Conversa usuario:Inteconfido
Benvido(a) á Galipedia, Inteconfido!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2017 ás 22:23 (UTC)
Escudo de Munilla
[editar a fonte]Bos días. En heráldica os escudos defínense polo seu brasón. O brasón é textual, e no caso de Mons. Munilla é "en campo de prata, un Sagrado Corazón". Polo tanto, a representación de Ficheiro:Coat of arms of Jose Ignacio Munilla Aguirre.svg é correcta. No caso do outro escudo proposto, Ficheiro:Escudo episcopal Jose Ignacio Munilla Aguirre.svg, non é o seu "escudo oficial", mais unha "representación oficial do seu escudo" (que, lembremos, ven definido polo brasón) (aquí temos outra representación na súa casulla, na que se amosa claramente o campo de prata). Sendo ambas imaxes correctas, e estando as dúas en SVG, cómpre manter a primeira revisión. Por outra banda, e xa a modo informativo, a representación proposta ten algunhas eivas: o campo de prata aparece representado cun "celeste" que fai dubidar se o campo é de prata ou azur (que son as cores heráldicas), cousa que non pasa co que está no artigo. Por outra banda, cómpre salientar que non é "ortodoxo" (heraldicamente) representar os esmaltes e metais con gradacións. --Norrin (Fálame) 14 de xuño de 2017 ás 07:36 (UTC)