Galipedia usas a licenza {{GFDL}}, en Commons (para subir en Commons tes que rexistrarte) tes que poñer {{GFDL-self}} se a imaxe é feita por ti (Noutro tempo en Commons usábase a licenza {{GFDL}}, pero agora está obsoleta e recoméndase que non se use)
O que non ten sentido é o proceso inverso, que subas unha imaxe primeiro a Commons e logo á Galipedia, porque con subila a Commons xa se pode empregar na Galipedia.
Facelo por duplicado é traballoso, así que ti decides. Eu, cando vexo unha imaxe na Galipedia que me gusta, súboa a Commons; pero non o dou feito con todas, e somos moi poucos os que facemos tal cousa. Commons ten de bo que as imaxes poden ser usadas en tódalas wikipedias, e promocionas non só as túas fotos, tamén Galicia e o galego.
Se fas algo en Commons e queres que o revise, ponme os enlaces e dáme un toque, non teño inconveniente. Normalmente estou atento, pero podo tardar en darme conta ou non revisar o que aconteceu nese momento e non percibilo
As dúas imaxes que tes na Galipedia xa as subín eu.
Usa na Galipedia as imaxes de Commons cando che pareza ben, sería conveniente poñer practicamente todas nas galerías de imaxes.
Cando acabe esta mensaxe vou reparar na Galería de imaxes de Vigo, fixeches ben en creala, é unha boa contribución. Mirando por encima vin que faltaba un detalle que xa che comentarei máis tarde. O caso é que non te preocupes por non facer as cousas perfectas ata o punto de estares incómodo. As túas aportacións están sendo máis importantes cós pequenos erros que poidas cometer, erros que ademais son corrixibles, mentres que moitas das túas aportacións son insustituíbles.
Ademais, observo que queres aprender e facer as cousas ben. Non tardará o momento en que saibas todo o que precises se tes interese. Ás veces, cando empezas, as cousas parecen complicadas; co tempo non o ves así: ó final verás que participar ou contribuír é fácil. Ademais, se te confundes, non pasa nada. Xa se dará alguén de conta. Eu tamén me podo confundir e, se me confundo, espero que se dirixa quen se dea conta a min para non volver confundirme. Así aprendín eu o que sei (que é pouca cousa, pero polo de agora suficiente)
Estendinme un pouco de máis, perdoa. A cousa é que me gusta que os usuarios que empezan (ou que continúan) non se sintan inseguros. Espero terche aclarado algo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:21, 10 xullo 2006 (UTC)
Benvido e noraboa
[editar a fonte]Ola, benvido. Noraboa polo traballo que estás a facer. Estou ledo de que se acheguen a este proxecto nova xente con gañas de axudar. Ó principio un non controla moito (polo menos eu), pero de vagariño chégase a controlar un pouco. Sobre o da suxerencia para traducir artigos gustaríame facerche unha para que medites se te embarcas nela. O artigo Guerras Médicas, leva na Galipedia certo tempo sen traducir. É un traballo arduo, porque é un artigo longo. Grazas.--AlberteSi, digame? 19:15, 11 xullo 2006 (UTC)
Parabéns
[editar a fonte]A imaxe Image:Illas Cies Praia.jpg ademais de ser unha gran foto está impecablemente subida. Subina a Commons, pódela encontrar en Commons:Category:Galicia e Commons:Category:Beaches of Galicia. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:09, 11 xullo 2006 (UTC)
- Inda me gusta máis esta do que a anterior (Image:Illas Cíes Monteagudo Montefaro.jpg) Encontrarala en http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Vigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:46, 11 xullo 2006 (UTC)
- Grazas por facerte cargo da tradución do artigo Guerras médicas. Aínda que pon que está sendo traducido por un usuario, na actualidade non o está a traducir ninguén. Non creo que faga falla sometelo a revisión. Eu por exemplo traducín do castelán e do inglés o artigo Protestas da Praza Tian'anmen e non o sometín a revisión ningunha. Respecto ó do que apareza a hora automáticamente supoño que te refires a cando firmas nas páxinas de discusión. Se é iso é moi doado. Tan só tes que premer no segundo botón pola esquerda dos botóns de edición, no que se pos o rato enriba pon:"A súa sinatura con selo temporal". Saúdos.--AlberteSi, digame? 13:38, 12 xullo 2006 (UTC)
Outra benvida
[editar a fonte]Grazas por unirte a nós, cando dicimos que valoramos a chegada de novos colaboradores é máis cunha fórmula de benvida. A Galipedia alímentase da axuda de todos aqueles que queiran facer deste proxecto algo valioso e útil para Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:38, 13 xullo 2006 (UTC)
Novos parabéns
[editar a fonte]De novo, excelente imaxe. Poderás encontrar a imaxe do castro de Santa Tegra en http://commons.wikimedia.org/wiki/Castros_galegos (coloqueina de primeira pois é a mellor) e en http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:A_Guarda. Parabéns --Lmbuga Commons - Galipedia 22:05, 13 xullo 2006 (UTC)
- Ola Henrique, Creei a categoría para incoporalas, é Category:Imaxes de Catoira (tes que colocar a etiqueta [[Category:Imaxes de Catoira]] ó final do resumo ou datos das fotos), ademais podes engadilas na páxina Galería de imaxes de Catoira (para ver como se engaden, podes abrir e editar Galería de imaxes de Boiro).
Unha vez que as subas xa me encargarei eu de subilas a Commons, a non ser que queiras facelo ti.
Temos pensado crear unha estrutura que nos permita clasificar por conceptos as imaxes, pero non damos atendido a tanta cousa. Polo de agora o que hai poderalo encontrar en Category:Imaxes e nas subcategorías, en especial en Category:Imaxes de Galicia. Polo de agora non é moita cousa. Estarei atento ás imaxes que subas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:58, 14 xullo 2006 (UTC)
Benvido, tradutor, sempre está ben ter a algún profesional doutros idiomas connosco. A miña convivencia con tradutores e intérpretes ven de lonxe, mesmo antes de que estudasemos na mesma facultade (a FFT de Vigo), así que supoño que nos levaremos moi ben. --Sobreira (responder) 11:20, 15 xullo 2006 (UTC)
Noraboa
[editar a fonte]Foi colocada unha imaxe túa como imaxe de semana. Verala na Portada. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:25, 20 xullo 2006 (UTC)
Ola Henrique Pereira!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Henrique Pereira. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:59, 6 decembro 2006 (UTC)