Conversa usuario:Manuelandres
Benvido(a) á Galipedia, Manuelandres!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Alma (fálame eiquí) 21:11, 15 outubro 2007 (UTC)
Verdidorada
[editar a fonte]Ola Manuelandres. Borrei o artigo Verdidorada por estar en castelán. Tes que saber que na Galipedia emprégase o galego. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:55, 16 outubro 2007 (UTC)
Outra benvida
[editar a fonte]- Ola Manuelandres, benvido a Galipedia, espero sexa enriquecedor o tempo que pases aquí, se precisas coñecer como vai isto podes acudir a páxina de axuda ou ben facer consultas na taberna. Tamén podes contactar con outros usuarios na súa páxina persoal ou cos adminsitradores. A Galipedia ten agora uns 28.300 artigos e segue crecendo, espero que a túa contribución neste proxecto sexa un pulo máis para espallar os coñecementos e nosa fermosa lingua e cultura no mundo. Lembra que os artigos teñen que estar en galego, ou no caso de estar traducindo un doutra lingua pon no artigo a palabra Entradución entre dous parénteses e así terás 30 días antes de que alguén o borre. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 18:07, 16 outubro 2007 (UTC)
Iparena SL
[editar a fonte]Síntoo, mais o artigo de Iparena SL foi borrado debido á violación do copyright, xa que o contido estaba baseado integramente no da páxina web. Se tes algunha dúbida, consúltame. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:13, 18 outubro 2007 (UTC)
Imaxe sen licenza
[editar a fonte]
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Emisora San Lourenzo.jpg, Imaxe:San Lourenzo1.jpg, Imaxe:Cantera.jpg, Imaxe:Escudo A Gudiña.gif, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.
Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)