Conversa usuario:Manuela~glwiki
Benvido(a) á Galipedia, Manuela!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.. Desfixen a túa edición do artigo de Xavier Lama, se consideras que por algún motivo hai que eliminar ese dato tes que dar algunha razón, podes utilizar a páxina de conversa do artigo para expoñelos. Gracias por colaborares na Galipedia.--RNC 21:46, 23 outubro 2009 (UTC)
- Tendo relación de amizade, como dis que tes, co personaxes do artigo, non podes editar segundos os convenios e políticas que seguimos na Galipedia. Outra cousa: ninguén pode apoderarse dun artigo nin cousas semellantes, de modo que abonda con que alguén achegue unha referencia mellor ca que xa hai, porque habela haina, para mudar o contido. Se tes calquera dúbida, non temas en poñerte en contacto con calquera de nós. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 07:59, 24 outubro 2009 (UTC)
- Como ben che explicaron neste caso hai un conflito de intereses, non se pode escribir sobre un mesmo, aínda que sexa por medio de terceiras persoas nin tampouco se pode editar un artigo sobre unha persoa coa que se teña amizade ou inimizade, este parece ser o teu caso xa que dis que es amiga persoal del e que falaches do tema con el. O que si podes facer, como tamén podería facer o propio Xavier Lama ou calquera outra persoa, se consideras que o artigo non é neutral, ten datos erróneos ou calquera outra eiva, é utilizar a páxina de conversa do artigo para facelo constar. Iso si debes ter en conta que para redactar o artigo non importa o que crea o propio Xavier Lama que debe aparecer ou non, importa que o dato sexa real, relevante, verificable e que estea redactado de forma neutral.--RNC 11:25, 24 outubro 2009 (UTC)
- Ola outra vez, Manuela. Acouga, que aquí ninguén ten interese de ningún tipo en facer apoloxía ou menosprezo das capacidades deste escritor en particular. Revisei a páxina e de verdade que conforme ao historial de edicións, que é público, e ao contido que actualmente hai, non vexo que poida haber o menor problema, mesmo diría que se trata dunha boa entrada da Galipedia: informativa, neutral e acorde co peso real do autor. En calquera caso, acabo de engadir unha outra referencia ao premio para que varras de vez esas sospeitas infundadas, é dicir, púxenlle a propia resposta de Xavier Lama ao asunto no blog O levantador de minas. Xa digo, o artigo é máis ca aceptábel e non vexo grandes problemas. Pola miña parte, dou por pechado o asunto, paréceme unha cuestión estéril e a Galipedia ten que seguir avanzando, hai moitas outras cousas que facer. Aproveito, por outra banda, para te convidar a que edites noutros artigos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:44, 25 outubro 2009 (UTC)
- Un apuntamento breve: acabo de ver que borraches por dúas veces o contido íntegro do artigo onte de madrugada. Bueno, vai ao xeito con isto. Non fai falla ser moi aleuto para decatarse que é un vandalismo en toda regla. E unha segunda cousiña: eu falo por min, RNC por RNC e Fulano por Fulano, é dicir, non un 'ti' e 'nós'. Cadaquén escribe dende o seu ordenador e non somos amigos senón editores dun mesmo proxecto, lémbrocho para que non vexas complots. --Atobar (conversa comigo) 10:54, 25 outubro 2009 (UTC)
Vai cambiar o seu nome de usuario
[editar a fonte]Boas!
O equipo de desenvolvemento da Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios, como as notificacións a través dos wikis. A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Un dos efectos secundarios disto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia. Consulte o anuncio para obter máis información.
Por desgraza, a súa conta coincide con outra conta tamén chamada Manuela. Para asegurarnos de que ambos poidades seguir usando os wikis da Wikimedia no futuro, reservamos para vostede o nome global único Manuela~glwiki. Se lle gusta o nome, non ten que facer nada. Se quere outro nome, fáganolo saber mediante este formulario.
A súa conta seguirá funcionando como antes, e terá recoñecidas as edicións feitas ata o de agora, pero terá que usar o novo nome para acceder ao sistema.
Lamentamos os inconvenientes.
Atentamente,
Keegan Peterzell
Enlace Comunitario, Fundación Wikimedia
18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)
Renomeado
[editar a fonte]Esta conta foi renomeada como parte da finalização do login unificado. Se você possui esta conta você pode logar usando seu nome de usuário e senha anterior para mais informações. Se não gosta do novo nome desta conta, pode escolher outro você próprio usando este formulário após o login:Especial:GlobalRenameRequest. -- Keegan (WMF) (discussão)
19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)