Conversa usuario:Komun
Benvido(a) á Galipedia, Komun!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 17:09, 16 febreiro 2010 (UTC)
Formato
[editar a fonte]Boas, corrixinche o artigo de Megatrón no que se refire á lingua e o formato. Bótalle un ollo e así aprendes para os seguintes.[1] Un saúdo e aquí me tes para o que necesites. --Atobar (conversa comigo) 20:06, 20 de novembro de 2010 (UTC)
Licenzas de imaxes
[editar a fonte]De onde tiras esta foto? Es ti o autor? Cómpre que indicas a licenza. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 20 de novembro de 2010 (UTC)
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Caracol wgb.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.
Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.
Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.
--. HombreDHojalata.conversa 10:03, 21 de abril de 2011 (UTC)
A licenza GFDL baixo a que se licencian os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Paralelamente indicar no resumo a orixe do artigo facilita a verificación do contido por parte doutros colaboradores do wiki.
- Exemplos de resumos para traducións
→ tradución do artigo da Wikipedia na_lingua_que_sexa [[:indicativo_de_lingua:Nome_do_artigo]]
Tomando como exemplo o artigo Albert Einstein algunhas das opcións para o resumo son:
- tradución do artigo da Wikipedia en inglés en:Albert Einstein.
- tradución do artigo da Wikipedia en castelán es:Albert Einstein.
- este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés, castelán e portugués: en:Albert Einstein, es:Albert Einstein, pt:Albert Einstein.
- tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
--. HombreDHojalata.conversa 22:41, 22 de abril de 2011 (UTC)
Escudos de Padrón
[editar a fonte]O que da ou non oficialidade a un escudo é o brasón, é dicir, o texto da descrición heráldica, aprobado oficialmente no boletín correspondente. A imaxe do escudo é un deseño, unha interpretación do brasón que fai un deseñador, e que, como tal, pode ter reservados os seus dereitos de autoría. O que vostede fixo foi violar eses dereitos, e por ese motivo a imaxe que subiu foi marcada en Wikimedia Commons como copyvio e candidata a un borrado rápido [2]
Se tirou a imaxe da páxina do concello, pode ler nela o seguinte: "O Concello de Padrón é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e códigos que se recollen no dominio www.concellodepadron.es , salvo expresa referencia noutro sentido. As marcas ou signos distintivos de calquera clase que se recollen no dominio www.concellodepadron.es están igualmente protexidos pola lexislación vixente. A reprodución, distribución, comercialización ou modificación non autorizada de todos eles constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual."
Aproveito para animalo a que revise o artigo The Day of the Triffids. Un saúdo, e non esqueza asinar as súas mensaxes nas páxinas de conversa. --. HombreDHojalata.conversa 19:56, 28 de novembro de 2011 (UTC)