Saltar ao contido

Conversa usuario:Manu G. Sanz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Manu G. Sanz!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 8 de xuño de 2024 ás 10:15 (UTC)[responder]

Novo artigo[editar a fonte]

Que artigo queres crear? Hai varios modelos que podes utilizar nos artigos, algúns (como o de "Biografía") beben os seus datos directamente de Wikidata e non é necesario engadirlles máis información para usalos. Se non estás seguro de se o artigo en cuestión xa existe, fai unha busca do artigo noutra lingua e mira se ten versión en galego. Chairego apc (conversa) 8 de xuño de 2024 ás 10:21 (UTC)[responder]

Grazas @Chairego apc Quero crear un novo artigo dunha biografía dun músico. Estou completamente seguro que non existe na Wikipedia nin na Galipedia (é un arigo sobe mín). Non quero cambiar os datos de ningún artigo xa existente, senón crear un novo completamente. Que pasos debo seguir? Son novo aquí e non sei como comezar Manu G. Sanz (conversa) 8 de xuño de 2024 ás 10:28 (UTC)[responder]
Ola de novo, Manu. En Wikipedia está completamente desaconsellado crear a autobiografía, escribir sobre un mesmo ou editar nun artigo sobre si mesmo. As edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria ou un xeito de querer influír no propio artigo. O descrito é un conflito de intereses que aparece recollido dentro das políticas e normas oficiais de Wikipedia. Se o artigo é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador neste proxecto que cree a entrada. Chairego apc (conversa) 8 de xuño de 2024 ás 10:35 (UTC)[responder]