Conversa usuario:LgL 4ºESO IES David Buján
Benvido(a) á Galipedia, LgL 4ºESO IES David Buján!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Cando comezades un artigo e o tedes incompleto e ides continuar con el tedes que pór ó seu comezo un marcador conforme ides traballar nel (así se evita que a xente o marque para borrar, como sucedeu). Isto faise poñendo isto: {{enuso}}. Un saúdo. AlberteSi, digame? 00:50, 15 marzo 2008 (UTC)
Correa Corredoira
[editar a fonte]O mellor nome para o artigo é o que xa tedes, coido eu. No artigo da Rosa dos ventos o enlace Correa Corredoira pódese redireccionar ó teu artigo. Para facelo abres a páxina de Correa Corredoira (é dicir, premes no enlace vermello) e logo debaixo dos botóns de gardar a páxina e Mostrar vista previa atoparás unha serie de símbolos, un deles é #REDIRECT [[]]. Pois premes nel e entre os corchetes pos o nome do teu artigo, Xabier Correa Corredoira e gardas a páxina. Redirección feita. Se tes algunha dúbida non quedes sen preguntar. Un saúdo. AlberteSi, digame? 11:13, 17 marzo 2008 (UTC)
- Olá, e benvidos. Perdoade que non vos respostase antes ao voso correo, pero estiven de vacacións. Como vos di Albert galiza, o mellor é crear a páxina Correa Corredoira como unha redirección a Xabier Correa Corredoira. Así non importa o que escribamos porque nos dous casos iremos á mesma páxina, que é a que creastes vós. --Xosé (✉) 22:12, 19 marzo 2008 (UTC)
Ola de novo. Fixen a proba de pór Correa Corredoira na caixa de busca, e aparéceme unha páxina que di: Non existe ningún artigo co título "Correa Corredoira". Logo explica os motivos e máis abaixo aparecen 5 resultados, o primeiro deles é o artigo Xabier Correa Corredoira. O caso é que o buscador da Wikipedia non é tan bo coma o Google, e hai que poñer o nome do artigo completo para que apareza a páxina directamente. Se queredes que a páxina apareza directamente poñendo tan só Correa Corredoira no pesquisador tedes que crear unha redirección, que se fai como vos expliquei máis arriba. Ah, o de entrar como susario rexistrado ou non, non ten nada que ver para os resultados que aparecen trala pescuda. Un saúdo. Agardo terme explicado algo ben. AlberteSi, digame? 14:22, 31 marzo 2008 (UTC)