Conversa usuario:Marcosvazquezsilva
Benvido(a) á Galipedia, Marcosvazquezsilva!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.
Ola, Marcos! Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Algunhas das túas achegas non responden ao punto de vista neutral. Non é correcto que edites o artigo sobre o grupo na que tocas, pois a túa visión non vai ser todo o obxectiva que require unha enciclopedia.
Se tes calquera dúbida, pregúntame sen medo na miña páxina de conversa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de outubro de 2014 ás 21:35 (UTC)
- Ola, Marcos; grazas polas túas achegas. Outro editor está a traballar no artigo sobre Eladio y los seres queridos para darlle forma e corrixir algunhas faltas ortográficas. Nestes días subirei unha foto dun concerto que vos vin en 2007 canda a The Ellas en Vigo.
Anímote a seguir colaborando noutros artigos, xa sexan relacionados coa música ou con outros campos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de outubro de 2014 ás 08:17 (UTC)