Conversa usuario:Julieta~glwiki
Benvido(a) á Galipedia, Julieta!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--RNC 13:41, 18 decembro 2009 (UTC)
Problemas con Image:Puente romana .jpg.JPG, Ficheiro:Puente.JPG e Ficheiro:Convento.JPG
[editar a fonte]Grazas por subires estas imaxes. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, as fotos que subiches poderían ser borradas.
Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.
En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.
Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo Lmbuga / Conversa comigo 22:16, 18 decembro 2009 (UTC)
Vai cambiar o seu nome de usuario
[editar a fonte]Boas!
O equipo de desenvolvemento da Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios, como as notificacións a través dos wikis. A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Un dos efectos secundarios disto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia. Consulte o anuncio para obter máis información.
Por desgraza, a súa conta coincide con outra conta tamén chamada Julieta. Para asegurarnos de que ambos poidades seguir usando os wikis da Wikimedia no futuro, reservamos para vostede o nome global único Julieta~glwiki. Se lle gusta o nome, non ten que facer nada. Se quere outro nome, fáganolo saber mediante este formulario.
A súa conta seguirá funcionando como antes, e terá recoñecidas as edicións feitas ata o de agora, pero terá que usar o novo nome para acceder ao sistema.
Lamentamos os inconvenientes.
Atentamente,
Keegan Peterzell
Enlace Comunitario, Fundación Wikimedia
18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)
Renomeado
[editar a fonte]Esta conta foi renomeada como parte da finalização do login unificado. Se você possui esta conta você pode logar usando seu nome de usuário e senha anterior para mais informações. Se não gosta do novo nome desta conta, pode escolher outro você próprio usando este formulário após o login:Especial:GlobalRenameRequest. -- Keegan (WMF) (discussão)
19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)