Conversa usuario:Lameiro/arquivo 3
Arquivo de vellas conversas durante o ano 2009
Empresarios musicais
[editar a fonte]Podo crear a Categoría:Empresarios musicais ou ten que ser aprobada antes, e de ser así onde debe expoñelo.--Biógrafo 11:31, 1 xaneiro 2009 (UTC)
Re: Grupos taxonómicos como título
[editar a fonte]Vou estudar o caso e intentar elaborar unha proposta concreta para este asunto. Déixame uns días para poder recoller información. En principio, na miña opinión, as categorías taxonómicas superiores ao taxon especie deberían levar o nome común (cando exista) en plural xa que así o recollen as normas do galego. Pero sempre se poderán facer argumentacións a favor do uso do singular para manter a coherencia da wikipedia no seu conxunto. Querería saber que fan outras Wikis, e ata que punto a norma do uso do plural é "inquebrantable". Tamén se ao final se fai unha proposta será interesante coñecer a opinión do resto da comunidade que seguro que vai ser enriquecedora. --Calrosfking (FÁLAME) 15:50, 1 xaneiro 2009 (UTC)
Citas
[editar a fonte]Hai uns días falamos de citas, agora facendo o artigo de Ludwig Bemelmans deixei o texto orixinal (é inglés pero o texto non ten moita dificultade) cunha nota no que se traduce. Penso que para citas breves en linguas que para unha xente pode ser doada de entender pero que outra non entende ben ou nada podería ser unha solución.--Biógrafo 13:31, 3 xaneiro 2009 (UTC)
O que me dicias de Carl sagan
[editar a fonte]A distancia á estrela alpha Centauri estaba correcta, co do ozono fóiselle a man, eran só 4 millóns, pero debeu ser un erro xa que non había posible confusión en mil millóns e billóns, normalmente os americanos nesto das medidas astronómicas usan ben o termo billón, a pesar de que unha das últimas misións espaciais a Marte fóiselles o traste por pasa-las medidas de millas a kms poñendo tan só 4 decimais, terán que ir aprendendo ;) --Xabier Cancela (fálame 18:33, 4 xaneiro 2009 (UTC)
- home este tipo de erros son "pasables", coma ben me dicías hai que ir limpando estas cousas, pero coido có máis problemático son a cantidade de bosquexos que andan pola galipedia, ou al menos eso era o que acontecía (e en parte aínda acontece) na categoría de astronomía, supoño que tamén pasa no resto de categorías. --Xabier Cancela (fálame 19:27, 4 xaneiro 2009 (UTC)
Castelao
[editar a fonte]Ola Lameiro! Bo traballo o que estás a facer con Castelao. Unha cousa, pola información que manexas e as túas edicións interpreto que tes as Obras Completas de Castelao. Quería facerche unha pregunta: inclúese entre as obras a correspondencia de Castelao? Sei que de aí pode sacarse moita substancia (sobre todo da correspondencia Castelao-Lehendakari Aguirre). Por certo, estaría ben que a bibliografía que levas empregada a incluíras na sección bibliografía. Máis nada. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:31, 4 xaneiro 2009 (UTC)
- E logo, por que che dá medo a miña pregunta? Haha, tranquilo, non che vou obrigar a engadi-las cartas. A verdade debería mercar eses tomos, mais... cagho en rós, que pena é ser tan pobre, non me dá para case ningún libro dos que teño pensado... Castelao ben merece un esforzo, pero tamén andaba pensando nun par de Miguel-Anxo Murado. Dicía o de Aguirre porque esas cartas son moi útiles para entende-lo pacto Galeuzca e o desleixo del. Bueno, a ver entón, dependendo de canto valga igual mo collo mañá, senón me chega collerei o de Fin de século en Palestina. Saúdos. Alberte Si, dígame? 23:25, 4 xaneiro 2009 (UTC)
- Non, non fai falla que te molestes. Graciñas de tódolos xeitos polo teu ofrecemento. Alberte Si, dígame? 23:45, 4 xaneiro 2009 (UTC)
Moi boas e moi interesantes as imaxes do anisaquis. Reparei demasiado nelas, case se lle quitan a un as ganas de comer peixe--Saúdos e grazas. Xan de ningures 15:09, 7 xaneiro 2009 (UTC)
- Discrepo en parte co teu criterio á hora de valorar as fotos. Se tivesemos nas Wikipedias un montón de fotógrafos profesionais, as túas fotos e as miñas poderían pasar totalmente desapercibidas. Eu creo que temos que considerar o que facemos desde a realidade que hai. Considerando iso, inda que non son profesionais as túas fotos, as fotos son boas.
- Si podes ter razón, e coincidiría contigo, se me dis que o maior valor que teñen non é o da imaxe en si. O maior valor é o de considerar adecuado tirar esa foto e compartila, pois son, as dúas, moi iteresantes.
- Sobre o macro: É moi difícil tirar cunha cámara non profesional unha foto macro e quedar contento. Hai mesmo que saber aproveitar a cámara, se a cámara o permite, pois con algunhas é imposible facer unha foto macro boa ou excelente. Eu acabo de subir unha imaxe dunhas uvas que carece de interese. Subina porque me chamou a atención que estivese nítida tanto no centro como nas esquinas (fíxena con macro e con zoom coa miña nova cámara, Canon G-10). O resultado desa imaxe pode ser mellor có das túas, pero prefiro unha imaxe túa por cada dez miñas se as miñas van ter o interese que ten a imaxe que subín.
- Sigo pensando o mesmo, son excelentes--Saúdos e grazas. Xan de ningures 17:29, 7 xaneiro 2009 (UTC)
- Grazas pola información a maiores que me dás sobre o cociñar peixes. Xa o sabía, inda que non con tanto detalle. Eu simplemente procuraba cociñar os peixes de xeito que nunca estivese ningunha parte deles crúa, pois o meu frigorífico non aporta -20 graos. O único que como cru é o salmón afumado. Iso non quita que coas túas imaxes eu teña maior consciencia do risco e que, precisamente por iso, de aquí en diante poida correr menos riscos... inda que seguirei comendo peixe--Saúdos e grazas. Xan de ningures 17:38, 7 xaneiro 2009 (UTC)
Probablemente esta imaxe sexa de Agolada. Vou preguntar de novo. Cando fixen a foto preguntei e dixéronme que era Lalín, confusión que é normal pois nesa zona están próximos moitos concellos e, en vinte quilómetros aproximadamente, as catro provincias--Saúdos e grazas. Xan de ningures 15:19, 8 xaneiro 2009 (UTC)
Ausencia
[editar a fonte]Boas Lameiro ! A mín pareceme mui ben cos usuarios anuncien eso, sobre todos os administradores. Saúdos ElviraConversa comigo 20:12, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Caixa de usuario na miña páxina de usuario
[editar a fonte]Non comprendo. Teño dereito a expresar libremente a miña opinión (iso é o que di aquí Carronada e é o único motivo que aduce para manter as súas caixas de usuario. Ti alí non expresaches o contrario, ¿por que o expresas na miña páxina de discusión?
Eu teño dereito polo tanto a expresar que me sinto gilipollas, que me sinto en contra do mundo, que vou ó revés, que camiño en sentido contrario ós demais, que esa páxina é unha mostra de que non sigo o mesmo camiño. ¿Liberdade de expresión?, eu non creo na liberdade de expresión nin na ausencia da mesma, creo que a vida é máis complexa; pero se alguén é quen de reclamar liberdade de expresión, eu son o primeiro que desexo tela.
Acepto a túa solicitude. Estou disposto a retirar a miña caixa de usuario, mais vou poñer unha condición:
Indícame a política (norma) pola cal debo facelo e aplica esa política a todos os usuarios
--Saúdos e grazas. Xan de ningures 21:50, 16 xaneiro 2009 (UTC)
- Por certo, envieiche antes deste comentario dúas mensaxes de correo--Saúdos e grazas. Xan de ningures 21:53, 16 xaneiro 2009 (UTC)
- Puntualización: Abóndame con que me indiques cales son os teus criterios para solicitarme que retire esa caixa e que expreses que vas seguilos con todos os usuarios para, se estou de acordo con eles, retirala--Saúdos e grazas. Xan de ningures 21:57, 16 xaneiro 2009 (UTC)
- Por certo, envieiche antes deste comentario dúas mensaxes de correo--Saúdos e grazas. Xan de ningures 21:53, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Antes de ler a túa mensaxe decidín actuar conforme ó expresado na Taberna/políticas por min. Coloquei dúas imaxes na miña páxina de usuario. Discrepo co teu labor: non entendo que teñas nada que solicitar, tes que esixir, pero a todos. Sobre as conversas previas tamén discrepo pois non sei se realmente tes opinión ou o que en verdade tes é unha entelequia na cabeza: A administración non é díálogo, inda que tamén, é praxe, actuación inmediata e incontestable--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:26, 16 xaneiro 2009 (UTC)
- Se nese sentido, no de que a administración é praxe, cres que o que hai na miña páxina de usuario é inaceptable, retírao ti. Ti podes, ti debes, eu acepto, eu aceptareino, ti sabes que eu o aceptarei (vexo que teño unha outra mensaxe que inda non lin)--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:29, 16 xaneiro 2009 (UTC)
caixas de usuario
[editar a fonte]Moitas grazas polo diálogo e as boas maneiras.
Parabéns pola frase (quizais non literal) de "prefiro aplicar o sentido común a aplicar as normas e políticas". Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:32, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Retiradas están as miñas, saudos --Carronada 22:35, 16 xaneiro 2009 (UTC)
- Non me deas as grazas, mañá comezamos de novo. Olla a miña páxina de conversa e o acontecido con usuario:Kim. Segue a conversa que tiven con el. Ese é o futuro que estades creando. Mañá máis: só pararei se hai criterio --Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:08, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Gracias por pedirlle a Xan que retirase as caixas ofensivas. --Kim 23:13, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Máis de caixas
[editar a fonte]- Espero que esta caixa que coloquei che pareza mellor, ademais, poida que sexa verdade--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:33, 16 xaneiro 2009 (UTC)
lugar de Padrón
[editar a fonte]bo día, Pedro;
Xa supuxera iso. O de que estaba deshabitado tirárao do artigo da Voz de Galicia, e o certo é que cometín o erro de non contrastalo cos datos do IGE. A ver se cando anoiteza máis tarde e pasen os exames comezo a quitarlle o po á cámara, que a teño abandonadiña.
un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 13:45, 19 xaneiro 2009 (UTC)
doutor Who
[editar a fonte]graciñas! non pensara na posibilidade de mover o título incorrecto ao correcto; A cuestión é que "who" (en minúscula) é incorrecto, e ó escribir na procura "Doctor Who", redirixíame alí.
Grazas de novo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:41, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Castelao e Hergé
[editar a fonte]Ola Lameiro
- Para mín é tranquilamente Georges Prosper Remi. Résulta que ese señor é belga francofono, non é francés. En francés de Francia resulta dificil e semella artificial de pronunciar Remi e por demáis ... semella que imita o acento da fala francesa dos belgas (os acentos do francés de Belxica, do de Canada e do de Suiza son mui, mui particulares). Entón, "naturalmente" un francés de Francia ten a tendencía a pronunciar Rémi, pero é Remi e un francés de Francia debe respetar eso e escribir e pronunciar Remi. Supoño que é por isto que na wiki francesa acabaron por pór unha nota no artigo dicindo que hai que pronunciar Remi : fr:Hergé.
- Para mín a obra de Castelao que é principalmente de debuxo debe clasificarse polo menos en duas ramas, por unha banda, ainda que teñan mui pouco texto, contribuen a literatura galega, e por outra banda tamén contribuen na caricatura, a caricatura vai pola literatura e polo debuxo. É por eso que pareceme útil de telo no montón dos artigos da categoría "obras literais en galego", por se logo de hai fanse subcategorías. Esto non impide que tamén debe porse noutras subcategorías de Categoría:Arte e Cultura. Eu fixen eso porque non concordo moito cando vexo Álbum Nós categorizado na Categoría:Pintura. Maís se pensas que quedando na categoría "sen categoría" vai favorecer que alguén lle dée as boas categorías que merece, poís podes tranquilamente reverter a miña edición, non me parece mal, agora que che espliquei.
Lameiro fai o que che parece máis axeitado, eu agradezcoche de habermelo comentado. Saúdos e ata outra. ElviraConversa comigo 21:59, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Castelao
[editar a fonte]Unha solución podería ser crear unha categoría para libros de Castelao, sen diferenciar se son literarios ou non. As que me comentas son fundamentalmente obra gráfica, aínda que teña texto e nun sentido moi amplo tamén se podería clasificar como obra literaria (non hai que esquecer que o texto aínda que completa a imaxe ten a súa propia vida: Non lle poñades chatas á obra namentres non se remata..., Que lástima de bois!, Decías que eras probe e tiñas unha filla, mexan por nós e hai que dicir que chove son frases que se utilizaron despois en múltiples slogans, en obras literarias, históricas, cancións e mesmo popularmente como frases feitas, non importa que puideran existir antes xa que foi despois de facelas súas Castelao cando adquiriron un significado concreto ). É certo que os álbums con obra gráfica, estampas e debuxos (As cruces de pedra na Galiza, Álbum Nós, As cruces de pedra na Bretaña) , no caso de Castelao teñen unha importancia singular no conxunto da súa obra, aínda que non é o único caso, un exemplo parecido sería Os desastres da guerra de Goya, aínda que neste caso a publicación como álbum é moi posterior á morte do autor. Agora se a pregunta é como clasificar as obras dese estilo en xeral podería unha idea podería ser álbums gráficos pero tampouco me acaba de convencer totalmente.--Biógrafo 15:43, 22 xaneiro 2009 (UTC)
Paz Andrade
[editar a fonte]Pois grazas polo aviso, xa o esquecera (e debo tero outros por aí esquecidos). Bótolle un ollo e quito o marcador, porque me parece que xa non tiña máis que poñer... --Xas (fálame) 22:21, 22 xaneiro 2009 (UTC)
ola Pedro!
Eliminei o B, que estaba despois das interwikis e non tiña sentido. Xa viña de antigo.
Co dos elementos, vou por orde numérica. É un pouco lioso porque moitos artigos ando a editalos unha e outra vez, pero prefiro ir facéndoo así, que xa ás veces me armo líos de máis. Vou polo 80, quedan 30 e pico, pero o peor xa pasou...
Graciñas pola paciencia. Cando remate, poreime a revisar e homoxeneizar as ligazóns das notas musicais...
--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 19:27, 25 xaneiro 2009 (UTC)
Castelao
[editar a fonte]- Mirarei nos libros que teño pola casa, con sorte para o cabo da semana meterei o que consiga tirar deles.--Biógrafo 22:48, 25 xaneiro 2009 (UTC)
Referencias
[editar a fonte]Ola, Lameiro. Creo que hai que saber diferenciar entre as referencias e a bibliografía. Por unha banda, no artigo fanse unhas aseveracións, como o de que se coñece por un nome ou polo outro, e despois cítanse un par de libros onde se poderían ampliar contidos. Pero citar un libro como bibliografía non é referenciar, porque non se indica onde (en que parte da referencia), pero sobre todo non se indica sobre que. Porque se o artigo se amplía, e se segue ampliando con outras fontes, esa bibliografía xa non respaldará todo o artigo, e non saberemos a que parte é.
Fun especialmente quisquilloso con este artigo porque teño unha certa reserva sobre a fiabilidade deste tipo de campañas e dalgunhas fontes non especializadas que andan a circular nestas últimas semanas sobre a cuestión. --Xabier Cid Conversa 22:32, 26 xaneiro 2009 (UTC)
Ola, Lameiro. Non, non creo que haxa que ser tan quisquilloso en todos os artigos. Hai un equilibrio entre o referenciado e o referenciable. Pero vou explicarme con máis detalle:
- O creador do artigo foi unha IP anónima.
- Hai unha certa campaña nas últimas semanas pra espallar a figura do 'Apalpador' como unha criatura mitolóxica galega, e aínda que non seguín o proceso con todo o detalle, tampouco me crucei con referencias sólidas do alcance ou da vitalidade da figura.
- Persoalmente son moi reacio a aceptar como verdadeiro todo o que teña que ver coas tradicións e coa etimoloxía: sei que aparentemente non teñen que ver unha cousa coa outra, pero son espazos onde se adoitan a empregar historias apócrifas e a darlle certificado de validez.
- En particular, creo que deben referenciarse sempre frases como "segundo uns" ou "segundo outros".
Pero vamos, non é nada persoal, ;) --Xabier Cid Conversa 00:09, 27 xaneiro 2009 (UTC)
Castelao
[editar a fonte]Ei, que si que lin o artigo... ala, agora me pico e non respiro. É coñe, pero haberá que ver se facer accesible ó público na cidade da cultura equivale a dixitaliza-los documentos e darlle unha licenza compatible coa galipedia. Por certo, falando de licenzas, n'A nosa Terra dixital hai fotos ben interesantes, algunhas antigas, que puidera ser que estiveran no dominio público. O malo é que non aparece nos créditos das fotos quen é o autor. Por exemlpo esta ou esta puidera ser que estiveran no dominio público. O meu descoñecemento sobre temas de licenzas vai camiño de ampliarse, máis que de minguar. Saúdos. Alberte Si, dígame? 21:43, 30 xaneiro 2009 (UTC)
Leiro
[editar a fonte]boa noite; efectivamente, a peza de Leiro está en Pontevedra. Actualmente está na praza de Concepción Arenal.
Preferín non tocarlle nada aos datos, pois non sei como vai o da categorización de imaxes. Fasno ti xa?
Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:03, 31 xaneiro 2009 (UTC)
Erro nas referencias
[editar a fonte]Non sei por que razón (hoxe é a primeira vez que me pasou) está a aparecer ese erro cando a) existe unha referencia introducida por <ref> e </ref> e non existe ao pé unha {{referencias}} ou equivalente que a recolla. :) Vou amañar o de Amoeiro. --Xabier Cid Conversa 23:05, 31 xaneiro 2009 (UTC)
artigo Francia
[editar a fonte]Lameiro non penso que me metes présa ningunha ! Aprecio moito e axudame moito todo o que escribes na páxina Conversa:Francia - France. Claro está que o artigo na Portada é unha presión que levo do meu propio peso sen que ningén me de obriga. Eu soa non chegarei a nada. ElviraConversa comigo 22:11, 1 febreiro 2009 (UTC)
Caixiñas
[editar a fonte]Procede :-) O teño moi claro. Un saúdo! --GallaecioE logo? 23:13, 2 febreiro 2009 (UTC)
Parénteses
[editar a fonte]Ola, Lameiro. O que se viña facendo nestes casos é ao revés: Deixar [[Estado de X]] e borrar [[X (Estado)]]. --Xabier Cid Conversa 20:20, 7 febreiro 2009 (UTC) Síntoo eu, porque creo que xa o ías facer... pero non me deu tempo a corrixir porque me acabo de meter nun sarillo deses dos grandes... :) --Xabier Cid Conversa 20:47, 7 febreiro 2009 (UTC)
Copiar+pegar
[editar a fonte]Ola, Lameiro, creo que se che escapou unha bubela nesta descrición... http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Xugos_Galicia.jpg --Xabier Cid Conversa 01:11, 8 febreiro 2009 (UTC)
- Pois tes razón, non se pode. Síntoo por marearche a cabeza, :) En realidade non é nada importante. :)
diabete(s)
[editar a fonte]ola Pedro!
O dicionario recolle "diabete" como enfermidade, e a wiki recolle diabetes como grupo de enfermidades. Entón, creo que a ligazón da B2 non era de todo incorrecta.
Outra cousa: Cando poidas borras Joule para mover aí Joule (unidade) e así evitar que se perda o historial?
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:01, 13 febreiro 2009 (UTC)
- wow! Eu mirei o Xerais que teño na casa e o século XXI de Galaxia e Cumio que teño no choio, pero ti tes unha manchea de referencias! Quizais era bo ter a alguén que saiba do tema para discernir.
Gústanme estes debates que achegan cousas novas.
Saúdos.--Estevo(aei)pa o que queiras... 01:39, 14 febreiro 2009 (UTC)
RE: Problema técnico
[editar a fonte]Creo que xa está arranxada a gráfica do artigo do PP. Vela ben agora? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21:05, 14 febreiro 2009 (UTC)
fotos
[editar a fonte]parabéns (e grazas como usuario) polas fotos de Abuín. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:59, 16 febreiro 2009 (UTC)
Esponxa e outros
[editar a fonte]Ola Pedro, perdoa non ter respostado antes a túa mensaxe pero e que teño unha liada tremenda cunha "feira" que estou a organizar (se non toleo desta será que nunca o farei). Non teño nestes momentos moito tempo para atender a wiki como quixera polo que non fixen o dos "grupos taxonómicos como título" que xa tíñamos falado. Se queres podes facer ti a proposta xa que eu coincido contigo na idea de que as categorías taxómicas superiores teñen que ir en plural xa que así figura nos dicionarios e outra fontes que eu teño consultado (exemplo: "carnívoro" é esencialmente un animal que se alimenta de carne, mentres que "carnívoros" corresponde un grupo taxonómico concreto que inclúe a certo tipo de animais (non a todos os que comen carne).
- En canto ao tema das "esponxas" eu creo que os dous artigos se refiren ao mesmo polo que habería que refundilos. O problema que vexo é o de como titular o artigo, podería ser esponxas ou poríferos (véxase o plural nos dous casos) xa que os dóus son nomes comúns aínda que o primeiro deles é claramente máis utilizado (pero pode levar a confusión con outro tipo de esponxas como por exemplo as artificiais. De usar esta opción eu engadiria "esponxas (animal)".
Un saúdo --Calrosfking (FÁLAME) 13:06, 18 febreiro 2009 (UTC)
Torre de Porqueira
[editar a fonte]ola Pedro. Sorte que estabas atento, esquecera mudar o de "da Porqueira". É un erro, precisamente correxín a redirección porque mirei o título correcto (de Porqueira) nunha publicación. Nunha busca en google pódese corroborar que o correcto é "de". --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:21, 19 febreiro 2009 (UTC)
Datación de Horacio
[editar a fonte]Agradézoche as túas correcións e engadidos. Porén, agradézoche tamén que me deixes a Horacio sen as datas. Dado que calquera interesado no poeta pode pinchar e ler todo o que queira, para mín é unha cuestión de estética. Non quedan ben. E claro que non teño nada contra a túa datación. Grazas.--Carmen 15:23, 21 febreiro 2009 (UTC)
Es moi amable, Pedro, agradézoche as túas palabras. A estética é importante, se ben resulta altamente subxectiva. O traballo colaborativo paréceme enriquecedor. Dada a miña inexperiencia neste asunto calquera consello pódeme vir ben. Pero, cando mirei a datación de Horacio, non puiden evitar preguntarme, ¿por qué Horacio sí e os outros tres autores non e o que engadíu Lameiro tampouco?. Un saúdo, polo mundo clásico seguireime a mover.--Carmen 21:05, 21 febreiro 2009 (UTC)
Montserrat
[editar a fonte]boas, Pedro;
Non entendo moi ben a pregunta. Antes o artigo Montserrat (illa)] redireccionaba a Montserrat, e o que fixen foi, logo de mudar as redireccións, marcalo como lixo.
En calquera caso, Illa de Montserrat redirixe a Montserrat, polo que penso que tanto ten.
Quizais me estou a liar, pero é que non entendo moi ben o asunto.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 05:45, 22 febreiro 2009 (UTC)
- Bon día! Supoño que Montserrat, sen "illa", está de título principal porque, ao igual que Cuba, ou Xamaica, por exemplo, son entidades territoriais con status propio.
Saúde; A ver se se aproveita a tarde pa tirar fotos :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:26, 22 febreiro 2009 (UTC)
foto petróglifo
[editar a fonte]Ola Pedro; a imaxe debe ser da Pedra das Cabras, xa que aparece nese artigo.
Unha pregunta: Están ben indicados os petróglifos da Caeira? Busqueinos hai tempo (sen moito empeño, iso si) e non os atopei. Por onde hai que meterse?
Saúde. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:57, 22 febreiro 2009 (UTC)
Beatus ille outra vez.
[editar a fonte]Ola Pedro, sinto dar a lata de novo. Un usuario anónimo, polo que vexo e entendo sen páxina de conversa, notificoume que a imaxe do artigo violaba as condicións vixentes. A imaxe está en Flickr, na miña galería, subina eu. Lembraba terlle engadida a licenza correspondente, pero comprobeino e parece que o esquecera. Xa o cambiei, espero que a Creative Commons que ten nestes intres sirva. ¿Veslle ti algún problema?. Iso sí, non tiven que andar campo a través para facela nin saltar nada, pero a IP en cuestión tampouco comentou nada sobre o asunto. Eu tampouco vira nunca o petroglifo, bonitas imaxes. Grazas.--Carmen 16:27, 24 febreiro 2009 (UTC)
Moitas grazas.--Carmen 18:33, 24 febreiro 2009 (UTC)
Galería
[editar a fonte]Non sei, será o Entroido. Para min que fixera ben todos os pasos coa foto, pero como ás veces abro o frigorífico e me quedo parada mirando intentando lembrar a razón de abrilo, pois non sabería dicir. Sí, lera as mensaxes anteriores, onde contabas as peripecias para facer a foto. Ben, se descoñeces o que é unha galería de imaxes en Flickr podemos eliminarte como sospeitoso de ter enviado durante dous días esas mensaxes flickreiras. Un bo candidato sería alguén cunha imaxe moi preciada en Flickr que víu como quedou colgada nunha wikipedia sen o seu permiso, unha da comunión cun traxe horroroso, un supoñer. Traballo en Poio. Grazas por poñer a foto outra vez. --Carmen 19:34, 24 febreiro 2009 (UTC)
.gal e PuntoGal
[editar a fonte]Lameiro, ocórreseche unha solución para separar .gal do artigo Puntogal?, xa o escribín na conversa do artigo. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 21:25, 25 febreiro 2009 (UTC)
Creo que feito, non sei se é isto o que querías. Arft, arft. :P Sobreira (parlez) 00:45, 26 febreiro 2009 (UTC)
Nova categoría raíz
[editar a fonte]Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:30, 26 febreiro 2009 (UTC)
cadea trófica
[editar a fonte]Ola Pedro; íache contestar onte, pero falloume a conexión.
O que pretendía era borrar a redirección de Cadea alimentaria (ecoloxía), xa que é innecesaria, e o título non me parece moi correcto.
Ademais, penso que o mellor sería que a páxina de homónimos estivese en cadea alimentaria, e o "proceso desde a granxa ata a mesa" (para entendernos), que pasase a Cadea alimentaria (o que sexa). Por que? Porque moita xente supoño (eu estou nese caso) tiña a idea de que a cadea alimentaria é a trófica, e cando busca ese concepto, aparécelle o proceso, sen facer mención á cadea trófica.
Espero que se me entendera, non sei se me expliquei moi ben. A pesar da ducha, aínda non espabilei.
Saúdos fortes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:05, 27 febreiro 2009 (UTC)
Boas Lameiro !
Non pasou nada, supoño que habiaslle tocado sen querer a sintaxis da primeira escrita da referencia, e que por iso a segunda non atopaba a sua nai ! E gracias polos arranxos
Aprobeito a ocasion. Gostame moito poder aprobeitar a lingua coa súa personalidade propia : ánima e alma andan polos dicionarios, tamén anda espírito. No francés teño âme e esprit. Esquematicamente segun o que cavilo alma = espirito e ánima=alma dos mortos?
Por outra banda voulle decir a Estevo que xa tuvo tempo de cavilar e que se non ten outro argumento vou voltar o titulo a cazaría. Claro que pasa antes a redacta do primeiro úsuario se respeta normas, pero a conta esta que -aría tiña máis uso na idade media e cun escritor galego da actualidade, inspirandose do tema repite cazaría. Para invertir a redireción supoño que é necesario que o fago un administrador a causa dos historiaís ? Saúdos PedroElviraConversa comigo 22:51, 28 febreiro 2009 (UTC)
Fada
[editar a fonte]Mensaxe para AlexandreVigo, Lameiro e XabierCid
Non sei se podedes axudarme a aclarar a palabra fada en galego, por se acaso. Entendo que hoxe falase de fadas como das hadas en castelán e das fées en francés e na Galipedia atopo ese uso en artigos Morgana, Dama do Lago ou Xenebra (raíña), etc : hai outros usos como no artigo Lobishome que entendo mellor. Este sentido non vai de acordo ca lembranza que me quedou do uso desa palabra de cando eu era nena escoitando falar a xente en galego. O Diccionario de los seres míticos gallegos di que que as hadas son en galego, segun o contexto, moura, dona, doncela, señora, señorita e encanto ; a fada é un sino que levan as persoas de toda a vida, ou botado nun momento da vida dunha persoa. O que di ese dicionario vai dacordo cas miñas lembranzas de nena. Cando investigo con google (resulta fastidioso porque non podo escoller o galego como lingua de preferencia) atopo o uso de fada como se fosen hadas en blogs ou en conversas sen especial fundamento de coñocemento "cientifico". E cando atopo algo que semella máis acreditado (Enrique Bande Rodriguez, catedrático de Geografía e Historia, poís vai polo sino e non pola persoa imaxinaría. Emilia Pardo Bazán na La última fada: novela inédita usa a palabra fada como se fose unha hada galega ? O DRAG consultado na web da as duas posibilidades : a persoa extraordinaria e a sorte. En resumo na lingua galega temos dous conceptos de fada, a fada sendo unha muller mágica de uso corrente e logo fada sino do destino propio da mitoloxía galega ? e polo só seria un artigo na Galipedia coa segunda acepción, a primeira seria sinalada nos diferentes artigos que a esplición seria útil, considerando que o uso actual de fada/hada/fée non acada unha potencia de desenvolmento necesario que non se poida atopar xa en artigos como moura ?
Toda ista conversa porque ando arredor do que seria o artigo Mitoloxía galega e todo o que pode ír na Categoría:Mitoloxía galega. E ainda ca mitoloxía galega como a mitoloxía gala non teñen literatura antiga comas mitoloxías irlandesa e galesa, eu penso que merecen artigos de alta calidade xa que o estado do coñocemento permite de recoller datos que ilustran a sua existencia na formación das respectivas culturas dende tempos remotos ata polo mesnos finaís do seculo XX en Galicia (para Francia non investiguei moito e non sei se a fomación da cultura cos mitos rematou ao comenzo do seculo XX).
Perdoar esta molestía, quero aclararme un pouco antes de meter a pata, non tendes obligación de contertar se o tema non está diante de vós ElviraConversa comigo 15:46, 8 marzo 2009 (UTC)
- Moitas gracias Lameiro, tes libros que terei que mercar ! Entendo mui ben. Agora meiga e moura : a meiga seria unha bruxa (=unha muller con poderes sobrenaturaís), mentras ca moura seria unha muller sobrenatural. Eu entendo ca meiga é a bruxa especial de Galicia : un territorio que corresponde a Gallaecia (Galicia, Asturias e norte de Portugal), diferenciase da bruxa (concepto ligado o cristianismo da idade media, pacto co diablo e só pode ser mala) por ter orixe máis antiga, a meiga leva rastros pagáns tamén pode ser boa. A meiga, segun dise no artigo da Galipedia levalle competencia na cultura popular actual a Santa Compaña como mito, pero o mito da Santa Compaña ten que ver cas mouras e nada cas meigas. Esto penso eu. Ando aprendendo Lameiro. Moitisimas gracias. ElviraConversa comigo 19:58, 8 marzo 2009 (UTC)
Noites e fogueiras
[editar a fonte]Fíxeno como querías? Agora o contido está en Noite de San Xoán, e o de fogueiras está eliminado para que se poida crear de novo. Era así? Alberte Si, dígame? 21:25, 8 marzo 2009 (UTC)
Xoán e San Xoán
[editar a fonte]Ola Lameiro, estiven a cavilar sobre o tema e a miña proposta sería pasar os artigo Xoán e San Xoán a páxinas de homónimos, eliminar San Xoán (homónimos) e completar estas páxinas con todos os posibles homónimos consultando outras wikipedias. Eu estaría disposto a facelo. Un saúdo. --PepedoCouto 20:47, 9 marzo 2009 (UTC)
- Pois a verdade é que mañá tiña pensado asistir a presentación dos candidatos ós Premios María Casares que son aquí en Narón. Non te preocupes que hei de empezar. --PepedoCouto 22
- 46, 9 marzo 2009 (UTC)
- Ola de novo Lameiro, vexo que traballaches no tema. Paso a enumerar o meu parecer, que non ten por que ser o mellor.
- Eliminaría San Xoán (homónimos).
- Realmente non sei se sobra o artigo no nome dos santos Xoán o Evanxelista e Xoán o Bautista, aínda que creo que con el diferénciase mellor a estes personaxes dun simple nome de pila composto. De todos os xeitos pódese facer unha redirección coas outras propostas.
Seguirei con isto máis tarde que agora teño un choio. Un saúdo.--PepedoCouto 16:29, 12 marzo 2009 (UTC)
- Logo de varias consultas e de reler a gramática galega de Álvarez, Monteagudo e Regueira non vin eu tampouco nada no uso do artigo neses casos, polo que vas ter razón. Hai que movelos cara eses títulos! Hei de traducir algún santo doutra wikipedia para que as ligazóns non estean tan orfas. De todos os xeitos creo que deberiamos facer redireccións co mesmo título precedido por San, pois todos teñen esa categoría. Que che parece? Un saúdo.--PepedoCouto 20:05, 13 marzo 2009 (UTC)
- Totalmente de acordo, aínda que as normas da casa exclúan o "San". O usuario buscará "San Xoán Bautista" con moita máis frecuencia que "Xoán Bautista", e así con todos. Pero cómpre ter presente sempre o apelido ou o apelativo, xa que hai cantidade de santos co mesmo nome (San Xoán é un bo exemplo). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:22, 13 marzo 2009 (UTC)
Etnografía galega
[editar a fonte]Ola Lameiro, aproveitando que estás a crear más artigos sobre a etnografía galega, creei un modelo no que se poidan meter todos os artigos relacionados, que che parece?--Hugo22 23:01, 19 marzo 2009 (UTC).
Museos
[editar a fonte]Ola Pedro. En realidade, fun movendo os artigos que xa estaban na Categoría:Museos de Galicia á súa respectiva provincia. Non sei se hai máis artigos dese tipo; en tal caso, podemos ubicalos nunha cat. diferente (coma Centros de interpretación, Institucións didácticas, ou algo así). De feito, coma ti dis, non aparece no listado de Museos de Galica. Sería bó que algúen que saiba do tema revise qué institucións deben ter a consideracións de Museos e cales non. Saúdos --Iago dime 09:43, 21 marzo 2009 (UTC)
Benzodiazepinas
[editar a fonte]Ola! Había tempo que non falabamos. Resulta que lin o artigo benzodiazepina, no que as define como drogas. Coido que este apelativo é totalmente inadecuado, e creo que debería substituírse por fármaco. Antes de cambialo quería saber o que ti opinabas --Silverfox 20:17, 30 marzo 2009 (UTC)
(Non falei co autor do artigo porque hai case dous anos que non fixo nin edicións nin artigos, así que supoño que non pasará moito por aquí)
http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FProblemas_varios&diff=1130521&oldid=1127332
[editar a fonte]Malia o que dixen nesa páxina, se Estevoaei continúa na Galipedia sen lle eu aceptar as desculpas, cousa que considero imposible, esquecédevos de min. Eu metín a pata, como digo nese fío, rectifiquei -aseguro- en menos dun minuto; pero o que ocorre é que eu non debía aturar o que se me dixo.
Ou Estevoaei ou eu. Vós decidides--Xan de ningures 00:41, 4 abril 2009 (UTC)
- Sexa cal sexa a resolución, espero que se me comunique. Ollo!: Máis dun usuario pode descansar tranquilo sen min--Xan de ningures 00:46, 4 abril 2009 (UTC)
Imaxe
[editar a fonte]Ola, Lameiro. Ao final borrei a fermosísima e simpatiquísima imaxe da Mata do porco. É de supoñer que esa peza ten un deseñador, e é de supoñer que ese deseñador non morreu antes de 1939. É unha verdadeira mágoa. --Xabier Cid Conversa 21:51, 6 abril 2009 (UTC)
Liste
[editar a fonte]Ola Lameiro. Quizais poidas recupera-los bosquexos sobre museos e crea-lo do museo Liste, xa que hoxe saquei un par de fotos e, de crearse o artigo, subiríaas. Grazas. Un cordial saúdo. Alberte Si, dígame? 00:07, 8 abril 2009 (UTC)
- Moitísimas grazas, así dá gusto pedir favores... pido un bosquexo e fas en pouco tempo un boísimo artigo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 13:13, 10 abril 2009 (UTC)
Catedral da Maior (Marsella)
[editar a fonte]Boa noite, Lameiro. A ver se podes corrixir na páxina da portada a ligazón que trae embaixo da foto da semana. Acabo de crear o artigo para que non se vise en vermello. Teríalo que pasar da inexistente Catedral de Notre-Dame-de-la-Major a Catedral da Maior (Marsella). Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 19:50, 8 abril 2009 (UTC)
Santy1789
[editar a fonte]Grazas por botarme unha man co meu traballo para o colexio. Unha pregunta, como podo facer para borrar a mensaxe que me deixaches? Mais adiante teño pensado introducir algunha imaxe no meu traballo e mais ou menos teño unha idea de como se fai, pero se a pifio nalgun detalle non dudes en avisarme. Onde teño que poñer de onde saco a informacion?un saudo <smal>(Esta mensaxe deixouna Santy1789, ás 15:26 do 9 abril 2009, pero esqueceu asinar.)
O do traballo para o colexio sobre as centrais nucleares son eu.É que ando un pouco despistado.sinto <smal>(Esta mensaxe deixouna Santy1789, ás 15:29 do 9 abril 2009, pero esqueceu asinar.)
- Movo mensaxes para mellor comprensión e engado data e sinatura. Pedro --Lameiro (conversa) 13:56, 10 abril 2009 (UTC)
Vertebrados
[editar a fonte]Feito! Pero non lle vin a complicación, ;) --Xabier Cid Conversa 17:45, 9 abril 2009 (UTC)
votación
[editar a fonte]Abrín unha votación n'A Taberna sobre o tema das organizacións paramilitares/aramadas/terroristas... -- Norrin_strange (Fala-me) 21:20, 16 abril 2009 (UTC)
Usuario:Refoxeiro
[editar a fonte]Boa noite, Lameiro. Non perdas de vista ao usuario Refoxeiro, que leva unhas horas facendo unhas cousas moi raras e sen responder aos avisos. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 20:51, 17 abril 2009 (UTC)
- Lameiro, se estás por aquí, bótame unha man, porque Refoxeiro e Martiño1996 téñenme frito a artigos inútiles e edicións cando menos estrañas. Non creo que o fagan a mal, pero non responden aos avisos e seguen coa mesma teima dende hai horas. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 21:45, 17 abril 2009 (UTC)
- Perdoa a insistencia, Lameiro, pero é que o tipo non para quieto. Cópioche o que lle veño de deixar a Banjo na páxina de conversa: Hai un usuario, usuario:Refoxeiro ou usuario:83.36.99.213, segundo lle vaia cadrando, que anda a meter publicade a esgalla e saltándose todas as regras de estilo da Galipedia. Amais, ten a teima co escudiño de España e quítallo aos modelos de Ministros de España. O feito de que amais teña intentado insertar publicidade dun blog na páxina do concello de Dodro, lévame a crer firmemente que merece un bloqueo. Valora ti a situación, Banjo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:28, 17 abril 2009 (UTC)
RE: Vandalismos no historial
[editar a fonte]Feito! Xa están borrados do historial (as revisións só están dispoñibles para os administradores). --Toliño Fala aquí comigo 09:39, 18 abril 2009 (UTC)
Contixe, Tourón, Ponte Caldelas
[editar a fonte]Ola, Lameiro son ese que estou facendo mal na paxina de Contixe, eu so quero dar información do lugar, vexo que estou dando problemas na paxina e posme como intruso, ben pous perdoa por isto e digoche que nunca mais facerei nada na bosa paxina pra non entorpecer o teu traballo. saudos. José.
- (edición realizada polo usuario:80.31.72.141 ás 15:38 do 23 abril 2009. Colócoa aquí para manter unha ordenación cronolóxica).
- Ola Lameiro. Vexo que actuaches nos artigos de Contixe e Vilarchán. Ben feito. E xa sabes, se vas ir a Ponte caldelas, lémbrate de nós e saca unhas fotiños para subir aquí. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 19:56, 25 abril 2009 (UTC)
Fotazos
[editar a fonte]Que bonitas!! --Xabier Cid Conversa 20:03, 27 abril 2009 (UTC)
Nivel de risco para as especies
[editar a fonte]Ola Lameiro, o outro día por inspiración divina veume unha dúbida que seguro que ti sabes solucionarma. Ten que ver co risco das especies animais: o nivel de risco que adouta ir nun modelo a que debe referirse: a Galiza, á Península ou ó mundo enteiro. Poño un exemplo: a pita do monte está extinta en galiza, en perigo de extinción na península e non ten un nivel de risco preocupante a nivel mundial. Cal debería ir no modelo? En todo caso no corpo do artigo habería que falar dos tres casos, coido eu. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 19:52, 29 abril 2009 (UTC)
- Paréceme boa solución. A min o corazón tamén me dicía Galiza, pero supoño que é o mellor. Alberte Si, dígame? 21:30, 29 abril 2009 (UTC)
Ramón Piñeiro
[editar a fonte]Lameiro, digo eu que poderiamos pedirlles aos de Galaxia que nos cedesen os dereitos dalgunha imaxe de Piñeiro ou dunha portada dun libro de seu ou algo. Supoño que non lles ha importar. E a nós viríanos moi ben, porque este artigo cobra especial relevancia co gallo do das letras galegas. Sería bo ter máis imaxes. Que dis? Contactámolos? Poderiámolo facer por medio da páxina web, do blog ou eu tamén teño o enderezo electrónico dunha das rapazas que traballan coa edición. Se cadra, Xabier Cid ten un contacto máis directo. E cousa de preguntalo. Que che parece?--Atobar (conversa comigo) 22:04, 1 maio 2009 (UTC)
- Ben tirada esa foto da casa de Piñeiro. Outra cousa: moitas grazas polas correccións. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 14:33, 9 maio 2009 (UTC)
- nova d'El Progreso. Seica vén de saír algo sobre Piñeiro. Aquélalo ti no artigo cando teñas tempo, Pedro? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:49, 9 maio 2009 (UTC)
- Boas, Lameiro. Agora que vexo que andas a corrixir as grallas de lingua do artigo de Piñeiro, unha observación subxectiva: digo eu se non sería bo que pasasemos o texto ás formas máis comúns do galego moderno. Non me refiro ás máis modernas e polo de agora minoritarias como até, -bel/-beis, no entanto e todo iso, senón a unhas moito máis básicas e que segundo eu o entendo son amplamente máis empregadas polas institucións e mais pola elite intelectual do noso tempo, é dicir: ao/aos no canto de ó/ós e mover o no canto de move-lo. Pénsao e dime que che parece, eu non tería ningún reparo en darlle o repaso ao texto, todo o contrario. Loxicamente a decisión é túa, que es quen lle está botando horas ao artigo, entre outras cousas. Eu creo que sería interesante, pero non é máis ca unha cuestión estética. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 23:15, 10 maio 2009 (UTC)
- nova d'El Progreso. Seica vén de saír algo sobre Piñeiro. Aquélalo ti no artigo cando teñas tempo, Pedro? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:49, 9 maio 2009 (UTC)
- Feito!. Marcho para a cama, que mañá acordo cedo. Así e todo, déixoche unha listaxe pequecha con palabras que de máis a máis modifiquei, por se as queres repór:
mocedade>mocidade / recordar>lembrar / debilidade>febleza / estancia>estadía / calificar (que é incorrecta)>cualificar / cauce (que tamén é incorrecta)>modo (ou leito, se fose o caso dun río) / cafetería>cafetaría / invitado>convidado / cada un>cadaquén / establecer>estabelecer / prólogo>proemio / mentres(soamente nalgúns casos)>namentres, entrementres.
Iso vén sendo todo polo de agora. Graciñas sinceras por me permitires tirar de tesouras de poda. E, por certo, até, porén, en tanto, porén, -bel/beis, alén e tantas outras son galegas de pleno dereito tras as reformas (actualización) de 2003. Oíches, e eu tamén che son dos que estudou con ó/ós... hai que se pór á última, Pedriño! Un saúdo e grazas de novo.--Atobar (conversa comigo) 00:50, 11 maio 2009 (UTC)
- Máis: entrevista a Xusto Beramendi en Vieiros verbo de Piñeiro. Se tes tempo, mira o video, que é algo máis fidedigno ca a nova en si mesma. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 17:07, 11 maio 2009 (UTC)
- Olla para aquí, Pedro. Seica a mesa camilla é unha mesa braseiro en galego. Así o trase esta nova d'El Progreso. Non é erro da tradución ao galego, porque en castelán ten o mesmo termo. Curioso. Modificámolo no artigo?--Atobar (conversa comigo) 22:54, 12 maio 2009 (UTC)
- Xa, compréndote. Non obstante, tal como eu o entendo, o que pasou a historia foi o concepto da mesa camilla ou mesa de braseiro, sendo o termo mesa camilla un castelanismo innecesario e que ao meu ver está de máis. Coido que amais hai base na que fundamentarse, pois Vieiros, A Nosa Terra[1], El Progreso[2], Tierras de Santiago[3] ou a propia Editorial Galaxia [4] fan mencion disto xa coa palabra galega, dado por sentado que mesa camilla é un castelanismo perfectamente prescindíbel e tirando proveito dunha palabra galega que existe, se ben no seu momento se chamou así, se cadra por descoñecemento ou desleixo do galego da época (cómpre ter en conta que estabamos na ditadura e todo o mais nos comezos tímidos da democracia, e a saúde do galego estaba como estaba). Con todo, o teu xuízo tampouco non é errado, Pedro, pois o propio Freixanes[5] emprega o castelanismo nunha entrevista, malia que rapidamente engade o termo galego. Insisto, eu creo que cómpre modificalo ou ao menos atopar o xeito de aquelar a forma galega, para, como mínimo, facela constar. Por outra banda, soamente dicirche que é unha satisfacción facer este artigo contigo sobre Piñeiro, pois con todas as súas eivas é un personaxe ben importante do noso país ao cal non dubidei en citar nunha noveliña que teño publicada. Déixoche a frase da que me valín, que sei que a saberás aprezar: canto máis se identifica a razón coa realidade, máis se despersonaliza esa realidade. Un saúdo e decide o que mellor che pareza.--Atobar (conversa comigo) 23:49, 12 maio 2009 (UTC)
Mina/Minaría
[editar a fonte]Levas razón. O mellor tamén eu creo que vai ser levar o contido de mina a minaría, aínda que lle vexo algunhas pegas. Outra cousa que, por certo, coido que cómpre facer é unha páxina de homónimos de Mina. Graciñas e saúdos.--Atobar (conversa comigo) 14:22, 10 maio 2009 (UTC)
RE:Violación de copyrigth
[editar a fonte]Ola Pedro, Os alumnos/as saben que os artigos teñen que ser orixinais que non poden copiar sen máis o contido dos mesmos. Eu téñollo dito un millón de veces polo menos, máis eles son rapaces que pensan que as cousas pódense facer deste xeito (xa sabes copiar e pegar). A participación neste proxecto é voluntaria e eu insisto en que se non o toman en serio e millor que non fagan nada. Moitos desaforutnadamente só aprenden así, e polo menos que algúen descubra a copia sirve para que esta alumno/a pase algo de vergoña cando eu llo diga e tal vez aprenda a lección.--Calrosfking (FÁLAME) 16:46, 12 maio 2009 (UTC)
RE: Lixo
[editar a fonte]Non entendo o que me queres dicir. O que fixen foi fusionar os dous modelos ("lixo" e "lixoporque") para que funcionen coma un só, e así facer máis cómodo o marcado de artigos para borrar. Antes se incluías {{Lixo}} nun artigo só se marcaba para borrar, e se incluías {{Lixoporque|motivo para o borrado}} aparecía o motivo polo que se solicitaba a eliminación da páxina. Agora podes incluír {{Lixo}} sen máis ou {{Lixo|motivo para o borrado}}, e aforras o tempo de escribir "lixoporque" ou de trabucarte ao non te decatar de que para que apareza o motivo era o outro modelo. De todas as formas o "lixoporque" continúa activo e pódese seguir empregando sen problemas coma antes. Ao mellor estoute a liar máis con esta explicación... --Toliño Fala aquí comigo 15:34, 14 maio 2009 (UTC)
- Ao principio pensei niso, pero ao comprobar a categoría:Limpar e non velo categorizado alí (podía ser problema dun código mal colocado) crín que non entenderas (ás veces explícome moi mal) o asunto dos dous marcadores fusionados. Só me levou o tempo que perdín volvéndocho explicar... ;P Pero non pasa nada, ho! Deica loguiño! --Toliño Fala aquí comigo 17:29, 14 maio 2009 (UTC)
- Non hai problema Pedro, ti borra para diante pode que así fagamos algo bo deles. Cando remate o curso e teña máis tempo vou tratar de darlle un repasiño aos artigos que fixeron e xa me engargo eu de amañalos.--Calrosfking (FÁLAME) 20:30, 17 maio 2009 (UTC)
RE: Páxina de usuario
[editar a fonte]Cando vin o título crín que ía ser algo máis difícil... :P Mira a ver se é o que querías. Explícote polo miúdo: para cando queiras que o índice vaia noutro lugar que non sexa antes das seccións (vamos, que unha sección vaia antes do índice), só tes que colocar __ÍNDICE__
(tamén serve en inglés: __TOC__
) onde queiras que este apareza. Máis nada, saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:31, 18 maio 2009 (UTC)
A Pobra
[editar a fonte]Pois tes razón Lameiro, o contido que se engadiu dá moito traballo reformalo. En principio que o contido veña da páxina aquela non é problema, ademais dos mesmos autores, na páxina teñen unha licenza compatible. A verdade é que sendo alumnos penso que temos que facer un traballo para non ser duros. Conste que non lin todo o que engadiron, pero habería que ver se hai algo aproveitable para deixa-lo ben posto e ensinarlles como vai o tema da enciclopedia. Ti que xa liches todo da outra vez, non hai nada aproveitable? Facéndolle unha seitura igual parte da contribución pode quedar. En todo caso haberá que falar co centro para ver de mellorra-lo xeito de colaborar. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:59, 20 maio 2009 (UTC)
Imaxes de Ramón Piñeiro
[editar a fonte]Síntoo, pero non me deu o calendario para facer as xestións que se precisaban ao respecto. Desculpa por estas semanas de ausencia. Non sei se poderei ter un mellor ritmo nas vindeiras, pero tentareino. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:07, 21 maio 2009 (UTC)
Consellaría
[editar a fonte]Grzas de novo, Lameiro, por avisarme a tempo. --Xabier Cid Conversa 18:56, 21 maio 2009 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Síntoo, é que ao estar facendo trocos nas categorías debínme despistar, agora mesmo o cambio. Moitas grazas polo aviso.--Adorian 14:25, 6 xuño 2009 (UTC)
- RE: categoría en "Páxina de conversa...": Metín o artigo na Categoría:Wikipedia, que é onde aparece tamén, por exemplo a páxina "Espazo de nomes". Ao mellor Iago, que controla máis do tema das categorías, sabe se existe (ou se crear) outra mellor. Por certo, vou mirar a incongruencia que comentaches na Taberna. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:06, 7 xuño 2009 (UTC)
Os Ánxeles
[editar a fonte]Ola Lameiro. Mentres estaba inserindo imaxes atopei un ligazón rota cara Os Ánxeles (en total hai máis de 200 rotas) e vin que moveras a páxina coa dupla de nomes, non sei se o falastes nalgún sitio pero non vexo erro ningún no título Los Angeles sen til, posto que é así o nome en inglés. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:49, 8 xuño 2009 (UTC)
Artigos sobre toxicoloxía
[editar a fonte]Boas Pedro. Arquimedes pediume tempo para corrixir os artigos sobre toxicoloxía (na miña conversa) que ti vas borrando. Creo que entre todos podemos axudar co formato e logo ela se encargará de revisar os contidos dos artigos. Polo de agora vou restaurar os que borraches e marcalos como que serán revisados e formatados. --Toliño Fala aquí comigo 19:04, 11 xuño 2009 (UTC)
- Boas de novo. Gustaríame que para termos un mellor seguimento dos artigos engadises os que falten (se se me escapou algún) e os que se vaian creando á miña subpáxina: Usuario:Toliño/Toxicoloxía. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:33, 11 xuño 2009 (UTC)
Primeira Guerra Mundial
[editar a fonte]Ola! Estes días estiven redactando uns cantos artigos sobre a I GM: ofensiva do Somme, batalla das fronteiras e algún máis. Creo que debería existir unha subcategoría dentro da IGM das batallas, como hai noutras wikis. Que che parece? Silverfox 01:23, 13 xuño 2009 (UTC)(conversa)
- Grazas pola axuda, xa están todas as batallas na nova categoría. As próximas que redacte, xa as meto directamente.
Silverfox 17:40, 13 xuño 2009 (UTC)(conversa)
Primeiro Imperio Francés
[editar a fonte]Ola! Por casualidade cheguei ata este artigo: Primeiro Imperio Francés e púxenme a ler. Resulta que en certos puntos, en especial no último parágrafo, hai contidos claramente pro-napoleónicos que vulneran na miña opinión a neutralidade do artigo. Afirmacións coma estas:
- os Borbóns desencadearían a onda de infames masacres punitivas coñecidas como "o Terror branco, ordenadas directamente por Lord Liverpool, primeiro ministro inglés
ou
- A primeira acción de Napoleón foi ofrecer a paz ás potencias europeas. Estas, con todo, novamente asalariadas por Inglaterra, apresuráronse a montar unha nova ofensiva contra Francia, levando a cabo unha nova e inxustificable inxerencia na política desa nación
Indaguei un pouquiño e descubrin que o devandito artigo é recente (2 de maio de 2009) e non sufriu correcións, só engadidos de interwikis. Resulta que é igual có castelán, que é moito máis antigo, así que se trata dunha tradución que mantén os erros do artigo orixinal es:Primer Imperio Francés. Tanta parrafada é para dicirche que lle puxen un modelo de aviso da non neutralidade. Se podes bótalle unha ollada a ver que opinas ti. Se estás dacordo, podemos corrixilo e adaptalo porque moitos dos contidos son aproveitables. Un saúdo
Silverfox 04:28, 14 xuño 2009 (UTC)(conversa)
O Mosteiro, Meis
[editar a fonte]Grazas polas túas achegas. Mira logo o artigo O Mosteiro, Meis, a ver que che parece como queda. Puxen a foto que subiches. Penso que tamén arranxei as caixas de parroquias e as ligazóns. Se o ves necesario, ponlle ti as referencias.
Grazas tamén pola nota sobre Buxán. Penso que quizáis te interpretei mal e eu mesmo me expresei mal. Evidentemente tes toda a razón ao dicir que a decisión de borrar ou corrixir (para manter) un artigo non pode tomarse tendo en conta que "se se borra, seguramente vai ser creado de novo". Pero crin que pagaba a pena mantelo. De feito, teño a intención (algún día) de crear algúns artigos de Sociedades galegas da emigración, sobre todo as históricas. Penso que é un dos (moitos) ocos que ten a Galipedia. En fin, grazas, e saúdos. --Xas (fálame) 01:29, 18 xuño 2009 (UTC)
Nuremberg
[editar a fonte]Ola Lameiro. Eu eliminaría Nuremberg - Nürnberg. Porén deixaría Nuremberg por ser frecuente a súa escrita, así quedaría de redirección. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:09, 20 xuño 2009 (UTC)
Historiais
[editar a fonte]Boas Lameiro! Unha cousa, as conversas arquivadas se queres mudalas de sitio, para que non perdan o historial de tódolos usuarios que che escribiron, hai que facelo mediante un movemento, xa que eliminando a conversa arquivada e creala de novo pegando o texto elimina as edicións dos usuarios. Se non tes gañas e queres que o faga eu, estou á túa disposición. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:18, 20 xuño 2009 (UTC)
- Perdoa, trabuqueime. Os arquivos de conversas que eliminaches non contiñan o historial dos usuarios, xa que as crearas copiando e pegando, polo que o historial consérvase no orixinal Conversa usuario:Lameiro. Polo tanto o que fixeches ben feito está. Perdoa pola equivocación. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:38, 20 xuño 2009 (UTC)
Forca
[editar a fonte]Feito!. Paseino todo a Forca e fixen redirección dende Aforcamento. Coido que é o máis lóxico. Graciñas, Pedro. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 14:34, 21 xuño 2009 (UTC)
Factores de susceptibilidade
[editar a fonte]Boas, Pedro. Copio e pego o que me escribiu a usuaria Arquimedes hoxe á tarde: Ola Atobar, pediríache que borrases o artigo da serie de toxicoloxía titulado: Factores de susceptibilidade en teratoxénese. A razón é que xa pasei(e corroxín algo) o seu contido o artigo principal "teratóxeno", como un epígrafe mais, xa que ese é o sitio mais axeitado para a súa ubicación. Obrigada e un saúdo.--Arquimedes 17:45, 30 xuño 2009. Déixoo nas túas mans. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:42, 30 xuño 2009 (UTC)
Síntoo, pero segundo o meu entendemento a imaxe do título supón unha violación dos dereitos de autoría.
O feito é maiormente grave (quizais) por estar aceptada como imaxe da semana.
Comunícocho porque a marquei como copyvio dado que na Galipedia non se admite a cesión dos dereitos de autoría. A única alternativa que temos para que nos sexan cedidos eses dereitos é seguir o expresado en Commons:OTRS/gl e subir as imaxes a Commons. Un cordial saúdo. -- Lmbuga / Conversa comigo 01:34, 1 xullo 2009 (UTC)
- Despois de editar en varias páxinas comentando o caso da imaxe deime conta do mal que podía facer con ditas edicións (mais xa é tarde para rectificar). Desexo aclarar que isto -esas edicións- non é -ou son- unha crítica ó teu labor nin como usuario nin como administrador. Baixo ningún concepto me gustaría que pensases que eu te cuestiono. Pensar tal cousa sería unha posibilidade que en ningún momento se me pasou pola cabeza, iso si, acabo de me dar de conta de que se lle pode pasar pola cabeza a outros.
- Precisamente, porque se lle pode pasar pola cabeza a outros, creo que é relevante que indique que nas miñas palabras non hai animadversión cara a ti, que non sinto ningún ánimo -sería absurdo, pois nunca nos vimos enfrontados- de revancha ou enfrontamento e, o que considero máis importante, que valoro o teu labor na administración moi positivamente e considéroo fundamental para a boa marcha do proxecto.
- Gustaríame que as miñas palabras non minorasen o teu ánimo de seguir colaborando tal e como estás colaborando no proxecto. Desexaría aclarar que eu son no proxecto un mero aditamento, un usuario prescindible, un usuario que pode ser ignorado sen que nada ocorra. Ese non é o teu caso.
- Inda é máis: Creo que outra vez puiden actuar de xeito que poida ser un factor que cree desequilibrio no proxecto cando esa non era a miña intención. Podo explicar a miña intención, intención quizais debida a cuestións técnicas máis ca a unha visión de futuro que debín ter no seu momento e non tiven,
- Sinto que me doese ver aprobada unha imaxe como imaxe da semana que eu considerase un copyvio. En realidade o que sinto é ver que, se eu xogase o papel que noutrora estaba a xogar na Galipedia, iso non tería ocorrido.
- Creo que me excedín no que fixen hoxe, mais, aínda que me puidese exceder, non desexei en ningún momento atacarte.
- Desculpa, se podes, o que fixen. Eu non desexo saber máis nada deste asunto, por min como se a imaxe é imaxe da semana, dáme igual.
- O meu proceder só é explicable desde os instantes en que imprequei a outros usuarios para que subisen a Commons imaxes como esa. En realidade o que ocorre é que, coa presenza desa imaxe como imaxe da semana, vexo cuestionado o meu labor e o labor doutros que aquí estivemos.
- Mais non hai nada persoal, non teño nada que cuestionarte. Sinto crear conflito, non era o que desexaba. Perdoa-- Lmbuga / Conversa comigo 03:29, 1 xullo 2009 (UTC)
- Procedo a retirar as miñas palabras das páxinas en que editei relacionando a edición anterior. Só se me ocorre iso para rectificar. Reitero que espero que expresamente me perdoes-- Lmbuga / Conversa comigo 03:57, 1 xullo 2009 (UTC)
- Xa non podo facer máis. Tachei as miñas palabras alí onde as expresei. Síntoo-- Lmbuga / Conversa comigo 04:06, 1 xullo 2009 (UTC)
- Procedo a retirar as miñas palabras das páxinas en que editei relacionando a edición anterior. Só se me ocorre iso para rectificar. Reitero que espero que expresamente me perdoes-- Lmbuga / Conversa comigo 03:57, 1 xullo 2009 (UTC)
RE: Redireccións e traslados
[editar a fonte]Feito! --Toliño Fala aquí comigo 11:41, 4 xullo 2009 (UTC)
benzodiacepina
[editar a fonte]Ola Lameiro, estiven botando un vistazo artigo e tes razón, é moi dificil de entender. E un dos artígos que non estaban autorizados a ser colgados na rede sin volver a revisar, pero como xa estaba rematando oc curso, pois colgouno igual. Esta semana, en canto teña tempo xa lle voto unha man, e simplificoo porque ten moitos datos supérfluos. En canto as unidades do Vd están ben, xa que ainda que o mais normal e empregar as unidades de volume (L), tamén se pode facer desta maneira (L/Kg), xa que non son volumes reaís. Podes ver estas páxinas, onde o explica mais ou menos: http://www.boomer.org/c/p3/c05/c0507.html http://web.vet.cornell.edu/public/pharmacokinetics/pk/avd.html Moitas grazas, e saúdos.--Arquimedes 21:53, 4 xullo 2009 (UTC)
Mercurio
[editar a fonte]Ola Lameiro. Pois ao final fixen un apartado de Vacinas e tiomersal, mais bótalle unha ollada por se cres conveniente mellorar. A verdade é que con mercurio por tantos lados (algúns peixes, antigos termómetros, amálgamas dentais, cosméticos, vacinas etc) e sabendo que é tóxico, ao meu entender debérase de evitar o seu uso. Con respecto aos estudos, din que non hai evidencias abondas de toxicidade, pero non descartan que poida haber relacións do tiomersal con algúns trastornos e recomendan facer máis estudos. Así e todo, concordo contigo en que hai que ser imparcial e explicar as distintas opinións e estudos existentes até o momento. Grazas pola túa colaboración, e moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 20:05, 5 xullo 2009 (UTC)
RE: Imaxes
[editar a fonte]Como poderás comprobar, a categoría:Imaxe da semana (ollo, non é a mesma da que ti me falas) está marcada para fusionar desde hai tempo con categoría:Imaxe da Semana (S maiúsculo en Semana). Marqueinas hai tempo para así podelas agrupar por anos; de feito, as do 2009 xa están na subcategoría correspondente (Categoría:Imaxe da semana en 2009) e ordenadas cronoloxicamente como ti queres. En principio o máis doado é facelo cun bot, porque a man é moito choio, non obstante, o que ti me pides só se pode facer a man porque hai que interpretar a cronoloxía e saber cando o ficheiro foi imaxe da semana. Arestora estou moi atarefado rematando de dar formato e corrixir a lingua nos artigos sobre toxicidades (logo terá que revisalos outra persoa máis para confirmar que está todo ben) así que non te podo axudar. Quizais dentro dunha semana longa (10 días?)... pero non cho garantizo porque a finais deste mes marcho e andarei arredor dun mes ausente. Síntocho. --Toliño Fala aquí comigo 11:56, 7 xullo 2009 (UTC)
Arquivar páxina de conversa
[editar a fonte]Como se fai para arquivar e baleirar a páxina de conversa do meu usuario, que, en efecto, xa é longa de máis. Poderíasmo facer ti, Pedro? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:16, 11 xullo 2009 (UTC)
- Eu póñome nas túas mans. Fai como creas mellor, é para facelo diáfano. Máis nada. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 22:23, 11 xullo 2009 (UTC)
- Moitas grazas pola axuda, Pedro. Fica moito mellor así como está agora. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:30, 12 xullo 2009 (UTC)
Re: Categoría:Parroquias de Galicia sen imaxes
[editar a fonte]Ola Lameiro. Tes razón xa hai moitas imaxes nesa categoría. En principio a cousa era determinar o número de parroquias sen imaxes, xa que hai tantas comezarei a subdividir a categoría. Aquí vai a información das parroquias sobre as que me preguntas:
- O Grove: O Grove, O Grove; San Vicente do Grove, O Grove
- Sanxenxo: Adina, Sanxenxo; Arra, Sanxenxo; Gondar, Sanxenxo; Nantes, Sanxenxo
- Meis: Nogueira, Meis; Paradela, Meis; San Lourenzo de Nogueira, Meis; San Martiño de Meis, Meis; San Tomé de Nogueira, Meis
- Cambados: Oubiña, Cambados
- Vilagarcía de Arousa: Arealonga, Vilagarcía de Arousa; Cea, Vilagarcía de Arousa; Cornazo, Vilagarcía de Arousa; Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa; Rubiáns, Vilagarcía de Arousa; Sobradelo, Vilagarcía de Arousa; Sobrán (San Martiño de Fóra), Vilagarcía de Arousa; Solobeira, Vilagarcía de Arousa; Vilagarcía, Vilagarcía de Arousa
- Ribadumia: completo
- Meaño: Dena, Meaño; Lores, Meaño; Meaño, Meaño; Padrenda, Meaño
- Vilariño de Conso: Castiñeira, Vilariño de Conso; Chaguazoso, Vilariño de Conso; Conso, Vilariño de Conso; Mormentelos, Vilariño de Conso; Pradoalbar, Vilariño de Conso; Sabuguido, Vilariño de Conso; San Cristovo, Vilariño de Conso; San Mamede de Hedrada, Vilariño de Conso; Veigas de Camba, Vilariño de Conso; Vilariño de Conso, Vilariño de Conso
- A Illa de Arousa: hai algunha imaxe pero non virían mal máis imaxes
Se fas algunhas fotos, por poucas que sexan, terán moito valor para completar esa parte da Galipedia que xa vai tomando forma. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:20, 11 xullo 2009 (UTC)
- Ola Lameiro. Agás algúns artigos soltos xa está rematada a clasificación das parroquias sen imaxes por concellos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:22, 13 xullo 2009 (UTC)
- Polo que vexo esas dúas parroquias non estaban clasificadas como parroquias sen imaxes, por iso non hai ningunha categoría que retirar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 13 xullo 2009 (UTC)
- Con esas parroquias fixen unha revisión directa "rápida", non seguín a categoría Parroquias de Galicia sen imaxes porque como ti moi ben sinalaches levaría moito tempo localizalas. Por ese motivo reclasifiqueinas (as que estaban na categoría que só son unha parte polo de agora) para que a busca sexa realmente útil. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:21, 13 xullo 2009 (UTC)
- Polo que vexo esas dúas parroquias non estaban clasificadas como parroquias sen imaxes, por iso non hai ningunha categoría que retirar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 13 xullo 2009 (UTC)
RE: ...Problemas técnicos? ;P
[editar a fonte]Desta volta non puido ser máis doado: o problema era no s de semana, que é minúsculo e non maiúsculo como ti o puxeras. Deica! --Toliño Fala aquí comigo 15:19, 12 xullo 2009 (UTC)
O artigo foi abandonado fai máis dun ano. Retirei a marca {{enuso}}. Desculpa e adiante. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 13:18, 13 xullo 2009 (UTC)
parroquias sen fotos
[editar a fonte]Ola Pedro!
Atopábame co mesmo problema ca ti, non saber que parroquias están sen fotos para organizar as excursións fotográficas. A partir desta categoría, e vendo a mensaxe que che deixou Prevert, vexo que aínda hai moita tarxeta que encher. Comezas ti polo Salnés, eu eu cando poida achégome cara ao sur e o interior da provincia? Quizais é mellor "dividir" o traballo de antemán, porque sería terrible, (aínda que moi divertido) coincidirmos os dous tirando fotos nos mesmos lugares.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:00, 13 xullo 2009 (UTC)
Xunguir
[editar a fonte]- Tes toda a razón do mundo, non me expresei ben, pode ter outros usos pero o que quería dicir é que non é sinónimo de unir, máis ben de enganchar ou suxeitar, ou cando menos esa é a idea que eu teño, quizais o vira no Gran Xerais ou aquí, xa non recordo.--RNC 14:07, 15 xullo 2009 (UTC)
Cabaceiro da Fonsagrada
[editar a fonte]Desculpa que non vise a túa mensaxe, acabo de reparar agora nela. Editaron a seguinte mensaxe e pasóuseme a túa, acabo de vela. Póñome a lela inmediatamente-- Lmbuga / Conversa comigo 18:46, 15 xullo 2009 (UTC)
- Tes razón, o problema debe estar no nome. A imaxe nada ten que ver co que eu pretendín incorporar por seguramente escribir o nome doutra imaxe. Procedo a retirar a imaxe e a revisar as imaxes de Commons que puidesen pertencer a esa categoría. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 18:51, 15 xullo 2009 (UTC)
- Hai unha imaxe de Commons que non temos na Galipedia, pero non podemos empregala porque na Galipedia hai outra con exactamente o mesmo nome. Eu considero de maior calidade a imaxe de Commons, pero non vexo maneira de darlle entrada na Galipedia, mesmo penso que non é posible (xa me ten pasado outras veces)-- Lmbuga / Conversa comigo 18:58, 15 xullo 2009 (UTC)
- É posible (so se me ocorre isto para comprender o que pasou, pero a verdade é que me parece moi raro) que a imaxe que eu incorporei nos artigos procedente de Commons fose borrada en Commons e posteriormente fose creada unha imaxe totalmente diferente co mesmo nome. Ser é posible, pero moi raro Quizais nesa época eu non atendese as licenzas e características das imaxes de Commons á hora de incorporalas á Galipedia, sexa como sexa, o erro é meu. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 19:01, 15 xullo 2009 (UTC)
- Hai unha imaxe de Commons que non temos na Galipedia, pero non podemos empregala porque na Galipedia hai outra con exactamente o mesmo nome. Eu considero de maior calidade a imaxe de Commons, pero non vexo maneira de darlle entrada na Galipedia, mesmo penso que non é posible (xa me ten pasado outras veces)-- Lmbuga / Conversa comigo 18:58, 15 xullo 2009 (UTC)
Esa sería unha solución, pero eu non molestaría a ninguén solicitándolle que volvese subir unha imaxe que subiu correctamente. En tal caso faríao eu, pasaría eu o traballo de renomear a imaxe e de solicitar o borrado da orixinal por chocar cunha de Commons, comunicaríallo indicando as causas ó usuario que subiu a imaxe.
Non sei, quizais ás veces me pase de considerado (e outras todo o contrario). Agora está desactivada a subida de imaxes, o sistema non deixa subir imaxes á Galipedia.
De tódolos xeitos, ando a pensar que non estaría de máis crear unha etiqueta que expresase o seguinte: Esta imaxe debería ser renomeada por haber unha imaxe en Commons con exactamente a mesma denominación. Se crease eu esa etiqueta e dese aviso ó usuario que subiu a imaxe antes de facer o renomeamento creo que todo o proceso sería menos conflitivo ou dubidoso. Non o fixen por meditalo máis xa que creo que xa temos moitas etiquetas para imaxes. Eu sei as etiquetas que hai, coñézoas todas, pero pregúntome se resulta útil para a comunidade crear etiquetas por cada pequeno conflito que poida acontecer, dado que poucos saben de todas elas. Ó mellor estou dicindo unha parvada e o preferible é crear etiquetas e publicalas en Wikipedia:Lista visual de marcadores de mantemento de imaxes. Ultimamente cústame tomar decisións-- Lmbuga / Conversa comigo 21:03, 15 xullo 2009 (UTC)
- Penso que crear esa etiqueta sería unha boa idea, pois non é ese o único caso, pero non son moitos os casos, quizais eu non vise máis de catro e agora mesmo non me acordan. Se se crease esa etiqueta, esas imaxes estarían categorizadas e podería lembralas. Non sei o que é mellor, creo que eu non son o mellor para tomar esa decisión-- Lmbuga / Conversa comigo 21:19, 15 xullo 2009 (UTC)
- A ver se respondo a todo o que dis.
- En primeiro lugar, durante as dúas últimas horas non puiden subir imaxes á Galipedia porque pecharon o sistema de subir imaxes. Non se debe, case seguro a nada especial, polo que pon a mensaxe están facendo algún tipo de revisión do sistema que impide subir imaxes á Galipedia. Non creo que sexa máis ca iso. Quizais en media hora, ou quizais xa agora mesmo, poidamos xa subir imaxes.
- Sobre o que andabamos a falar: Concordo contigo en avisar antes de facer algo, pero non creo adecuado solicitar a alguén que volva facer algo que xa fixo e que fixo correctamente. Se o trato que tes con ese usuario é próximo non haberá problema, pero ¿que ocorrerá se a ese usuario xa lle marcaches dous artigos para borrar? O máis probable é que te metas en problemas ou discusións.
- Eu sempre ando a mirar o que pode ocorrer e miro de crear sistemas para que non haxa problemas.
- Eu sempre considerei que temos que ter sistemas de aviso automatico que nos protexan, cando as actuacións non son exclusivamente persoais, de que outros usuarios consideren que as actuacións son exclusivamente persoais. Para iso valen (valen para máis cousas) as marcas das imaxes. Quero dicir con isto que se hai unha marca (como Modelo:NomeImaxeIncorrecto) instituída na Galipedia e ti lla colocas a unha imaxe, ti nunca poderás ser criticado por decidir que as imaxes con nome absurdo deban ser renomeadas (que é o que di ese modelo). Ti vas estar, cando menos a ese respecto a salvo: Se esa marca está instituída (dá igual que fose aprobada ou non) a queixa non se realiza sobre ti, realízase sobre a marca.
- Os usuarios que nomeas son uns marabillosos usuarios que están integrados na comunidade e colaboran ó 100%. ¿Pero que ocorre se o seguinte usuario ó que tes que indicarlle que sería preferible que subise de novo a imaxe non ten esas condicións ou é un usuario díscolo (non digamos xa que poida ser vandálico)?
- A marca serve para marcar a imaxe e respectuosamente comunicarllo ó usuario sen ter maiores responsabilidades na decisión. A decisión é da comunidade e calquera protesta debe realizarse sobre a marca e non sobre ti.
- É por iso polo que eu non me encontro moi seguro á hora de crear novas marcas (modelos para marcar imaxes). Acabo de escribir en Usuario:Lmbuga/tmp unha primeira versión do que podería ser a marca e o aviso ó usuario.
- Espero que todo o que che digo non che resulte moi estraño, ó mellor ando eu mexando fóra do...-- Lmbuga / Conversa comigo 22:08, 15 xullo 2009 (UTC)
- Xa se pode subir imaxes, levo dúas horas intentado subir Ficheiro:Abella, Teo, Galiza 090714 12.JPG, por fin-- Lmbuga / Conversa comigo 22:12, 15 xullo 2009 (UTC)
Fauna de Galicia
[editar a fonte]Hola, Lameiro. A categoría debe ser cousa do modelo, porque eu non a puxen intencionadamente. No referente aos nomes das ordes, ireinos revertindo conforme vaia repasando os artigos que creei.--Hugo22 12:09, 16 xullo 2009 (UTC)
RE: Categoría:Especies non ameazadas
[editar a fonte]Pois categorízase por mor do taxobox. Por se che interesa, hai algúns animais categorizados en Categoría:Especies medianamente ameazadas. Elimínoos tamén? --Toliño Fala aquí comigo 12:42, 16 xullo 2009 (UTC)
Ránking / Clasificación
[editar a fonte]Boas, Pedro. Ranking ou Ránking en galego é clasificación. Pego o dito na Taberna no seu momento: stereo, e-mail, e-learning, fast food ou ranking, que en galego serían respectivamente estéreo, correo electrónico, teleformación, comida rápida e clasificación. Sempre que teñamos palabra galega, palabra galega temos que poñer. Porén, cando a RAG recolla o estranxeirismo, daquela haberá que o deixar estar se foi a opción do primeiro editor. Un exemplo: récord, que eu teño a tendencia de arramplar para pór marca, o que terei que deixar de facer.. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:01, 16 xullo 2009 (UTC)
Gastronomía
[editar a fonte]Pedro, vin que mudaches a categoría de Galiza e País Vasco de Gastronomía por países a Gastronomía de España. Eu coido que concretamente nestes dous casos a Gastronomía por país lles acae ben, sobre todo pensando que noutros aspectos da Galipedia temos a dobre opción de por Galiza ou España como país, por exemplo nos modelos de seleccións, nos de cantantes ou actores. Ambas as dúas opcións están ben, supoño. De aí que igual sería bo deixar a categoría por país. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:46, 17 xullo 2009 (UTC)
- Entendo. O que pasa é que ao meu ver unha das caraterísticas que diferencian a Galipedia da wikipedia en castelán é unha disposición constante para solventar polémicas do modo máis respectuoso posíbel. Certamente, unha vantaxe de peso. Separar Cataluña, País Vasco e Galiza do conxunto da gastronomía española, como dis, sería tomar partido. Non obstante, co gallo de centrármonos en Galiza nesta wikipedia en concreto non pasa nada por deixala estar en Categoría por país. Por outra banda, tamén eu reparei neste tema das dobres nacionalidades galego-española para segundo que cousas e penso que unha opción lexítima, boa e mesmo visionaria sería comezar a abrir a mira e falar dende un prisma peninsular. De tal xeito evitaríase a polémica, engadiríase veracidade ao dito e non se deixaría espazo para a discusión inutil. Un exemplo, as cordilleiras. E logo non hai montes que tocan Galiza e Portugal, España e Portugal, Cataluña e España? E para isto da Gastronomía, máis acaído se cadra. Unha categoría Gastronomía da Península Ibérica deixaría á marxe os barullos de opinión e sería moi interesante. Gastronomía de Portugal, de Galiza, de Castela, de Andalucía. Moito mellor, non si? Bueno, igual este tema deberíamos pasalo á taberna. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:08, 17 xullo 2009 (UTC)
Leixaprén
[editar a fonte]Xustamente era iso. Grazas.--RNC 14:47, 17 xullo 2009 (UTC)
Re: Prebot
[editar a fonte]Ola Lameiro. Si, Prebot é cousa miña. Na reclasificación dos artigos Galicia en progreso o procedemento foi semi-automático: o bot localizou os artigos e manualmente confirmei os cambios, nalgúns casos trabuqueime (por exemplo poñendo como parroquia de Pontevedra unha que era da Coruña por causa de ter varias ventás abertas) pero desfíxeno en canto me decatei. Sobre o erro que me sinalas non podo determinar a causa, non é debido a unha orde incorrecta senón a algún tipo de erro técnico indeterminado polo tanto non puiden detectalo e se se volvera a producir tampouco tería opción de detectalo a non ser que revisara as páxinas unha a unha (unha vez editadas) algo que en principio non é viable. Quero dicir con iso que é dese tipo de erros inevitables. De tódolos xeitos tereino en conta e como prevención farei máis comprobacións aleatorias en diversos artigos. Por certo, grazas por corrixir o erro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:52, 17 xullo 2009 (UTC)
- Xa sabes que son igual de revisable ca todos, o que quixen dicir é que ese tipo de erros do bot é bastante inusual e non debería producirse. Tivo que haber algún tipo de meigallo técnico porque neses artigos en concreto eu vexo nunha pantalla a mudanza que suxire o bot e doulle a aceptar ou rexeitar manualmente, non o fai o bot por si mesmo. A pantalla que tiña presentaba a mudanza de {{Galicia en progreso}} por {{Concellos de Galicia en progreso}}. Nese caso o bot debía limitarse a mudar iso, non a truncar o artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:04, 17 xullo 2009 (UTC)
gracias pola explicación
[editar a fonte]Repetiría o mismo que puxe no artigo da Fala, pero o resumo: vendo aplicar a máxima de "muera la inteligencia!" non me sinto cómoda.--Gallita 22:34, 17 xullo 2009 (UTC)
Cóstame comprender a reversión e bloqueo que fas: por un lado subliñas a túa ignorancia do tema da Fala, e por outro lado tomas partido claro, revertendo una edición que ten referencias e bloqueando o artigo. Non será conchaveo, pero ¿que é logo? ¿en base a que revertiches algo que afirmas descoñecer e que estaba con referencias? Difícil de explicar, certamente. O peor é ver esa actitude prepotente, de actuar e logo explicar, sen preguntar. O que fixo as reversións nin se dignou a comentar, e sen embargo é a quen se lle fai caso, ¿por telepatía te pasou a explicación se ti dices que non coñeces nada sobre a Fala de Estremadura. Difícil de explicar, certamente. --Gallita 23:05, 17 xullo 2009 (UTC)
Fala
[editar a fonte]- Podes pasar pola conversa de Fala de Estremadura?, parece que houbo un acordo para editar aquí nun sentido determinado.--RNC 14:46, 18 xullo 2009 (UTC)
- Eles admiten que viñan en conxunción para introducir no artigo a súa propia visión, non un punto de vista neutral, nunha especie de campaña organizada o que queda lonxe da máis mínima ética, nesas condicións polo de agora non se debería desprotexer.--RNC 15:06, 18 xullo 2009 (UTC)
- Ademais, unha cousa, eles intentan dar a impresión de que o artigo non é neutral cando de feito si que o é plenamente, a maioría dos investigadores concordan coa súa clasificación como modalidade galego-portuguesa, hai diverxencias sobre se é realmente un dialecto do galego ou non.--RNC 15:16, 18 xullo 2009 (UTC)
- Habería que facer algunhas matizacións, poreime a facer algo concreto para realizar unha proposta nuns días.--RNC 15:26, 18 xullo 2009 (UTC)
- Hola, soy la IP que inició esto. He descansado unos días para no caldearme. Las dos IP que hemos actuado en el tema hemos hablado y hemos ido a editar algo que estaba mal: la afiramción donde decía que se considera muchas veces como un dialecto del gallego. Esto, literalmente hablando, es mentira. Lo más correcto es "algunhas veces é considerada dialecto do galego", como se puede ver en el pdf que mostró en la conversa el usuario RNC y en la página que mostré yo. Nosotros no estamos haciendo campaña ninguna, simplemente somos unos extremeños (sí, pero eso no implica hacer campaña) que hemos visto una cosa que está mal y lo hemos demostrado con referencias (además, no ponemos en duda su relación con el gallego en ningún momento, lo cual sería contradecir nuestras propias fuentes). Se nos ha intentado callar a base de conspiranoias sobre campañas, usuarios títere y malas formas, además de que prácticamente ningún comentario de usuarios de la Galipedia han ido orientados hacia lo que las fuentes dicen o hacia el problema que nos "ocupaba". Está claro que no lo queréis cambiar, lo cual evidentemente es una violación del punto de vista neutral y de la filosofía wiki, pero tenía que decirte todo esto porque vuestro comportamiento no hace bien a la Galipedia. Ahora probablemente me revertirás y santas pascuas, pero no habéis jugado limpio con vuestras descalificaciones. Poned lo que queráis, no volveré a editar (de momento) el artículo ni la conversa. 83.45.16.218 15:43, 20 xullo 2009 (UTC)
- PD: En el artículo del gallego pone directamente que la fala es gallego. Supongo que ya lo sabrás, y te importará una higa, sólo espero que seas consciente de que, según las fuentes especialzadas, eso es mentira (pues se trata sólo de una de las posibilidades... difícil creer que hay buena fe por vuestra parte). 83.45.16.218 15:43, 20 xullo 2009 (UTC)
Castela
[editar a fonte]Non estaría de máis crear unha categoría Castela para artigos históricos, categorizar a lista de reis de Castela en Castela e León esixiría tamén categorizala en Castela- A Mancha, Madrid, Rioxa, Cantabria ... A categoría Castela podería depender directamente de Historia de España, ao igual que facemos con Al-Andalus, dime que che parece. Ultimamente tiña un pouco esquecidos os artigos de linguas, verei que podo facer.--RNC 12:27, 19 xullo 2009 (UTC)
RE: Categorías
[editar a fonte]Xa estou traballando no das categorías que me dixeches, pero teño un pequeno problema. Hai algunhas modificacións que non estou autorizado a facer (ou iso creo); non podo editar as páxinas de usuario persoais sen consentimento e os usuarios categorizados en Categoría:Wikipedia:Wikipedistas de Galicia coido que non son moi asiduos, así que nin deixándolles mensaxe na conversa o imos arranxar. Pedirei consello a Prevert que é máis experto nestas cousas. --Toliño Fala aquí comigo 12:23, 20 xullo 2009 (UTC)
- Feito! Xa rematei co teu encargo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:26, 22 xullo 2009 (UTC)
Categorías requiridas de imaxes
[editar a fonte]Ola Lameiro.
Grazas por pensar en min á hora de traballar con esas categorías.
Actualmente teño algunhas dificultades persoais para estar a diario conectado e, polo tanto, para traballar na Galipedia, pero, como sabes, estou disposto a colaborar, estou disposto a colaborar mais alá do que pode colaborar un usuario normal (máis alá do que eu colaboraría se simplemente fose un usuario normal), sempre que se dean as condicións adecuadas.
Entre as condicións adecuadas, para min, estaría o feito de que non se me solicitase colaboración e ó mesmo tempo se me ignorase deixando de responder a mensaxe anterior.
Actualmente eu son un usuario normal, un usuario común, un usuario máis prescindible do que fun nunca, polo que, inda que poida ser máis ou menos experto en algo, non estou obrigado a desenvolver ningún labor. Tal e como te expresas na "solicitude de colaboración" (se é que é tal) semella que teño algún tipo de obriga. Eu non o sinto así, inda que estou disposto a colaborar ata case máis alá das miñas posibilidades, claro que depende de que me guste ou non o ambiente.
Sexa como sexa, estou disposto a colaborar. Non podo asegurar que sexa moi produtivo na colaboración ata setembro, pero algo é algo. A partir de setembro podo ollar polo miúdo as categorías que dis.
O problema que encontro para facer tal labor é que a listaxe que me pasas das categorías non me resulta útil. Non me resulta útil porque non son ligazóns. Poderían ser ligazóns a categorías non creadas, e que facendo click nesas ligazóns vise as imaxes que se poden incorporar. Actualmente non sei se as páxinas que me suxires son realmente categorías que puidesen ser empregadas na Galipedia, se son as verdadeiras ligazóns ou se son unha conxectura (se fosen ligazóns e non as presentases coma tales, suporia para min mais traballo do que deixas de facer ti).
Rogaríache que me expresases o procedemento que seguiches para te dares de conta desas "entradas" (quizais categorías) que observaches. Se realmente esas son as ligazóns exactas ás categorías e queres que eu as vexa, agradézoche que as coloques sendo ligazón, non como texto.
Se as colocas como ligazóns (inda que sexan ligazóns a categorías non creadas), mirareinas; se non as colocas así, dime como as descubriches pois serame máis doado traballar.
Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 15:39, 20 xullo 2009 (UTC)
- Coloquei a listaxe que me enviaches en Usuario:Lmbuga/Tarefas pendentes. Xa solucionei unha que era un erro no nome da categoría. Así que poida poreime coas demais. Hoxe mirarei unhas poucas, a medida que as vaia solucionando, borrareinas da listaxe. Se ves algunha máis, podes colocala ó fondo desa listaxe. Grazas. Se ves algunha outra cousa en que poida botar unha man, indícamo, pero non podo asegurar actualmente que faga as cousas con suma inmediatez-- Lmbuga / Conversa comigo 14:40, 21 xullo 2009 (UTC)
Categorías pendentes
[editar a fonte]Ola Lameiro. Se cadra estou falando de máis porque non seguín as mensaxes sobre as categorías pendentes simplemente sei que andades nelo. Só quería dicir que as categorías poden estar en vermello por moitas razóns e algunhas delas aínda que aparezan na lista non deben crearse por non seguir as regras de clasificación da Galipedia, porque están aí por ser categorías copiadas doutros wikis ou porque son categorías que implican algún tipo de valoración entre outras razóns. Descúlpame no caso de que a mensaxe non veña a conto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:35, 21 xullo 2009 (UTC)
- O certo é que eu xa creei noitas desas categorías antes de ler esta mensaxe de Prevert. As máis delas colocáraas eu, pero non as creara. O motivo de non crealas foi que non tiñan ningunha imaxe, só tiñán no seu interior unha páxina. Exemplo: non creei Categoría:Imaxes de Noctua pronuba porque só tería dentro de si a categoría Categoría:Imaxes de Noctua pronuba en Galicia. Agora xa creei unha chea delas. Crealas ten de bo que completa a estrutura. Non sei o que é mellor, pero non me parece mal crealas, no seu momento non o fixen por non o ter claro, pero preferín deixalas apuntadas-- Lmbuga / Conversa comigo 15:52, 21 xullo 2009 (UTC)
- Por outra banda, creei estas dúas categorías: Categoría:Imaxes derivadas e Categoría:Imaxes con formato incorrecto. Están categorizadas en Categoría:Imaxes con problemas, dentro da zona de Mantemento de imaxes.
- Estou seguro de que na categoría Categoría:Imaxes con problemas había máis categorías, categorías que se van enchendo ó colocar etiquetas que marcan as imaxes por problemas, como por exemplo ter un título incorrecto. Paréceme que, ó estaren nalgún momento baleiras, alguén as borrou, cando esas categorías non deberían ser nunca borradas. Habería que marcar dalgún xeito esas categorías para que no futuro non fosen borradas, creo-- Lmbuga / Conversa comigo 16:04, 21 xullo 2009 (UTC)
Rematei de revisar tódalas categorías que indicaras. Procurarei ser máis preciso á hora de traballar, pero non é doado. Case todas foron problemas meus, unhas veces sen querer e outras querendo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 00:44, 29 xullo 2009 (UTC)
Fala de Estremadura
[editar a fonte]Podes desprotexer Fala de Estremadura ?--RNC 15:39, 21 xullo 2009 (UTC)
- Envieiche unha mensaxe de correo-- Lmbuga / Conversa comigo 14:33, 23 xullo 2009 (UTC)
Grazas por desfacer edicións vandálicas
[editar a fonte]Ola Lameiro. Non sei o que pasou exactamente pero vexo que houbo moitas edicións vandálicas estes días. Poucas veces os colaboradores temos ocasión de agradecer o traballo que fan os administradores, ademais o verán acostuma ser un período moi esixente, de moito traballo para a administración. Aproveito a ocasión para darche as grazas por seguir aí adicando tempo a este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 26 xullo 2009 (UTC)
Subpáxina persoal
[editar a fonte]Ola! Pois non sei que obxecto ten esa páxina persoal, un artigo castelán, mais coido que pode mantela, xa que é unha páxina persoal. Con todo, supoño que me preguntas polo tema, polas categorías, que estando aí metidas aparecen no directorio de categorías requiridas. Supoño que se lle pode pedir ó usuario que as retire pola súa conta. Procedes ti coa petición? Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:32, 26 xullo 2009 (UTC)
- Xa me dirixín eu a Ecemaml e anulei as categorías da súa sub-páxina de usuario (fíxeno sen borrar nada):
-- Lmbuga / Conversa comigo 01:09, 29 xullo 2009 (UTC)
O que fazo?
[editar a fonte]Señor Lameiro, a "intención de demostrar que galego e portugués son a mesma lingua" non é a única (nin é pecado, delito ou crime). A galipedia non é para difundir ideas, claro, mas todos temos ideas e ninguén é neutro, nin sequera os autores de dicionarios, enciclopedias ou o que quer que sexa a galipedia. Os artigos poden conter "lusismos", lóxico. Tamén conteñen anglicismos e outros -ismos. E sempre pasan polo Ortogal (porque doutra maneira eu nunca podería escribir nunha ortografía que descoñezo; mas para iso é que serven os correctores), e ás veces polo Estraviz. Todo é normal. Tamén e-lo escribiren arxentinos na wiki en español (con arxentinismos), suízos na en francés, valencianos na en catalán, norteamericanos na en inglés, etc. Nada de mal niso. Fun expulso da wikipedia en español (non "española") por antiespañolista (sendo español) e por anticatalanista (sendo catalán), segundo as correntes que alá dominan. Pido liberdade tamén para continuar a colaborar. Dígame vostede o que teño que facer para permanecer na galipedia, se for posíbel. Se non, nada farei, por non poder. Obrigado (ou grazas). --Ibérico 21:50, 27 xullo 2009 (UTC)
- Levoume un bo cacho lelo todo. Noraboa pola túa actuación neste asunto, e grazas por actuares e estar aí-- Lmbuga / Conversa comigo 00:53, 29 xullo 2009 (UTC)
Como escribo tan mal en gallego, lo haré en español, para que se me entienda bien (o por lo menos mejor). Ya he cambiado cosas en mi página de galipedista. Cambiaré banderita y enlace (aunque he visto de todo entre los usuarios de las wikipedias, con las banderitas que quieren y con los enlaces que desean). Correctores sólo conozco el Ortogal. Dígame otro mejor. Pensaba que ése era normativo, sinceramente, pero en fin... Ya se sabe que en gallego hay por lo menos tres normas y, por lo más, siete u ocho, que van desde la que aquí se usa hasta la portuguesa total (con acuerdo o sin él). Mi ignorancia también tiene cura, por eso pregunto lo que ignoro. Hay muchas más cosas que me comentan, pero no quiero discutir tendiendo al infinito. Haré lo que se me exige en la galipedia, pero no fuera de ella. Será en agosto, que ahora escribo desde un ordenador ajeno y lejos de mi domicilio habitual. En cuanto a las correcciones, todos cometemos errores al escribir, y para eso están los demás usuarios, que corrigen (como también yo corrijo) lo que ven mal. Lo de las lentejas también lo decimos en mi pueblo. Salud y hasta pronto (espero). --Ibérico 20:38, 29 xullo 2009 (UTC)
Posíbel infracción
[editar a fonte]Boas, Pedro. Bótalle un ollo as contribucións deste usuario. Teñen un aquel de sospeitoso, ao meu ver. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:41, 29 xullo 2009 (UTC)
- Pois mellor así. O que si igual sería bo facer é arramplar co de persoeiros de sona das súas vilas, cando menos namentres non teñen artigo. Amais, ao artigo da vila en cuestión pouco lle aporta. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:11, 29 xullo 2009 (UTC)
- Bueno, Pedro. Convencíchesme. Déixao estar, logo. E xa que sabes algo do tema, a ver se te pos un día destes co artigo dalgúns destes artistas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:22, 29 xullo 2009 (UTC)
RE: Medic
[editar a fonte]O modelo:medic non é máis cá versión antiga do modelo:Aviso médico (agora a primeira é unha redirección cara á segunda, polo que son o mesmo). O que iso quere dicir é que se engada o {{Aviso médico}} ás páxinas desa lista que se creen. Só é iso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:16, 29 xullo 2009 (UTC)
RE:imaxes con problemas
[editar a fonte]Só puiden atender unha das imaxes. Mañá mirarei a outra. Síntoo, agora xa non podo-- Lmbuga / Conversa comigo 19:53, 29 xullo 2009 (UTC)
- Reparei na outra imaxe, pero cometín un pequeno erro pois pensei que era unha maxe subida á Galipedia, e era unha imaxe subida a Commons.
- Dirixinme a un administrador de Commons para borrar a imaxe, retirei a imaxe do artigo en que estaba presente na Galipedia, pero, para subsanar os meus erros, deberían -creo- ser borradas as páxinas seguintes:
- Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Vall de Xàlima.jpg (creada por min e absurda, pois é unha imaxe subida a Commons)
- Ficheiro:Vall de Xàlima.jpg, (páxina de datos da imaxe, nesa páxina non está a imaxe, a imaxe está en Commons).
- Por certo, bo traballo, especialmente con esta segunda imaxe. Sorprendíchesme.-- Lmbuga / Conversa comigo 22:32, 2 agosto 2009 (UTC)
Persoeiros de sona
[editar a fonte]Ala bou!!...pero teño que contrastar a información e facer que quede curriño.
Saúdos
La fabrica de nubes 10:49, 30 xullo 2009 (UTC)
Lavandula (nome científico)
[editar a fonte]Pedro, aí che vai a definición que dá Cumio: Planta arbustiva das labiadas (Lavandula lanata), de follas estreitas e agrisadas, coas flores azuis en forma de espiga, que recende intensamente. Moi usada en perfumería.. Valeuche? --Atobar (conversa comigo) 13:12, 30 xullo 2009 (UTC)
- Buscando cantroxo tamén no cumio di isto: m. Planta perenne da familia labiadas (Lavandula stoechas), parecida á lavanda. En troques, o IrIndo trae lavando cantroxo e arzaia como sinónimos. Logo está o xerais Castelán-Galego, no que aparecen dúas entradas dunha a outra lingua: Lavándula:lavanda e Lavanda:lavanda. Visto o percal, non sei se a suposta lavanda da foto é o cantroxo ou a lavanda en si, ou mesmo se, como di IrIndo son sinónimos e non flores semellantes. Por outra banda, mirando na rede vin esta foto supostamente da lavandula lanata, co cal non sería o caso da que aparece na foto do artigo. Eu pouco máis sei do tema, a ver como o solucionamos. Ocórreseche algo? --Atobar (conversa comigo) 14:08, 30 xullo 2009 (UTC)
- Moi completiño todo, Pedro. Graciñas. E amais bastante claro. Así as cousas, prégoche que fagas ti os cambios, porque seica tes a lección mellor aprendida ca min. --Atobar (conversa comigo) 14:34, 30 xullo 2009 (UTC)
Desculpa que non saiba o que é o RNC que ti dis, non sei para nada, nin imaxino, o que pode ser (xa mo explicarás algún día).
Por outra banda, ben sei que temos unha boa chea de imaxes en Categoría:Wikipedia:Imaxes sen licenza e Categoría:Imaxes sen orixe. Cando eu era admnistrador andaba no labor de reducir ese número. Creo que sen ter capacidade para borrar imaxes non podo botar unha man, pois non serviría para nada. Agora, polo que a esa cuestión respecta, o meu labor non é efectivo, pois non teño a capacidade de borrar (botaría unha man se puidese).
Si che podo explicar cómo eu procedía. O meu procedemento podía ser algo laborioso, pero creo que era adecuado (opta polo procedemento que desexes, o caso é ter un procedemento que permita ter xustificación).
Cando eu accedía a unha imaxe marcada como sen licenza ou sen orixe, reparaba en que tivese data. É dicir, se a imaxe era {{senOrixe}} non actuaba igual a se era {{senOrixe|15-09-62}}, para eu actuar facía falta que tivese data. Se non tiña data, colocáballa eu (coa data do día en que lla colocaba) e avisaba ó usuario que a subira.
Se tiña data, revisaba que o usuario que subira a imaxe fora avisado de que a imaxe podía ser borrada. Se fora avisado, borrábaa; se non fora avisado, avisábao.
Ti fai como vexas, pero pensa sempre que nos debemos ós usuarios e que noutro tempo (no 2005, 2004 e para atrás) as esixencias coas imaxes eran diferentes e os usuarios non están presentes.
Como non son administrador, non me compete decidir que é o que se fai ou pode facer, salvo que se abra unha discusión, cunha imaxe do 2005 sen orixe.
O asunto das imaxes sen orixe ou sen licenza son doadas desde o momento en que eu e Prevert nos empezamos a encargar delas (inda que tivemos ausencias polos conflitos que houbo e ben que se poden percibir). Se retrocedes a outros tempos -non cho recomendo- só podes entrar en conflitos ou en malestares.
Non entendas que quero condicinar a túa actuación coas miñas palabras, só che dou a miña opinión.
Noutras palabras: Hai moitas imaxes sen orixe, con orixe inválida, sen licenza ou con licenza invalida (procedentes dos primeiros anos da Galipedia)que non estan aí nesas dúas categorías, ou que si están. Eu seino e moitos tamén o saben. Eu pasei de actuar contra elas case sempre (algunhas veces non pasei) e abofé que outros usuarios -quizais non tantos- tamén pasaron.
Creo que os administradores doutrora procuramos que as imaxes do 2006 en diante tivesen coherencia, pero quizais non fomos capaces nin diso. Unha aperta-- Lmbuga / Conversa comigo 23:29, 2 agosto 2009 (UTC)
- Máis cometarios sobre o asunto, por favor, polo correo-- Lmbuga / Conversa comigo 23:56, 2 agosto 2009 (UTC)
Alfonso Vilar Lamelas
[editar a fonte]Graciñas por engadir imaxes, que era o único que me faltaba. ¿Agora pódese quitar o carteliño que puxen de "Artigo nos seus primeiros pasos"? A falta de modelos (Plantillas), fixen o artigo respetando os que habían doutros artistas. Non atopei modelo, non sei se os hai. Outra cousa que te quero comentar e o dos enlaces a outras wikis; por exemplo, neste artigo aparecen mencionados Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador que teñen artigos na wiki en castelán... Atobar di que sería recomendable deixalos en vermello por non ter artigo en galego o facelos respectivos artigos en galego...ti que opinas?
Un Saludo
La fabrica de nubes (fálame) 10:49, 6 agosto 2009 (UTC)
categorías
[editar a fonte]Boas Lameiro e Iago Pillado !
Xa me meto un pouco no mantemento das categorías, a suxestion de Lameiro axudoume a botarme, non é faena de lagarto ! A ver si logo de traballar o suficiente nelas podemos sacarlle algo, sen ser regras necesariamente, polo menos proxectos de recomendacións da comunidade. Para mín terian que ser recomendacións a) que permitan homoxeneizar e favorecer o díalogo no traballo dos usuarios que andan co mantemento das categorías ; b) que consoliden e melloren a arquitectura xeral.
Polo de momento eu propoñovos : de someter a comunidade un consenso sobre as categorías en vermello
- artigo en vermello = estamos no campo do coñecemento, a demanda de artigo sempre se pode discutir
- categoría en vermello = estamos no campo do mantemento e eu non vexo como podese ver colocar un pantalón nun caixón, si o caixón non esta nun moble, que non esta nunha peza dunha vivenda etc etc. (unha categoría xa creada si que ten relación co coñocemento, eso si, e polo tanto podese discutir, a arquitectura das categorías tamén, claro que si debese discutir, aquí non estou falando desto))
- proposta posible para o mantemento das categorías : borrar nos artigos as categorías en vermello (ágas casos xustificados, por estar en curso dalgún proxecto ou outra razón ) : o minino trocar por {{sencat}} para recollelo en PendenteCategoría, de non ter ou non saber atopar a categoría máis axeitada, trocar pola categoría da arquitectura das categorías da Galipedia que sexa o moble, a peza, a vivenda, a rúa, o pobo, o páís ....
- meritos da proposta : falicitar o traballo de mantemento de forma colabortiva. Esto ten muitos aspectos que non desenvolvo aquí. Só ilustro un que para mín é mui colaborativo por ganar tempo : no mantemento cotío podese borrar unha categoría en vermello dun artigo sen dominar o tema. No mantemento maís preciso nun tema que se domina ganase moito tempo para recategorizar ( si vexo moitos pantalóns no xardín e sei que temos mobles e caixóns para pantalóns gano tempo para colocalos sen esquecer os que andan espallados polas nubes, por outra banda si vexo que necesitamos un caixón máis vouno crear - o día que me dan as ganas de pasearme polas nubes voume fixar en nomes de artigos que levan relación cos temas que domino e podo botar en pouco tempo cantidade de artigos nas casas que lle corresponden).
Non sei si esto anda polas vosas preocupacións, a miña proposta non leva obriga e de ser a sola non conto propor nada na taberna para consenso da comunidade. Eu a de sempre. Saúdos ElviraConversa comigo 12:56, 6 agosto 2009 (UTC)
- Si que concordo que temos muito traballo aquí ! Eu son a favor de engadir (como o di Iago) un texto como él propon cando se edita e eso si é proposta a consensuar no proxecto. Polo de momento eu só pretendia un consenso na taberna para poder actuar rapidamente cando paso en forma de mantemento rapido que favorece logo o traballo nas categorías. Porque de non ter eso claro, cada caso necesita tempo para cavilar, o de analizar cada caso resulta pouco economico para mín. Grazas pola vosa atención. Saúdos ElviraConversa comigo 15:54, 11 agosto 2009 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Ola Lameiro. Seguindo a túa suxerencia, concordo con volver a empregar esta páxina para a discusión sobre as categorías. Deixei ao final dúas mensaxes sobre o tema. Saúdos. --Iago dime 12:22, 7 agosto 2009 (UTC)
- Feito. Repara en Ficheiro:Ramón Piñeiro Siro López.jpg e nesta mensaxe. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 12:25, 7 agosto 2009 (UTC)
Corrector
[editar a fonte]Vexo que o corrector que recomenda a galipedia é o Ortogal. --Ibérico 06:32, 8 agosto 2009 (UTC)
As Meninas
[editar a fonte]Grazas Pedro. O certo é que o artigo da es.wiki é moi bo, eu só me estou limitando a traducilo. De tódolos xeitos cando teña un pouco de tempo gustaríame consultar outra bibliografía porque a explicación da escena é un pouco distinta a coma lembro eu de estudiala; supoño que existirán moitas teorías, e ningunha delas definitiva, por iso cando poida indagarei un pouco máis. Grazas polo apunte dos corchetes, mañá xa o reviso porque hoxe xa é un pouco tarde. Abur!--Lala Lugo 23:16, 10 agosto 2009 (UTC)
Dato
[editar a fonte]Ola, Lameiro. Contareiche todo dentro duns días, porque teño un cabreo que non me teño en pé e de feito estou e-mail vai, e-mail vén cos responsábeis de Cultura de Xornal. Non che podo dicir máis polo momento. Por certo, fixeron un grupo chamado Galipedia no Facebook, non sei se andas ti ao loro das redes sociais, pero se o estás, apúntate, que estamos xa doce ou trece. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:48, 11 agosto 2009 (UTC)
- E ao respecto do que lle preguntas a Alberte, telo todo nestas ligazóns. Bótalle un ollo con tempo. --Atobar (conversa comigo) 21:51, 11 agosto 2009 (UTC)
- Concretando, aquí. --Atobar (conversa comigo) 21:52, 11 agosto 2009 (UTC)
- Adiantóuseme Atobar :) Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 21:56, 11 agosto 2009 (UTC)
- Concretando, aquí. --Atobar (conversa comigo) 21:52, 11 agosto 2009 (UTC)
- Bótalle un ollo a isto cando teñas un momentiño. Vai do que me preguntabas onte. E se che quedan preguntas, ao e-mail. --Atobar (conversa comigo) 23:17, 12 agosto 2009 (UTC)
Maria Pia de Bragança
[editar a fonte]Ola Lameiro. Porque estas a borrar una páxina sobre una de las más importantes personalidades de la Historia de Portugal? María Pía de Saxonia-Coburgo e Bragança fue la última filla del rei Carlos I de Portugal. 84.90.92.195 11:57, 12 agosto 2009 (UTC)
Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Loita-Tradicional-Galega-en-Santalla.jpg
[editar a fonte]Fixen unha nova proposta nesta páxina. Véxome na obriga de comunicarllo a tódolos que votaron. Desculpa as molestias. Grazas e un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 16:23, 13 agosto 2009 (UTC)
Se che digo a verdade estou farto deste tema. En Commons non hai nada que facer, non van borrar as imaxes. Eu case cheguei a ameazar con denunciar. A única alternativa é facer unha denuncia seria (que a faga a Deputación de Pontevedra ou quen lle competa). Podemos pensar en dar parte (o cal semella unha barbaridade) pois a min non se me ocorre outra cousa.
O único que se me ocorreu, para saber cales imaxes de símbolos usar e cales non, foi crear esa categoría, xa que as imaxes non se poden borrar pois teñen orixe en Commons, con esa categoría poderíase opinar e se as imaxes son inválidas, posto que non podemos borralas, trasladalas a unha categoría "imaxes inválidas de símbolos deturpados" (ou algo así). Se se borran as imaxes, ocorrerá que as volverei categorizar, pero non terán a información que ti lle engadiches. Creo que é absurdo borralas.
Ocórreseme outra solución tamén moi drástica: Para que non se empreguen esas imaxes, subir á Galipedia unha imaxe co mesmo nome e que teña como texto: "este símbolo presente en Commons atenta contra a lexislación galega".
Xa temos falado en Commons deste tema. Eu estou farto del, non sei o que facer-- Lmbuga / Conversa comigo 21:33, 16 agosto 2009 (UTC)
- Quizais Prevert poida ofrecer datos mais exactos sobre a lexislación galega-- Lmbuga / Conversa comigo 21:35, 16 agosto 2009 (UTC)
- Vexo ben o que dis. Iso que dis era o que eu pensaba que se podería facer cando creei a categoría. Agora ben, creo que a categoría de destino das imaxes que se consideren incorrectas non debe ser a mesma, debe ter outra denominación: Categoría de símbolos incorrectos e inutilizables na Galipedia (ou algo así). Para facelo habería primeiramente que recuperar as imaxes borradas e que colocalas na categoría que se cree. Con iso teriamos máis posibilidades de ser respectuosos coa lexislación e a heráldica galega-- Lmbuga / Conversa comigo 21:59, 16 agosto 2009 (UTC)
- Se queres que me encargue de algo, dimo, inda que a verdade eu pérdome bastante coa terminoloxía da heráldica-- Lmbuga / Conversa comigo 22:00, 16 agosto 2009 (UTC)
- Por certo, eu traslado a esa categoría (Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia pendentes de confirmación) tódolos escudos e bandeiras que non teñen mención do DOG en que foron aprobados.-- Lmbuga / Conversa comigo 22:02, 16 agosto 2009 (UTC)
- Se queres que me encargue de algo, dimo, inda que a verdade eu pérdome bastante coa terminoloxía da heráldica-- Lmbuga / Conversa comigo 22:00, 16 agosto 2009 (UTC)
- Vexo ben o que dis. Iso que dis era o que eu pensaba que se podería facer cando creei a categoría. Agora ben, creo que a categoría de destino das imaxes que se consideren incorrectas non debe ser a mesma, debe ter outra denominación: Categoría de símbolos incorrectos e inutilizables na Galipedia (ou algo así). Para facelo habería primeiramente que recuperar as imaxes borradas e que colocalas na categoría que se cree. Con iso teriamos máis posibilidades de ser respectuosos coa lexislación e a heráldica galega-- Lmbuga / Conversa comigo 21:59, 16 agosto 2009 (UTC)
Eu preferiría algo como Usuario:Lmbuga/Temporal. Se se coloca esa etiqueta, os arquivos automaticamente serían categorizados en Categoría:Imaxes de símbolos inválidos. Ó mellor paréceche demasiado ¿?-- Lmbuga / Conversa comigo 22:46, 16 agosto 2009 (UTC)
Dúbida
[editar a fonte]Teño un cristo montado. A Lanzada queda entre Sanxenxo e o Grove. Vou crear unha categoría Category:A Lanzada e categorizareina nos dous concellos. Non me parece factible distinguir se as imaxes son dun concello ou outro. Ves outra alternativa?-- Lmbuga / Conversa comigo 22:22, 16 agosto 2009 (UTC)
- Non te preocupes, non me aclaro, non coñezo nada a zona, creo que estiven alí só unha vez e fai moitos anos. Creei a categoría Categoría:Imaxes da praia da Lanzada e dúas galerías nela: Galería de imaxes da praia da Lanzada, O Grove e Galería de imaxes da praia da Lanzada, Sanxenxo. O que dubido é que estean ben situadas en cada unha delas as fotos. Ademais hai fotos que non creo que sexa posible localizar.
- Xa me dirás que che pareceu Usuario:Lmbuga/Temporal. É máis importante o que ti opines, pois ti sabes que é o que hai que poñer nas discusións das imaxes. Eu en pouco tempo espero ir deitar.-- Lmbuga / Conversa comigo 23:23, 16 agosto 2009 (UTC)
- Vou entón crear o modelo. Se se quere facer variacións, poden facerse a posteriori. Chamareino {{SímboloIncorrecto}} (o nome tamén se pode variar, movendo o artigo)-- Lmbuga / Conversa comigo 23:32, 16 agosto 2009 (UTC)
- Creei tamén a categoría Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia incorrectos (aí se categorizarán automaticamente tódalas imaxes que teñan ese modelo). Coloquei un texto explicativo na parte superior. Non dubides en variar o que che pareza conveniente, non é preciso nin que me comentes as variacións.
- Podería, se o cres adecuado, facer un engadido ó modelo que poña: "Se emprega vostede esta etiqueta pode avisar ó usuario que subiu a imaxe incorporando na súa páxina de conversa o texto {{subst:AvisoSímboloIncorrecto|Ficheiro:Nome_do_ficheiro}}". Este aviso só sería válido para as imaxes subidas á Galipedia, pero podería aforrar traballo á hora de facer comentarios ós usuarios. O que non me atrevo é a redactar eu o aviso. Se nalgún momento tes clara a redacción, indícama e se o desexas, compoño o aviso-- Lmbuga / Conversa comigo 23:58, 16 agosto 2009 (UTC)
- Tamén engadín o modelo ó final de Wikipedia:Lista visual de marcadores de mantemento de imaxes-- Lmbuga / Conversa comigo 00:04, 17 agosto 2009 (UTC)
- Vou entón crear o modelo. Se se quere facer variacións, poden facerse a posteriori. Chamareino {{SímboloIncorrecto}} (o nome tamén se pode variar, movendo o artigo)-- Lmbuga / Conversa comigo 23:32, 16 agosto 2009 (UTC)
Xa cambiei a imaxe da Coruña en que puxen que era a Lanzada.Debinme confundir pola semellanza con outro solpor da Lanzada. Dentro dunha hora ou hora e media mirarei o dos símbolos. -- Lmbuga / Conversa comigo 21:33, 17 agosto 2009 (UTC)
Re:Títulos dos cadros en galego
[editar a fonte]Ola Pedro, boteille unha ollada á proposta e paréceme ok. A ver se se chega pronto a un consenso porque hai moito título que cambiar. Grazas e abur!--Lala Lugo 21:40, 17 agosto 2009 (UTC)
Creei este modelo. Categoriza as imaxes en Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia pendentes de confirmación. Así que en caso de que non esteas seguro de que o símbolo é incorrecto, pero teñas dúbidas, podes empregar esta etiqueta.
Espero que che pareza ben-- Lmbuga / Conversa comigo 11:20, 18 agosto 2009 (UTC)
- Creei outra etiqueta: {{SímboloNonOficial}}. Empregueina en Ficheiro:Escudo non oficial de Baiona.svg, imaxe subida por min e orixinada polo que expresei en Conversa ficheiro:Escudo de Baiona.svg-- Lmbuga / Conversa comigo 11:54, 18 agosto 2009 (UTC)
- Participei en toda canta conversa considerei adecuado. Categoricei en Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia incorrectos novas imaxes como incorrectas. Para que non se abrise discusión, procurei ofrecer unha imaxe alternativa. Agora xa estou canso disto, é moi complexo. Espero que non esteas moi en desacordo co que fixen. Coméntame tódalas túas impresións. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo 12:04, 18 agosto 2009 (UTC)
Máis sobre símbolos, Ficheiro:Escudo de Bueu.svg
[editar a fonte]Escudo non oficial, non foi aprobado. Na páxina Heráldica Municipal de Pontevedra da Deputación de Pontevedra relativa a este escudo faise constar: Non se coñece expediente de aprobación.
Fixen unha busca no DOG coas palabras escudo heráldico Bueu. Fixen esta busca porque, sempre que se aproba un escudo no DOG, aparecen esas palabras. O resultado foi negativo.
Tanto o Decreto 369/98, artigo 1, apartado 2, como a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, Artigo 259, expresan: Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
Por eses motivos non me parece adecuado o emprego desa imaxe como escudo na páxina do concello da Galipedia sen indicar que non é o escudo oficial na lenda da imaxe
Eu marcaría esta imaxe e as imaxes que como esta sexan estudadas con {{SímboloNonOficial}} e {{PendenteImaxe|Falta DOG de aprobación do símbolo}}
De non haber acordo, cando menos debería marcarse con {{PendenteImaxe|Falta DOG de aprobación do símbolo}} como vimos facendo.-- Lmbuga / Conversa comigo 21:46, 18 agosto 2009 (UTC)
- Nova categorización en Categoría:Mantemento de imaxes de símbolos de Galicia. Creo que é preferible que estean aí esas categorías-- Lmbuga / Conversa comigo 23:34, 18 agosto 2009 (UTC)
- Vin fai un anaco o erro. Vou subir outro escudo do DOG e logo póñome a corrixilo-- Lmbuga / Conversa comigo 23:46, 18 agosto 2009 (UTC)
Heráldica municipal nas webs das Deputacións
[editar a fonte]Procurei en tódalas webs das deputacións de A Coruña, Lugo e Ourense e non teñen algo semellante o da Deputación de Pontevedra, co cal vai ser máis dificil procurar a heráldica municipal. --Pontevedra78 ( Para o que ti queiras) 12:45, 19 agosto 2009 (UTC)
Coloquei nesa páxina algúns DOGs en que hai referencia a símbolos de Galicia. Quizais poida ser útil. Mañá mirarei de asegurar que estean todos, non sei se fixen ben o proceso de busca-- Lmbuga / Conversa comigo 23:21, 19 agosto 2009 (UTC)
- Hai dúas mensaxes túas que non respondín porque non as vin, desculpa, pero deberon chegar tres xuntas e só reparei na terceira. Ó arquivar a miña páxina de conversa, decateime delas e deixeinas de primeiras.
- Sobre o que me dicías de .jpg e .JPG, a única solución e subir de novo a imaxe con outro nome. Non creo que o sistema vaia nunca deixar de distinguir maiúsculas e minúsculas, hai moitos casos coma este. Se algunha vez ocorrese, terían antes que solucionalos.
- Sobre as imaxes con nome incorrecto: Márcanse coa etiqueta {{NomeImaxeIncorrecto}} e categorízanse automaticamente en Categoría:Imaxes con título incorrecto
- Se hai algunha norma sobre isto, aparecerá en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo 19:00, 20 agosto 2009 (UTC)
- A Aprofa non lle marquei a imaxe con esa etiqueta porque estaba falando con el de subir as imaxes correctamente, e crin excesivo dicirllo todo xunto, así que o deixei para máis adiante-- Lmbuga / Conversa comigo 19:01, 20 agosto 2009 (UTC)
imaxes de Breixa
[editar a fonte]ola Pedro!
Acabo de mirar no artigo de Breixa (Silleda) que subiches varias fotos de capiteis en xullo do ano pasado. Son esas todas as que fixeches? Porque estaba buscando unha de dous grifóns que hai noutro capitel, e se por casualidade a tiveses gardada na casa sería fantástico.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:07, 21 agosto 2009 (UTC)
- Ola Pedro; Moitas grazas, vaia sorte que conservases a foto. Precisamente foi a raíz de mirala no libro polo que cha pedín. Mañá irei a Bandeira, a ver se non teño moito lecer e paparota e me achego a facer unhas fotos máis.
Un millón. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:59, 21 agosto 2009 (UTC)
2012 renovado existe
[editar a fonte]Ola Lameiro. Pois tes razón que non vai a ligazón, non sei que ten porque eu escribina ben. Será calquera cousa técnica; de todas as maneiras, xa o amañei. Coméntoche que o blogue xa ten 3 entradas e promete, ainda que ninguén comente nada, ten intencións de pervivir polo menos ata o 2012. Esperemos que así sexa. A ligazón é esta: http://dousmildoce.blogspot.com/
Oes, se non furrula, envioche o que escribín nel en carta (aínda que seña á mao; é broma). A min funcióname perfectamente a ligazón. Proba e cóntame se che vai. Ah, admítense comentarios no blogue. Cóidate
¿?
[editar a fonte]Non sei en que consiste iso da primeira advertencia pero se iso lle sirve para realizarse interiormente... benvido sexa. --193.147.82.237 07:46, 25 agosto 2009 (UTC)
RE (atrasada): Arquivos
[editar a fonte]Sinto non te ter podido responder antes, pero estiven 3 semanas [de descanso] á marxe da Galipedia para voltar a ela con enerxías renovadas. Ao mellor xa non te lembras, pero me preguntaches a primeiros deste mes polos arquivos de artigos destacados: están en Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas pechadas e Wikipedia:Artigo destacado/Propostas pechadas e alí clasificados por anos. Non sei se sirve a estas alturas de algo porque supoño que ou xa o descubrirías ti ou outro faría o que ti querías. Deica, e encantado de resolver as túas dúbidas de novo! --Toliño Fala aquí comigo 08:47, 25 agosto 2009 (UTC)
Nomes científicos vs. nomes vulgares
[editar a fonte]Boas Lameiro, graciñas polo aviso. Eu mesmo ordenarei de ese xeito o que así está posto, non pasa nada que me leva pouco tempo. Mais na miña opinión, é un grave erro que o artigo principal sexa o nome real. A clasificación taxonómica e unha ordenación seria por categorías é imposible de facer empregando nomes vulgares, que sí, será máis doada de entender pra que non teña un mínimo de coñecementos, pero tamén é menos seria. Olla pra como a teñen a en.wikipedia e es.wikipedia. ë imposible de facer unha clasificación taxonómica seria dos artigos polo nome vulgar. (Este comentario fíxoo usuario:Pexego o 25 agosto 2009, ás 16:14, pero esqueceu asinar.)
- Personalmente, totalmente de acordo na conveniencia de utilizar o nome científico como título, e que sexa o nome común (ou os nomes comúns) quen redirixa; o que xa non entendo é que un ou outro método facilite ou dificulte a categorización ou a taxonomía. Quero dicir, ós nosos efectos: en tódalas enciclopedias -que ó fin e ó cabo é que estamos construíndo- as entradas recollen o nome común. De feito, se les a discusión que che dixen, fun eu que fixera esa proposta que ó final non foi aprobada. Pero temos que aceptar a disciplina da comunidade e respectar os acordos adoptados, aínda que non nos gusten. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:21, 25 agosto 2009 (UTC)
- Si xa lera, tes razón. O único que manteño é que a clasificación vulgar en lugar da taxonómica enreda máis e é menos seria, está moito máis serio e limpo se o nome final da clasificación é o binomial, e non un nome vulgar. Eu entendo que para a xente é máis doado (ainda que por exemplo apoio que ainda que o nome do artigo sexa o binomial, o artigo se abra facendo uso do nome común para que sexa más fácil de asimilar) Estudei a carreira de bioloxía, e dóeme á vista, como lle doerá a calquera outra persoa habituada. Sinto poñelo aquí, non tes nada que ver, a ver se un día se pode repetir a votación e non se perde por un voto... (Tamén de usuario:Pexego, ás 16:34, e tamén asinar.)
Vocabulario técnico
[editar a fonte]Recibín a proposta, penso que algo máis claro así estaría ¿é entendible así? Fento común (fáltanme por crear os artigos de rizoma, indusio...) Pexego(conversa) ...non é que me esquecera asinar, é que nunca asinara :) ...
A listaxe non estaba completa. Terei que seguir completándoa: Non había referencia ós escudos e bandeiras que teñen ligazón ós DOGs. Espero que non haxa ligazóns confundidas pois ter moitas fontes complica o procedemento e as posibilidades de erro. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo 23:23, 25 agosto 2009 (UTC)
Alacant
[editar a fonte]No VOLGa en nota a alacantino aparece Alacant e no DRAG alancantino é o habitante de Alacant, eu estaba tan afeito a escoitar no Telexornal Alacante que pensaba que esa era a forma correcta ata que Aprofa puxo o comentario na Galipedia, a non ser que haxa algunha outra fonte que indique o contrario a RAG só sanciona como correcta a forma Alacant.--RNC 20:42, 28 agosto 2009 (UTC)
Re:Imaxes de Susana Freixeiro
[editar a fonte]Ola Lameiro. Ninguén pode saber e explicar a causa de que as imaxes sexan copyvio mellor ca Susana F. Se nas imaxes pon "own work" ou "self made", a non ser que se localicen, ó pouco de subilas, noutras páxinas web, as imaxes están en Commons correctamente inda que sexan copyvio.
Susana F. foi un dos usuarios de Commons que quixen acompañar. En 2006 e 2007 envieille varias mensaxes, entre elas: 1, 2, 3. Daquela eu percibía a actuación dalgúns administradores cos usuarios novos moi dura e pouco paciente (hoxe non sei como será Commons): Obsérvese que son moi poucas as explicacións que recibiu para tantos avisos de borrado. Entre tanto aviso, se ela non pasaba moito por Commons, as miñas explicacións puideron pasar desapercibidas ou seren lidas malamente pois os avisos son máis rechamantes e ameazadores. O certo é que -non lembro que houbese motivo, inda que teño unha sensación estraña- nunca chegamos a contactar de verdade.
As imaxes teñen que ser borradas en Commons e debería avisarse a un administrador de Commons. É preferible que o faga ela. Para facelo outro facendo referencia á súa mensaxe na Galipedia e nomeando as imaxes que ela di, a súa conta tería que ser global. Se non é global, podería non ser a mesma persoa a que controla as dúas contas e, cando di que tiña ganas de darse de alta ou facer unha conta na Galipedia, parece dicir que a conta non é global. Creo que é posible mirar se unha conta é global ou non, pero non me acorda como acceder a eses datos. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 22:18, 28 agosto 2009 (UTC)
Harvard
[editar a fonte]Non se debe marter, sería como dar por correcta a redirección Instituto de Cervantes, neste caso vemos deseguido que é incorrecto.--RNC 15:39, 29 agosto 2009 (UTC)
RE: Problema co artigo destacado
[editar a fonte]Agora mesmo non teño tempo. Nunha hora bótolle unha ollada. Entrementres podes crear Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2009. --Toliño Fala aquí comigo 10:19, 31 agosto 2009 (UTC)
- Non creo que haxa ningún erro nos códigos (levamos con eles desde hai moito tempo), máis ben será un erro de interpretación (que sei eu!). Supoño que se agardamos a mañá, cando cambie o mes, non haberá maior problema. --Toliño Fala aquí comigo 11:06, 31 agosto 2009 (UTC)
- Non, non. Déixao estar así, que o wiki xa se arranxa el só. Mañá teremos na Portada os artigos sobre a célula e Pardo Bazán. --Toliño Fala aquí comigo 11:18, 31 agosto 2009 (UTC)
RE: De arquivos
[editar a fonte]Semella que van ao mesmo arquivo. Véxase: Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Praiadaretorta65.JPG, que está en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas pechadas/2009. --Toliño Fala aquí comigo 11:45, 31 agosto 2009 (UTC)
- Refíreste a isto: Categoría:Sobre Galicia de 2009 ou isto Categoría:Artigos destacados en 2009? Van categorizados por anos dentro de Categoría:Sobre Galicia e Categoría:Artigos destacados. --Toliño Fala aquí comigo 11:49, 31 agosto 2009 (UTC)
- Esas entón serían categorías ocultas, como Categoría:Artigo de calidade en en.wiki, por exemplo. De todos os xeitos, non sei se iso habería que propoñelo antes de levalo a cabo. --Toliño Fala aquí comigo 11:59, 31 agosto 2009 (UTC)
Ríos de Galicia
[editar a fonte]Hola Lameiro! Son un usuario novo na Wikipedia e comecei a editar no tema dos Ríos de Galicia. Atobar comentoume de que antes de seguir, que o comentase contigo e con Xas, que sodes os expertos en xeografía.
Pois ben, eu quería traballar na sección sobre a Hidrografía de Galicia. Procurei as páxinas relacionadas e atopeime ca de Ríos de Galicia, que era un listado alfabético. Ó meu parecer era necesaria tamén unha clasificación xeográfica, e entón engadín outra lista neste artigo cunha clasificación por vertentes, rías e cuncas (non sei se terá varios erros), e engadín uns mapas que creei eu e xa deixei no dominio público, en Wikimedia Commons (están as cuncas, pero aínda faltan uns que teñan os ríos debuxados).
Como me dixo Atobar, quero ser prudente, e entón preguntovos se é máis recomendable seguir con ese artigo ou crear un novo que se chame Hidrografía de Galicia? Mirade tamén un par de artigos que creei ou modifiquei, non sei se metería a pata: Vertente, Costa da Morte, Ría de Lires, Ría de Camariñas e Ría de Corme e Laxe
Espero servir de axuda a wikipedia, e non estragar nada. Un saúdo! --Iagocasabiell 15:24, 4 setembro 2009 (UTC)
Refrán
[editar a fonte]Pedro, levo unhas horas tentando tirar da lingua un refrán que me sae en castelán pero que non me dá saído en galego. A ver se me botas unha man. Cal é o noso 'vender la piel del oso antes de matarlo'? Estou certo de que hai un moi enxebre, pero non me quere vir. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:10, 4 setembro 2009 (UTC)
- Moitas grazas, Pedro. 'Poñer o carro antes ca os bois', ese é. Os outros están ben curiosos, non os coñecía. E xa postos, como é a forma fina de 'cada can que lamba a súa caralla'? --Atobar (conversa comigo) 19:21, 4 setembro 2009 (UTC)
- Cada un achega a brasa á súa sardiña. Moi boa. Graciñas. Abonda. --Atobar (conversa comigo) 20:04, 4 setembro 2009 (UTC)
- Eu teño un refrán favorito, é da zona da Estrada: A cabra co "vizo", mete os cornos no cu. Estarei atento a ver bugallos ou bugallas. Sempre reparei neles cando xa están formados, nunca en formación. O malo é que agora xa comezo a dar menos paseos por carballeiras-- Lmbuga / Conversa comigo 14:52, 7 setembro 2009 (UTC)
- Pedro, traballiño: Coller o touro polos cornos. Equivalente nosos? Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:52, 15 setembro 2009 (UTC)
imaxe de estómago
[editar a fonte]bon día, Pedro; veño de crear en commons esta imaxe; podes confirmarme que os nomes en galego son correctos? Se non é así, pódense mudar facilmente. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:07, 11 setembro 2009 (UTC)
dúas peticións
[editar a fonte]Ola, Pedro; anímaste a revisar gastronomía de Galicia, que traducín e adaptei da wiki:es? Non me convence demasiado o resultado (o orixinal moito menos...) e conviña axeitalo.
Ademais, quería felicitarche porlo artigo DSP, biotoxina, que creaches hai uns dous anos, pero penso que cumpriría botarlle un ollo e mudarlle o nome. Botándolle un ollo por riba, penso que títulos bos poderían ser (de maior a menor preferencia, segundo o meu criterio): Toxina diarreica dos moluscos, Enterotoxina ou DSP (biotoxina). Como o ves??
Un saúdo, e moitas grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:27, 15 setembro 2009 (UTC)
Ficheiro:Monumento mariscador 01-03.jpg
[editar a fonte]Creo que este monumento non é o do mariscador, é o da Familia Mariscadora sita na Praza do Corgo en O Grove. O do Mariscador creo que está nos xardíns da calzada en Cambados.
Ainda non visitei ningun dos dous para confirmalo ó cen por cen, pero todo apunta a que é así.
Un saudo. La fabrica de nubes (fálame) 10:43, 18 setembro 2009 (UTC)
Lobo
[editar a fonte]Ola Lameiro. Corrixín os problemas cos modelos 'Cita Web' e outros no artigo Lobo, aínda así a simple vista non sei se serán útiles dabondo esas citas en inglés. Como ti foches o que puxeches o marcador atención mira a ver se se pode retirar ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:48, 18 setembro 2009 (UTC)
Panceltismo e Celtismo son o mesmo
[editar a fonte]Non sei como se pode permitir o borrado dun redirecionamento cunha explicazón tan vaga como "Borro esto porque panceltismo e celtismo non son necesariamente o mesmo. Reedito o redireccionamento.--Xeol'oartabro 23:15, 30 setembro 2009 (UTC)
- Son o mesmo se o tratamos como definición de un movemento social, se ti o ves de outro xeito deberías editar un artigo homónimo referíndose o panceltismo mais borrar por que ti non estas dacordo, non me parece legal.--Xeol'oartabro 23:35, 30 setembro 2009 (UTC)
Conversa:Panxoliña
[editar a fonte]Méteslle man ti, Pedro? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:33, 1 outubro 2009 (UTC)
desculpas
[editar a fonte]Hola Lameiro, son o usuario ó que lle tiveches que borrar o artigo sobre o equipo de futbol da sd pol; a verdade e que son novo na wikipedia e non entendo a metade das cousas e enton pensei que se queria podía facer a páxina wiki do meu equipo de fútbol, porque aínda non a tiña, e entón non sabía que non podía sacar a información tal cual da súa páxina web, quero decir tamen que non sabía que se me estaba advertindo que non o fixera porque non vía eso dos mensaxes e entón por eso cando vin que non estaba a volvín a subir. Pero xa por se acaso ó final puxera un enlace a dita páxina web para que quen quixera poidera comprobar que non estaba inventando nada. Ademais, coñezo ós creadores da páxina da sd pol e estou convencido de que se o souperan me darían permiso para utilizar esa información na wikipedia e que así a xente coñecera mellor o noso equipo. Lamentoo de verdade, tamen intentei subir imaxes relacionadas co artigo pero era moi dificil e non sabía (e creo que non podía) e entón xa nada. Non volverei intentar crear ese artigo un saúdo --Azote Galaico 16:14, 2 outubro 2009 (UTC)
Boas Lameiro ! Si tes un momentiño para meterlle a caixa de datos os "voluntarios", gostariame subila a commons. Xa sabes non hai compromiso. Saúdos ElviraConversa comigo 17:21, 2 outubro 2009 (UTC)
- Feito!. Vin a túa mensaxe a Elvire e fíxeno, a cousa é inserir o Modelo:Information e cubrir os campos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:32, 2 outubro 2009 (UTC)
Identificación biométrica
[editar a fonte]Hola Lameiro
Borrei xa as anotacións que me comentache. Efectivamente, eran recordatorias de temas pendentes, feitos cando estaba editando a un tempo varios artigos relacionados co tema. Xa nin me lembraba que esas anotacións estaban alí.
Saúdos. Miguel.lima 18:20, 2 outubro 2009 (UTC)
- Ola Lameiro, boa cousa o atento que estás. CortadeIRA é o nome común da especie Cortaderia selloana. Pola contra CortadeRIA é a deficinión do xénero, en bioloxía un xénero pode ter varias especies, mais neste caso o nome vulgar é tan semellante ao do xénero que te levou a confusión. En resumo:
- Cortadeira é un nome vulgar, único para a especie Cortaderia selloana. Este artigo define a unha única especie (xeralmente se chama Plumeiro da pampa pero eu déralle ao artigo un nome científico e quen o moveu ao vulgar escolleu Cortadeira como nome para o artigo, que tamén se usa pero menos).
- CortadeRIA é un xénero biolóxico, que inclúe á CortadeIRA pero outras moitas especies máis. Este artigo define a un xénero biolóxico no que se inclúen varias especies, o outro define a unha especie.
Ambos son igualmente necesarios porque non teñen o mesmo significado, ainda que se parezan e un inclúe o outro. Agardo terme explicado porque son un desastre facéndoo. Saúdos. E bo traballo :) --Pexego(conversa) 14:27, 6 outubro 2009 (UTC)
Poeta e poetisa
[editar a fonte]Sen ánimo de polemizar, gustaríame seguir empregando a forma poeta para referirme ás mulleres que escriben poesía. Creo que o dicionario da RAG o autoriza:
poetas.m. (f. poetisa) Persoa que escribe poesía. OBS. Tende a utilizarse a forma poeta como feminina, en lugar de poetisa.
Saúdos. --Xas (fálame) 08:29, 10 outubro 2009 (UTC)
Pudingas
[editar a fonte]A ver, que non nos entedemos. Quen dixo que a revista era miña? Simplemente a coñezo por ter contacto con instituto, non formo parte dela. E por iso non entendo que non poida compartir un coñecemento na Galipedia como a existencia dunha revista chamada Pudingas. Acaso é unha publicación con beneficios económicos ou algo? Dame a impresión que vos precipistastes á hora de borrar o artigo sen tan sequera ler o que dicía. Non sei de pés a cabeza as normas da Galipedia, pero estou seguro que a primeira de elas é a COHERENCIA, e iso falta. É unha opinión, non unha acusación nin nada polo estilo, no fai falla que corrades a bloquear o meu usuario nin nada polo estilo.
Dado que non podo usar o meu usuario, deixo constancia de que son Wikilandia. Grazas.
- Lameiro, sigo pensando que tendes unha mala política na Galipedia, e con iso non pretendo cambiala. Quizáis tiven un problema e foi a inxenuidade, por pensar que existía unha enciclopedia na web íntegramente en galego que fose capaz de reunir os coñecementos culturais destacables de toda a comunidade galega. Pero vexo que aquí hai que ter referencias previas e unha serie de requisitos que non todas as cousas cumpren. Imaxino que, polo tanto este non é lugar de falar de clubes deportivos, asociacións culturais ou revistas xuvenís, como é o caso. Aquí só hai cabida para Rosalías de Castro e pouco máis. Penso que iso non é forma de abrir a nosa cultura. E non é que crea que por non coñecer Pudingas vaiamos a ser uns incultos, o da revista en si dame o mesmo, o que me repatea é pensar que facedes así con todos os artigos similares.
- Sinceramente, son coñecido dos coordinadores da revista e comenteilles o tema de publicar aquí o artigo. Fíxeno, porque non era a primeira vez que leía artigos moito máis cutres doutros temas. O que me repateou (non foi o do correo, que o entendo) é que só contasen as modificacións de tres ou catro persoas. Con algunhas cousas estaba dacordo, pero con incluír a definición e finalidade da revista na traxectoria, por exemplo, non. Como non manexo á prefección a páxina, cando intentaba mellorar o artigo e facer algúns cambios para ben, este xa fora borrado. Entón empecei a recibir avisos por aquí e por alá e, de repente, un artigo que levaba dous meses publicado sen problema aparente, en dous días era unha teima.
- Non quero polemizar máis, está claro que aínda que pretenda abrir un diálogo na conversa esta vai ser borrada unha e outra vez, e o meu usuario será bloqueado de novo. Agora só se me ocorre que os meus coñecidos da revista bos entrevisten, a ver que podemos descubrir desta comunidade con tanta iniciativa. Propoñeréillelo! Un saúdo cordial.
E si, son Wikilandia, para que mentir, non entendo que sexa unha falta tan grave recoñecer quen son.
Reclamación de bloqueo
[editar a fonte]Son a persoa (non vou dar datos reais) que administra a conta coa que estou rexistrado co nome de Wikilandia. Iso por non dicir que son Wikilandia. Creo que houbo un erro moi grave para ser una administrador nunha web coma esta.
Resulta que eu teño o usuario bloqueado un mes e polo tanto non podo editar nada. Ben. Pero ao pasar un día eu teño todo o dereito do mundo a editar o que me dea a gana desde a mesma IP sen estar rexistrado ou con outro usuario. Ou no mesmo día entrar desde outra IP. O que ocorre e que aquí debedes de pensar que somos todos máquinas e esquecedes que detrás das pantallas hai persoas.
Eu fun bloqueado un mes, mellor dito, Wikilandia usuario foi bloqueado un mes. Nun intento de respostar ás cuestións que se me plantexaban accedin ás conversas editando como IP sen rexistro, e aínda encima que non minto e me identifico como o usuario Wikilandia, acúsaseme de trasgredir o bloqueo. Entendamos unha cousa. Eu non puiden acceder como Wikilandia como tal porque estou bloqueado. A min coma se me borrades a conta, pero non é lóxico que reciba un bloqueo ata abril do ano que vén porque recibades un comentario no que digo que son eu. Imaxinemos por un momento que é outra persoa que se fai pasar por min, o usuario bloquéase igual?
Creo que para ser algo expertos nesto non tendes idea de que estase a mesturar o concepto persoa co concepto usuario máquina. Eu, como usuario Wikilandia non transgredín a norma pola que se me atribúe o segundo bloqueo, é ilóxica e reclamo esta situación. E neste momento falo como persoa que son, ponlle o nome que che de máis rabia.
Espero que se entendan as miñas cuestións. Podes respostar ao usuario Wikilandia, xa que vexo que non tendes a disposición un apartado de reclamacións. Senón podes facelo nesta mesma conversa, estarei ao tanto.
Atentamente, un usuario da Galipedia. Esta edición fíxoa 83.165.124.51, ás 16:05 do 13 outubro 2009, pero non quixo asinar.
(Sigo esperando unha resposta, dígoo por se xa leíches isto) Estoutra é de 79.157.81.202, ás 22:45 do 14 outubro 2009, que segue sen querer asinar.
- Como non sei a quen dirixirme non podo contestar nada: foron 4 IPs distintas en tres días, que non queren admitir que son unha mesma persoa. Como tampouco sei a quen contestar, fágoo na miña propia páxina.
- Se a algunha destas personalidades lle interesa a miña opinión sobre o usuario, Wikilandia (xa van 5 personalidades se contanos a súa identidade confesa) só podo confirmarlle que manteño a mesma opinión que xa expliquei de abondo, que non me retracto do bloqueo nin do aumento do bloqueo. A maiores, podo engadir que merece con creces un bloqueo definitivo. Pero como non quero personalizar este asunto (e porque cabe a posibilidade de que me estea equivocando) expusen o tema na taberna para que outro administrador estude a súa actuación e proceda en consecuencia.
- Por min que morra o conto: o usuario wikilandia fixo numerosas edicións que mereceron o bloqueo; ó non poder usa-la súa conta, seguíu editando desde unha IP, segundo el mesmo confesou, aviseino, recuncou e bloqueeino por 6 meses. Ningún usuario, salvo el mesmo nas súas múltiples personalidades, protestou nin se sorprendeu. Está máis claro que a auga e non hai máis que dicir. Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 14 outubro 2009 (UTC)
Festa dos reis
[editar a fonte]Hola Lameiro coido que esta é a maneira de responderte, como son novo na galipedia, ó mellor estou trabucado, non sei. A paxina da festa dos reis non a editei eu, eu só fixén uns pequenos axustes. De calquera maneira intentarei mellora-la pouco a pouco aínda que a distancia a Galicia mo poña difícil. Tes razón en que fallan referencias, existe un etnógrafo chamado Rodríguez Cruz que escribiu varios libros da zona das Frieiras, pero eu agora non teño acceso eles. De calquera xeito, será difícil unha documentación da festa dos reis pois a maioria dos ritos e costumes transmitense pola fala. Quizais por iso non deba estaren recollida na Galipedia. Unha aperta (Esta mensaxe deixouna Faxeirada o 18 outubro 2009, ás 11:54, pero esqueceu asinar.)
Re: Imaxes de escudos borradas
[editar a fonte]Envieiche unha mensaxe por correo. Non copio aquí a mensaxe nin digo o que penso das túas palabras por non crear conflito público.
Grazas por manifestar tan claramente que son un "estorbo". Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 19:53, 21 outubro 2009 (UTC)
- Por certo, as palabras que che van na mensaxe son as que comecei escribir aquí e decidín non gardar e publicar porque non quero crear máis conflitos e ademais porque, grazas ó trato, cada día me sinto máis prescindíbel.-- Lmbuga / Conversa comigo 19:56, 21 outubro 2009 (UTC)
- Lerás a mensaxe e verás o que sentín. Non me gustaría que vises un conflito persoal contigo nelas. Se tal cousa les, non é así.
- O conflito é meu e comigo mesmo.
- Eu son o que estou desencaixado e fóra de lugar. Pensa por un momento en todas as horas de traballo -máis das que maxinas- que lle dediquei ó dos escudos cando, se hai un tema que odio, se hai un tema que desexo non tocar, o tema é ese (ti especialmente poderías maxinar por que me metín nese tema).
- Eu comecei a traballar nese tema -pero iso é circunstancial- porque quería encontarme colaborando con alguén e deixar de estar só, deixar de estar tomando decisións persoais e unívocas (a única voz actualmente é a miña nese asunto) neste proxecto que é a Galipedia.
- Estou farto de ter voz de mando. Inda sen ser administrador, sigo tendo esa voz e, cando se me din cousas como dime que máis teño que facer, e dimo un administrador, séntame mal.
- Doume conta de que eu solicito unha atención que digo que non teño e que, á par diso, rexeito, como acabo de rexeitar unha atención -pois as túas palabras abofé que xurdiron coa intención de ser atentas- que non acepto. Doume conta ademais de que ninguén o entende.
- Eu si o entendo. Non encontro o meu lugar aquí. Colaboro facendo cousas que non me gustan. Non me gusta revisar imaxes, non me gusta categorizar imaxes, non me gusta marcar imaxes, ponme tenso falar con usuarios novos polas imaxes (hai que estar continuamente en tensión pensando en gañar usuarios), o dos escudos xa é o peor, pois é algo que odio.
- E fago todo iso sen nada a cambio.
- Hoxe doume conta de que pido algo a cambio. Hoxe doume conta de que teño que deixar de facer o que fago porque pido algo a cambio que non se me pode dar pois os tempos cambiaron.
- Estou farto de sentir a adrenalina no meu corpo cando percibo que recibín unha nova mensaxe.
- Pido a cambio do meu traballo non ter responsabilidade. Pido traballar como traballei noutrora, en grupo, sen medo, sen temor a meter a pata, co respaldo incondicional dos meus, da xente coa que falo a diario.
- Dóeme abandonar o meu quefacer por saber que para vós é útil. Pero case só me doe exclusivamente por ese motivo. Case só me doe porque no fondo me sinto parte do que vós sodes. Non me doe porque sinta pracer ningún no que fago, xa non digamos recompensa (¿Que recompensa se pode sentir cun historial cheo de conflitos?). Dóeme tamén por deixar de intentar facer algo bonitoe e desinteresado.
- Sinto ter creado tantos problemas. Sinto ter creado este contigo a maiores. A única causa deste problema é que estou fóra de lugar, totalmente desencaixado.
- No futuro procurarei (vaime supor esforzo pois teño malos costumes mesmo o de facer máis do que podo sen sequera gustarme o que fago) traballar só no que me apeteza, sen sentirme responsable de nada que sexa colectivo.
- Para min chegou o tempo de asimilar que a Galipedia é un colectivo, pero só un colectivo, non un grupo de amigos, de persoas próximas inda que frecuentemente descoñecidas, que se acompañan.
- Comprendo que para vós, especialmente para os que levades menos tempo, as miñas palabras sexan incomprensibles, pero é que eu vivín outros tempos grazas a administradores como Prvrt, a Xelo, mesmo sen ter trato case con eles, a Rocastelo, a Agremon... e a algún dos administradores e usuarios actuais que non nomeo por discreción.
- Podería seguir dedicando esforzos ó que lle estaba a dedicar actualmente, pero creo que vou ser máis efectivo e máis feliz se llo dedico ó que desexo dedicarllo e non ó que entendo, por mor de me sentir que estou nun grupo de amigos, ó que debo dedicarllo.
- Ninguén é imprescindible.
- Desculpa que non puidese ler as túas palabras xebrándoas da historia persoal propia no colectivo, da historia de nós os dous como usuarios, e de tantas outras historias. Unha aperta-- Lmbuga / Conversa comigo 22:15, 21 outubro 2009 (UTC)
- Resposta á mensaxe das 20 e 28 do 21 de outubro
O que me parecera mal eran 2 cousas que dicías (agora xa non me parecen mal):
- agora temos dous modelos (Modelo:ConcellosVigo e Modelo:ConcellosFerrol) nos que nos quedamos sen escudo e non sei se tes algún válido para substituílo.
- dime se teño que facer algo máis
Creo que eran, no seu momento, eses textos suficientes para reflexionar sobre as túas palabras, pois semellabas atribuíme un poder que eu non desexo ter (nin teño escudos ou potestade sobre eles, nin teño nada que dicirche sobre a túa actuación, pois entre outras cousas, non a vou revisar)-- Lmbuga / Conversa comigo 23:09, 21 outubro 2009 (UTC)
- Copia da mensaxe que che enviei por correo antes da penúltima mensaxe presente aquí
Ola Lameiro.
Considero a mensaxe que deixaches na miña páxina de conversa unha invitación a abandonar o proxecto.
Estaba a escribir a resposta e decidín non incorporala polo momento. Velaquí a tes:
Certamente ti e mais eu non os entendemos, e estou convencido de que deben ser detalles mínimos que dificultan algo que non sei que é.
Desculpa se che indico que eu simplemente marquei para borrar unhas imaxes por unha situacion determinada: non tiñan licenza (creo que nin orixe). A miña actuación é lícita, segue as políticas e non é reprobable. As consecuencias da miña actuación, se segue as políticas, debe asumila a Galipedia, non teño que asumila eu.
Por outra banda, eu non son administrador, non comprendo que me preguntes se tes que facer algo máis aquí e publicamente (¿que se me pode ocorrer que teñas que facer a maiores? ¿ocórreseche a ti algo que a min se me poida ocorrer?, ¿que imaxe queres dar de min ó me preguntares iso?, ¿acaso eu algunha vez publicamente ou en privado che dixen o que tiñas que facer?). En tal caso deberías ser ti o que me ten que dicir a min se teño que facer algo. Con todo, tras esa pregunta desexo que quede claro que eu non estou a intentar ter ningunha posición de dominioo na Galipedia (cousa que coas túas palabras suxires).
Tampouco comprendo que me digas: ...quero chama-la atención a que agora temos dous modelos (Modelo:ConcellosVigo e Modelo:ConcellosFerrol) nos que nos quedamos sen escudo e non sei se tes algún válido para substituílo.
Perdoa as formas e que me bloqueen por elas se me paso, pero estás suxerindo que eu son responsable de que quedemos sen escudos? estás suxerindo que por mor da miña actuación eu debo solucionar ese problema?, estás suxerindo que eu teño escudos? de que vas?
Sería moi diferente a situación se escribises
quero chama-la atención a que agora temos dous modelos (Modelo:ConcellosVigo e Modelo:ConcellosFerrol) nos que nos quedamos sen escudo e non sei se podemos atopar algún válido para incorporar nese espazo.
Se unhas páxinas quedan sen imaxe non é responsabilidade miña (cousa que semellas suxerir ó engadila nesa mensaxe, mensaxe que semella ter un ton...). Engadín nunha desas páxinas imaxes. Na outra, tras considerar todo isto, nin teño ganas.
Sigo pensando que eu estou noutro mundo-- Lmbuga / Conversa comigo 00:26, 22 outubro 2009 (UTC)
- Acabo de reler todo o que escribín. Creo que conseguín dicir o que sinto. Evidentemente o problema non era a túa mensaxe. A túa mensaxe era unha gota mínima que fixo que o vaso volvese deitar (rebosar). Creo que por fin expresei o que sinto. Que por fin o dei expresado. Agora que sinto que xa o expresei espero non ter necesidade de volvelo dicir. Espero que todo isto deixe de roldarme pola cabeza obsesivamente. Sinto ser tan obsesivo. Desculpa-- Lmbuga / Conversa comigo 10:43, 22 outubro 2009 (UTC)
Faneca
[editar a fonte]Pois si que é curioso, ao non atopar fontes pensei que era un erro ou mesmo vandalismo, con todo hai que lle poñer esa fonte e mencionar que o nome é de uso local.--RNC 22:57, 29 outubro 2009 (UTC)
Re: Carlos Velo
[editar a fonte]Ola Lameiro. Agora ía marchar, en todo caso teño que ler completo: Carlos Velo. Imaxe Nº Extra. 1 de agosto de 1985. Entregas de Comunicación Cultural, esa publicación contén moita información e diversas fontes con datos. Tentarei comprobar todos os puntos que sinalas. O que si lembro é que segundo as fontes a data da morte aparece como 1 e noutros coma 10, deixeina como estaba a falta dunha fonte definitiva, tentarei atopala. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:25, 2 novembro 2009 (UTC)
- Tentarei miralo pero creo que se me acumulan os "deberes" :-) Xa me arrepinto de poñerme a mirar o artigo Carlos Velo. É broma, a ver se mañá atopo tempo para verificar polo menos algúns dos puntos que sinalaches. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:54, 2 novembro 2009 (UTC)
- Verificacións: "Dis que ó fuxir da Guerra Civil "por azar remata en Marrocos". Na GEG semella ser algo intencionado: "Conseguiu pasar a Marrocos coa desculpa de filmar un documental e, finalizada a Guerra, exiliouse en México"". Sobre iso polo de agora atopei o seguinte e sigo buscando: declaracións de Carlos Velo "Na guerra escondínme en Cartelle porque me perseguían, e con nome falso pasei nun tren militar, ata Sevilla. Desde alí fun a Marruecos a facer un documental sobre Yebala, unha rexión daquel país. Deixeina a medio acabar e eles rematarona logo, chamandolle "Romance Marroquí". Outras imaxes para outra película que se chamou 'Jarka' que aínda non vin". O que semella ir na mesma liña da CEG. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:07, 2 novembro 2009 (UTC)
- Continúa: outra declaración de Carlos Velo sobre a súa fuxida a Marrocos, despois de contar como o seu pai renega del por medo e todas a peripecias que segue ata chegar a Sevilla na procura dun tío da súa muller, cando chega alí entérase de que o prenderon, "Sálvame entón un profesor alemán da Lexión Cóndor, e a quen eu coñecía da Residencia de Estudiantes de Madrid, como dobre espía que era, dos alemáns e da República. Dame a oportunidade de pasar a Marruecos, co pretexto de facer un documental para UFA". Do que levo lido a fuxida de Cartelle (a onde volve desde Segovia cando houbo o levantamento militar) está chea de episodios nos que a sorte axúdalle (en Ourense cando monta no tren cara Sevilla atopa un policía que é amigo dun primo seu e que lle di que non se mova do sitio ata chegar a Sevilla para axudarlle). Hai un compoñente azaroso en toda a fuxida pero non sei ata que punto se pode xustificar esa frase ("por azar remata en Marrocos"). Semella unha simplificación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:34, 2 novembro 2009 (UTC)
- Coido que corrixín todo o que me sinalaches na primeira mensaxe, espero non esquecer nada. Sobre o de "Marilyn" ou "Marylín" non teño datos. En canto a Raíces puxen citas para aclarar a autoría, polo de agora non retirei o de "Velo non puido filmar pola oposición do poderoso Sindicato de Traballadores da Produción Cinematográfica" pola túa referencia, deixocho a ti se queres engadir a referencia ou retirar o dato. Corrixín o da primeira película documental, puxen o da tesina en imaxes, o nome da película de Zuñiga que cita Velo é lixeiramente distinta ao que recolle a CEG Aventura de Apíca e na base datos Ministerio de Cultura aparece La Aventura de Api. Recollín tamén o de Xocas no texto de Pepe Coira. Tamén puxen máis datos e referencias, habería máis que engadir pero xa cansei. En canto ao do IP, era fácil sabelo a edición era rara e ademais o IP viña de Porto, onte non te ubicaba alí así que desfíxeno :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:42, 3 novembro 2009 (UTC)
- Atopei algo sobre o tema dos vetos dos sindicatos pero non se refire a Raíces senón a película Entre hermanos. Fonte: La aportación del exilio repúblicano español al cine mexicano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:02, 3 novembro 2009 (UTC)
- Título: limiteime a recoller os títulos que aparecían, non atopei fontes para confirmar por iso deixei o da transcrición que ben puidera ser un erro, así que por min non hai problema en mudalo. Ponlle ti a referencia correcta no título. Marilyn: non lle dei valideza a proba google porque neses casos penso que non vale (velaquí un exemplo) así e todo acabo de atopar unha referencia nun texto de Luís Alvárez Pousa que tivo un gran amizade con Carlos Velo na que pon Marylin. Revista: o cabezallo da revista é Entregas de Comunicación Cultural. Arriba á dereita aprece literalmente e en maiúsculas: IMAXE Nº EXTRA 1 de agosto de 1985. É un número extra dedicado á imaxe, porque había números adicados a diversas áreas culturais, o certo é que non parei a pensar se había aí algo incorrecto. Ti dirás se hai que cambialo ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:04, 3 novembro 2009 (UTC)
- Corrixín o de Nº por Número, espero que agora estea ben. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:49, 3 novembro 2009 (UTC)
- Atopei outra referencia para o tema dos sindicatos do cine mexicano: Carlos Velo "Antigamente non se podía, eu mesmo non podía, facer longametraxes porque non podía entrar no Sindicato de Directores; hoxe o sindicato segue pechado, pero non está para un director que queira facer a sáu primeira película e conta cun produtor que cubra un presuposto mediano, que rebase as cinco semanas de rodaxe." (1967). Por outra banda, confirmei noutra fonte o de Marylin, nun documento da filla de Carlos Velo. Queda por completar a filmografía e algunha cousa máis; en canto á filmografía hai máis información na Internet Movie Database e en diversos documentos que fun atopando pero polo de agora non me vou meter con iso. Teño recompiladas ata citas de citas se é preciso, por exemplo nunha cita fala dunha película chamada Harka teño un referencia e cita para iso pero paréceume demasiado poñela, polo menos polo de agora. Tentei buscar o máximo de referencias de fontes diversas e mesmo cando hai contradicións busquei nas fontes orixinais (por exemplo nunha declaración Carlos Velo di que presentou Torero no Festival de Cannes, nos arquivos do Festival non aparece e no palmarés tampouco como antes afirmaba o texto). Nunha das citas parece que falta unha palabra "(...) Outras imaxes para outra película que se chamou Harka que aínda non vin (...)" no orixinal estaba así e non quixen tocarlle. No texto que escribiu Teresa Velo para a película Vieiros figura como primeiro documental Almadrabas como antes se recollía no texto pero en realidade por outras fontes (varias) iso non semella correcto. No tema das influencias para dedicarse ao cine hai diversos testumuños, que nunhas ocasións resaltan máis un aspecto que outro o texto recolle correctamente o que tiven ocasión de ler. Na primeira mensaxe falabas dalgunhas correccións menores adiante con elas se queres. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:06, 4 novembro 2009 (UTC) Engadido: pódense engadir algunhas referencias máis en temas como o da revista Vieiros, ou mellorar o artigo cunha caixa de información pero aínda non temos ese modelo, queda pendente a ver se o creo un día en que teña tempo. --Prevertgl 21:09, 4 novembro 2009 (UTC)
Goto
[editar a fonte]Ola Lameiro. Está ben. Grazas polo aviso. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 23:29, 2 novembro 2009 (UTC)
páxina de usuario
[editar a fonte]Ola Pedro. Ao principio non sabía se eras ti desde unha I.P., pero vexo que andiveron incluíndo información na túa páxina de usuario. Se fuches ti, perdoa. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:30, 3 novembro 2009 (UTC)
Petición de desbloqueo
[editar a fonte]Ola Lameiro.
Parece ser que a IP 85.91.87.250 foi bloqueada como resposta a unha serie de accións de hipotético vandalismo, cosa que me parece moi ben, pero resulta que o problema ven cando esta IP corresponde a un Instituto de Educación Secundaria, en concreto o IES Praia Barraña de Boiro. Non vexo coherente que se bloquee a creación de contas de usuario nun instituto con máis de 300 alumnos anuais, e eu véxome na imposibilidade de traballar na wikipedia cos meus alumnos por a saber que accións de non sei quen.
Eu entendo a necesidade de accións punitivas deste tipo, pero neste caso se debería penalizar ao usuario concreto, digo eu, non á IP.
Espero que me poida ofrecer algunha solución na maior brevedade posible.
Seu, Pascual Vidal.
Cinema
[editar a fonte]Pedro, a cuestión é que perante isto non creo que teñamos moito que dicir nós. Son sinónimos en tanto que a RAG así os denomina. Non hai máis. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:55, 5 novembro 2009 (UTC)
Excelente labor co artigo. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 01:32, 9 novembro 2009 (UTC)
- Envíamo. Se non podo cun programa podo con outro, quedará mellor ou peor, pero poder podo-- Lmbuga / Conversa comigo 20:51, 9 novembro 2009 (UTC)
- Hai en Commons algunha imaxe sobre como se estende a praga? Eu non encontro nada. Se tes algunha ligazón a algún mapa, miro se son capaz de copialos datos variando algún dos de Commons-- Lmbuga / Conversa comigo 11:32, 17 novembro 2009 (UTC)
- Supoño que che parece ben solicitarme colaboración, conseguir que eu cha ofreza e pasar de min. Xa me tes habituado a ese trato. Noraboa, se queres ser o mellor do mundo, acabarás probablemente por selo, pois os mellores son, seguramente, os que teñen máis capacidade para pisar ós demais. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 22:45, 28 novembro 2009 (UTC)
Ola Lameiro! Segundo creo es administrador, xa que logo se non che importa, pediríache que lle botases unha ollada a páxina que menciono neste novo apartado da túa páxina de conversa. Nela poderiamos dicir que hai un conflito de edicións, xa que un usuario non rexistrado se empeña en borrar os resumos dos capítulos por os considerar que converten a páxina en perralleira (podes ver os seus argumentos na miña páxina de conversa), mais acho que ou ben se respecta a edición anterior ou ben se pon na páxina de conversa os motivos polos cales se quere borrar esa información e non proceder directamente ao borrado. Desgraciadamente, todo isto non llo podo dicir a persoa en cuestión porque non lle podo deixar unha mensaxe dado que non está rexistrado/a. Polo tanto, agradecería que deses a túa opinión ao respecto. Grazas! ;) --Nonso91 18:16, 14 novembro 2009 (UTC)
Muy Honorable Lameiro!
Lamento darte la lata como lo estoy haciendo estos días, "con mis informaciones sobre Vilasobroso" tienes que disculparme, por mis faltas ortográficas en lengua gallega, soy un autodidácta en esta materia; aunque soy gallego hablante, en mi época estaba prohibido tener conocimentos sobre la misma; en cuanto a castellano, como puede verse tampoco tengo cualidades de escritor, mi meta principal no es llegar a tan alta dignidad; lo esencial es poder facilitar desinteresadamente una humilde información real, pero no ocultar datos como suele hacerse habitualmente en estas cuestiones, por eso ruego me disculpes y te agradezco de verdad, tus puntualizaciones.
También debo decirte, que he nacido a los pies del Castillo de Sobroso, y desde mi niñez, cuando a mis manos llegaba una enciclopedia, un diccionario geográfico o un mapa ( por norma general, casi siempre me fijaba y aun me sigo fijando en los datos relacionados con esta localidad y como esta, en otras muchas, casi siempre los datos allí reflejados dejaban mucho que desear, ocultan los verdaderos y los que sacan a la luz son incorrectos ) este fué el motivo, por el cual me ha gustado la história del pueblo donde he visto la primera luz y donde he vivido siempre. Debido a ello, he visitado distintos archivos históricos a lo largo de mi vida a modo de curisidad y a pesar de lo mucho que aun queda por averiguar, he coleccionado un extenso fichero con numerosos apuntes sobre la historia de esta pequeña pero singular población y que en el año 2002 tuve el atrevimiento de publicar un humilede trabajo que consta de 352 páginas (me lo han patrocinado la Excma Diputación Provincial de Pontevedra, el Ayuntamiento de Mondariz y la Entidad Local Menor de Vilasobroso) fruto de horas y horas de una lenta y delicada investigación, trabajo que titulé = Sobroso Baluarte Histórico de Galicia) cuya primera edicción ya está agotada.
No soy empleado de ninguna empresa de informes, ni tampoco me dedico a captar datos para la administración que es lo que habitualmente suelen hacer en estos casos, personal ajeno al lugar donde se necesita hacer esa investigación; unicamente les interesa lo económico, (pongamos por caso muchos informes catastrales que posteriormente resultan ser un auténtico galimatías....) situaciones similares también suceden con enciclopedias, diccionarios, mapas etc.
Esta información que os he estado enviando, es fruto de una curiosidad altruista sin animo de lucro; hace años, hice lo mismo para la Gran Enciclopedia Gallega,obra que en estas cuestiones de localidades pequeñas mucho tendría que mejorar, a mi humilde modo de entender.
Debe tenerse en cuenta que Galicia tiene la mayor parte de los núcleos de población que existen en España y eso es de alto interés, aunque no lo parezca. Estos núcleos tienen história y una definición natural própia, la distribución municipal en Galicia, en cuestiones de esta indole siempre trata de informar de la localidad, capital de esa administración, los demás núcleos estan muy superficiales y en ocasiones se "olvidan".
Estimado Lameiro, te agradezco sepas disculparme por dirigirme a ti en castellano, sigo estando a vuestra entera disposición y por si es de vuestro interes os envio mi correo electrónico. Un cordial saludo:
RE: Táboa
[editar a fonte]Queres que a táboa sexa do estilo que ten agora ou prefires que sexa como a que aparece aquí? --Toliño Fala aquí comigo 17:10, 16 novembro 2009 (UTC)
- Fíxencho co estilo que tiñas, mira a ver se che gusta. Se o queres cambiar dimo. --Toliño Fala aquí comigo 17:19, 16 novembro 2009 (UTC)
- Feito! Proba cambiando o parámetro "width" para conseguir o ancho que desexes. --Toliño Fala aquí comigo 17:48, 16 novembro 2009 (UTC)
- Sempre hai xente que se aproveita da boa fe dos máis pero ao final estou convencido, tardemos máis ou menos, acábase sabendo .--RNC 15:07, 17 novembro 2009 (UTC)
Primeira Guerra Mundial
[editar a fonte]Ola! aquí sigo co meu proxecto sobre a Primeira Guerra Mundial. Xa me axudaches un par de veces e espero que tamén poidas botarme unha man esta vez.
Verás, xunto ás batallas coloco un cadro de batalla (saquei o modelo dun artigo desta wiki; por exemplo Primeira batalla de Ypres) pero gustaríame reducir o tamaño da letra, para que ocupen un pouco menos. Sabes de alguén que me poida axudar? --Silverfox 21:36, 22 novembro 2009 (UTC)(conversa)
Paz Andrade
[editar a fonte]Parece que hubo un problema con el bot que la subió. Ya está resuelto. Perdón por las molestias y por mi inexistente galego. Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 22:52, 22 novembro 2009 (UTC)
Anchoa
[editar a fonte]Segundo varias fontes a anchoa é en galego o bocareo ou bocarte en conserva, poderíasmo confirmar para corrixilo en varios artigos, xa que antes quixera estar totalmente seguro, grazas.--RNC 19:51, 24 novembro 2009 (UTC)
Vandalismo
[editar a fonte]Pedro, olla para as actuación destas IPs: 213.97.173.244 e 85.91.83.141 Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:34, 2 decembro 2009 (UTC)
RE: Corrixir
[editar a fonte]Só quero aclarar que non foi RCN o que fixo os cambios ortográficos, foi a conta de Nonso91. Os cambios introducidos no que respecta á ortografía non modificaron o contido, senón que decidiu cambiarme os verbos. Non infrinxín ningunha norma ortográfica e se o escribín así foi porque considerei que era a mellor maneira. Pero o que me tocou "o contido da bolsa escrotal" foi un cambio de todo o artigo sen avisar, e sen deixar unha nota na páxina de conversa. Está claro que el fíxoo con toda a súa boa intención, pero creo que o mínimo sería avisar dun cambio desa índole. O que non me parece de recibo é que un estea horas lendo e escribindo para que en galego, os internautas dispoñan de información sobre un tema, e un usuario, sen deixar xustificación ou aviso ningún cho cambie. Sinto ter que facerte peder o tempo con isto, xa que de seguro terás mellores cousas que facer. Grazas pola túa mensaxe. --Silverfox 22:07, 4 decembro 2009 (UTC)
VOLGA e Catálogo
[editar a fonte]Pedro, eu tanto no Vocabulario ortográfico como no Catálogo da RAG véxoos como correctos. Non vexo o asterisco ese que mencionas. De feito, a palabra aparece en verde, o que quere dicir que é unha entrada correcta. Igual é que non che estou entendendo. --Atobar (conversa comigo) 00:18, 5 decembro 2009 (UTC)
- O da rede está actualizado. Cónstame. Modernízate, Pedro. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 00:29, 5 decembro 2009 (UTC)
- Oíches, agora que me dis isto. Na edición en papel igual non traía isto e de aí a confusión. --Atobar (conversa comigo) 00:32, 5 decembro 2009 (UTC)
Aligacha
[editar a fonte]Abonda, abonda. É que me parecía sospeitoso, porque era unha edición dun IP e por riba no cadro de resumo puxo aligacha?, coma se fose unha pregunta. E coincidiu que tampouco sabía dese termo. Xa despexaches as dúbidas. Solucionado. --Atobar (conversa comigo) 12:27, 5 decembro 2009 (UTC)
RE: Astronauta
[editar a fonte]O modelo non existe e só se usaba neste artigo; xa eliminei a referencia que había nel. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:10, 5 decembro 2009 (UTC)
Santa compaña
[editar a fonte]Hola Lameiro. siento escribir en castellano, pero mi gallego es nulo. Te quería preguntar si podrías subir tu foto de la santa compaña a commons, para que podamos ponerla en las demás páginas (yo la quería en particular para la latina). Muchas gracias y un saludo.--Xaverius 23:43, 5 decembro 2009 (UTC)
- Boas Lameiro
Esas tres fotos sobre a Santa Compaña son das moitas da Galipedia que conto subir a commons, xa que logo van ser as primeiras que suba. E vou facelo con moito gusto. Xa sabes Lameiro que podes pedirme o que querias, xa temos bastante compañerismo e confianza para decir si podemos ou non podemos, ou non queremos. Por demaís é unha boa cousa que entre nós fagamos un reparto das competencias e dos gustos de cada un. Eu son a de sempre Lameiro. Duante 15 días non tive aceso a Internet. A ver si agora me sigue bén. Saúdos Elvira (conversa comigo) 01:33, 6 decembro 2009 (UTC)- Subida a que pide Xaverius e xa o avisei. Logo as outras dúas. Saúdos Lameiro Elvira (conversa comigo) 03:26, 6 decembro 2009 (UTC)
- Boas Lameiro
Primeira guerra mundial
[editar a fonte]Ben, a frase do gas non a redactei eu, senón que xa estaba redactada antes de modificar o artigo. O do infinivo foi que eu non o empreguei. Usei outras formas verbais e nonso cambioumas algunhas para colocar un infinitivo conxugado. Creo que o que quere dicir a frase é que o gas foi unha nova arma, que axudou a desgastar as tropas inimigas. Se a un lle disparan con fusís, metralladoras, artillería e ademais de todo iso vive con medo a que o gaseen, índa sofre máis. Québrase o seu ánimo e por iso a palabra desgaste.
Segundo, a min gústame máis a forma verbal en presente, pero se queres e así o consideras cámbiaa. Agradezo que me comentes os cambios, de veras. --Silverfox 00:23, 6 decembro 2009 (UTC)
etc
[editar a fonte]Era a nosa versión das NOMIG a que estaba errada, xa que nas NOMIG en papel, no texto orixinal o etc. figura sempre sen unha coma antes, se aparecese unha coma nas NOMIG entón o que se di sobre o asunto nesa ortografía sería unha opinión persoal sen forza normativa. O dos puntos suspensivos non sei se che entendín ben, existen aínda que concordo en que moitas veces é preferible evitalos.--RNC 17:58, 6 decembro 2009 (UTC)
- Ídem. Tamén no dos puntos suspensivos. --Atobar (conversa comigo) 18:04, 6 decembro 2009 (UTC)
RE:atmosfera
[editar a fonte]Home, de experto nada de nada, sinxelamente un simple afeccionado a astronomía; referente o que me dicías das cursivas, na definición supoño que puxeron as cursivas por mor de darlle máis énfase, na composición, creo que coma ben dis sobran, xa que é unha cita e por riba aparece de quen é a cita, aínda que na miña opinión son problemas sen importancia; si que se lle debería prestar máis atención os apartados coma por ex Ozonosfera ou Magnetosfera, que non teñen a ligazón ó seu artigo principal, a parte de que podían te-las cabeceiras destes artigos principais, xa que máis cunha explicación do apartado, parecen máis unha definición dun dicionario, e é unha pena tendo boa información na propia Galipedia para completar estes apartados, máis que nada o artigo precisa unha actualización e sobre todo aportar un pouquiño máis dese contido que xa existe na Galipedia para sacarlle (se se me permite a expresión) un pouco do formato de listado que ten o artigo.--Xabier Cancela (fálame 15:30, 8 decembro 2009 (UTC)
Diccionario de diccionarios
[editar a fonte]A min tamén me chama a atención esa discrepancia entre esas dúas fontes, o título completo débese engadir ao artigo, non sei se como nota ou directamente no texto (por aquilo de ser longo de máis). O do manuscrito ten explicación cos datos que puxen no artigo do autor Rodríguez, boa parte das entradas orixinais non tiñan definición --RNC 18:40, 8 decembro 2009 (UTC)
- O DdD aínda que non teña sinatura o editor é Santamarina logo podes dalo por exemplo así
- Antón Santamarina (ed.) Diccionario de diccionarios. A Coruña, 1ª ed., 2000, páxina ?
e a outra:
- Antón Santamarina (ed.) Diccionario de diccionarios. CD-Rom, Versión 3. A Coruña, 2004, neste caso non podes dar a páxina por ser un programa de ordenador, se entendín ben. Non sei se era iso o que preguntabas?--RNC 19:13, 8 decembro 2009 (UTC)
Francisco Javier Rodríguez
[editar a fonte]Acabo de comprobar que o libro que poño na Bibliografía (A comarca do Deza) da esas datas. Pero seguramente son erróneas como ocorre con algúns outros casos. Os autores non son (en xeral) moi fiables. Eu optaría polas datas que da Antón Santamarina no Diccionario de diccionarios, xa que non hai ningunha outra fonte á que acudir. Pero a referencia é correcta. Saúdos.--Xas (fálame) 21:23, 8 decembro 2009 (UTC)
Refrán
[editar a fonte]Pedro, Mi gozo en un pozo. Equivalente galego? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:08, 10 decembro 2009 (UTC)
- Saíume a pita choca. Esa, esa. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 13:50, 10 decembro 2009 (UTC)
Lume/fogo
[editar a fonte]Modifiquei o artigo lume, segundo o DRAG lume e fogo son de usos diferentes e en poucas ocasións fogo pode aparecer na vez de lume, podes mirar o artigo e dicir se consideras que a redacción do parágrafo inicial é correcta?. Grazas adiantadas.--RNC 10:17, 12 decembro 2009 (UTC)
- Non tiña o Gran Xerais a man así que engadín un par de refráns para ilustralo.--RNC 13:06, 12 decembro 2009 (UTC)
Homónimos
[editar a fonte]Pois eu inclínome pola primeira opción no caso da aleta. Pero a verdade é que semellan equilibradas ambas opcións, así que é mellor que o fagas como dis ti, que para algo es máis experto. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 13:08, 14 decembro 2009 (UTC)
Dicionario
[editar a fonte]Fixen un novo artigo dun dicionario galego, Diccionario gallego-castellano (1913), deixo o aviso por se contas con datos para amplialo ou corrixilo se tes tempo. Saúdos.--RNC 18:25, 16 decembro 2009 (UTC)
Copyvio
[editar a fonte]Podes comprobar o copyvio que marcaches en Determinación de alcohol no sangue?, coido que xa non é necesario o marcador. E mesmo podemos empregar esa ligazón como referencia dalgunha información recollida no texto. Saúdos e grazas! --Toliño Fala aquí comigo 10:06, 19 decembro 2009 (UTC)
Festas de San Froilán
[editar a fonte]Empecei a facer o artigo a partir de Lista de artigos que toda Galipedia debera ter e descubrín que xa había un feito e que o que estaba escrito era moi pouco e figuraba na Lista de artigos con problemas. Pero non atopo por ningún lado cal é o problema. Si vexo que fuches ti o que puxo a advertencia. Así que refixen o artigo enteiro, conservei só os dous primeiros parágrafos e voulle retirar a chamada de Atención. Non sei se estou "autorizado" para isto último. Se o problema era outro, avísame, plis. AH: e tamén corrixirei a ligazón. E por certo, esa lista de artigos esenciais está actualizada? --(XurxoLois) (fálame) 01:03, 27 decembro 2009 (UTC)
lugares compartidos
[editar a fonte]Ola Lameiro. Grazas polo que medis de Ponte Arnelas. Procurarei modificalo. Efectivamente hai máis casos. Xa tiña intención de crear unha categoría de Lugares divididos en dúas parroquias e Lugares divididos en dous concellos. A ver cando me poño. Saúdos.--Xas (fálame) 23:42, 28 decembro 2009 (UTC)
mancontro/alcolitro/eucalito
[editar a fonte]Boa tarde, Pedro. Chámame purista se queres, pero creo que se deben suprimir as redireccións incorrectas. Sei que non son bos exemplos os que vou poñer, pero espero facerme entender: Decote emprégase *Alacante na TVG ou *Orense no ABC, pero sabemos que son incorrectos e non se poñen na galipedia. Sobre o uso na literatura actual, na miña opinión mancontro é coma farlopa ou friame, termos usados popularmente, pero non creo que deban redirixir a teléfono, cocaína ou cadáver. Sobre o léxico da literatura vella, ben sabemos que antes da estandarización escribíase segundo criterio do autor, diferenciándose ben na escrita de onde era o escritor, pero non creo que iso serva de "excusa", pois teriamos que poñer como redirección un feixe de termos.
De todos xeitos o debate é interesante, e podería antes de borrar (ou non), ben podían opinar usuari@s máis expert@s, que eu tampouco teño moita idea.
Un saúdo, e feliz ano se non falamos antes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:42, 29 decembro 2009 (UTC)
Ola Lameiro.
Diríxome a ti para que revises a nova imaxe que propuxen, pois xa votaras. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 22:18, 30 decembro 2009 (UTC)