Conversa usuario:Knorpel
Benvido(a) á Galipedia, Knorpel!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 15:54, 2 xullo 2007 (UTC)
Milhomes
[editar a fonte]Efectivamente, confundinme coa data. Xa o amaño. --Xabier Cid 08:36, 10 agosto 2007 (UTC)
Illa de San Simón
[editar a fonte]Ola Knorpel, mira de revisar este dato: O conxunto de ambalasdúas illas mide 250 quilómetros de largo e 84 de ancho. Ese dato é erróneo, seguramente te trabucaches ó engadilo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:41, 21 agosto 2007 (UTC)
Orixe descoñecida
[editar a fonte]
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Posición Villamartín.png', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.
- Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
- Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
--Lmbuga Commons - Galipedia 22:38, 12 setembro 2008 (UTC)
*Ola, sinto darche a lata de novo, pero grazas por responderes. Debiches facer algo mal, non observo ningún cambio nos datos da imaxe. Vouche indicar paso a paso o xeito de amañar o problema da imaxe:
1. Fai click aquí: Image:Posición Villamartín.png
2. Fai click na pestana editar, situada na parte superior da foto
3. Elimina as tres primeiras liñas e escribe este texto:
{{Information
|Description=Localización Villamartín, localidade da provincia de Cádiz, Andalucía, España.
|Source='''Orixe da imaxe (ligazón a unha páxina web, datos dun libro,...). En caso de ser realizada a partir dunha outra obra, débese poñer a ligazón exacta a esa obra. En caso de ser toda a imaxe realizada por ti, escribe ''obra propia'''''
|Date=</nowiki>Data de subida ou da realización da imaxe
|Author= </nowiki>Nombre do autor
|Permission=
|other_versions=
}}
4.Substitúe o que no texto está en verde (son os datos que lle faltan á imaxe)
5. Garda.
Cando o fagas, se o desexas, dimo. Se tes algunha dificultade, da índole que sexa, para colocar calquera dato, coméntamo pois quizais eu poida axudar
Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 09:16, 16 setembro 2008 (UTC)
Non é necesario que fagas nada
[editar a fonte]Encontrei en Commons a orixe da imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Posici%C3%B3n_Villamart%C3%ADn.PNG . A imaxe é idéntica
As fotos de Commons poden empregarse na Galipedia coma se xa estivesen subidas á Galipedia. Pódese borrar a imaxe da Galipedia e manterase no artigo coma se non fose borrada.
De aquí en diante, se queres usar unha foto de Commons, non a subas á Galipedia, úsaa directamente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 09:24, 16 setembro 2008 (UTC)