Saltar ao contido

Conversa usuario:Maquia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Maquia!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 10:56, 16 de agosto de 2012 (UTC)

Manuela Santalla

[editar a fonte]

Ola Maquia, movín o teu artigo Manuela santalla a Manuela Santalla, que é o título correcto (apelido en maiúscula). Como vin que o volviches crear, vou proceder a borralo de novo. Para calquera dúbida, aquí me tes. --Xas (conversa) 11:00, 16 de agosto de 2012 (UTC)

Asinar as mensaxes

[editar a fonte]

Ola de novo Maquia, lembra que cando deixes unha mensaxe na páxina de conversa dun usuario debes asinala (mira aquí). E se queres seguir editando un artigo sen que outros usuarios podan modificalo ata que o remates debes usar o marcador En uso que serve para indicar ao resto de editores e lectores que unha páxina ou sección está sufrindo constantes modificacións por parte doutro usuario. O aviso pide que non se fagan edicións para evitar conflitos de edición. Podes velo aquí. Saúdos e grazas polas túas achegas. --Xas (conversa) 10:41, 17 de agosto de 2012 (UTC)

Gracias por las indicaciones, a ver si ahora consigo acabarlo. --Maquia (conversa) 08:52, 18 de agosto de 2012 (UTC)