Conversa usuario:Manuelfvieites
Benvido(a) á Galipedia, Manuelfvieites!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:32, 1 de agosto de 2010 (UTC)
Neste caso fixeches ben, pois se trataba só dunha corrección no título do artigo. Porén debes ter en conta que a edición de artigos que teñan relación cun mesmo non é permitida polas políticas da Galipedia, concretamente pola que regula os conflitos de intereses. Calquera outra achega pola túa parte será benvida, que hai moito traballo que facer aínda, e o teu coñecemento das artes escénicas pode ser de moita axuda. Para calquera dúbida pregunta sen medo, que estamos para axudar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:45, 1 de agosto de 2010 (UTC)
grazas e ata pronto
[editar a fonte]Grazas pola información. Cando me poña a traballar xa irei preguntando. De momento vou ir vendo os procedementos e as instrucións. Saúdos.
manuel f vieites
Ten en conta que, cando desexes responder a unha mensaxe que che deixen na túa páxina de conversa, debes facelo na páxina de conversa da persoa que cha deixou. Outramente non lle aparecerá o aviso. Para facilitar as cousas, a carón da sinatura adoita haber unha ligazonciña que te leva directamente á páxina de conversa en cuestión. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:02, 2 de agosto de 2010 (UTC)