Conversa usuario:Martinhogz
Benvido(a) á Galipedia, Martinhogz!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 14:14, 5 xuño 2007 (UTC)
Ola, bencido, vin que subiches unha imaxe Image:Petroglifo cervos.jpgExemplo.jpg. Ainda que se xa feita por ti debes incluir os datos que recolle a caixa de datos para poder comprobarse a súa orixe e que cumpre coas Política de uso de imaxes. Deste xeito facilitamos a labor aos administradores é a integridade do proxecto. Unha imaxe subida sen datos conleva a súa eliminación polo que se necesitas axuda podes poñerte en contacto conmigo ou cos administradores e outros editores da Galipedia. Neste caso concreto a imaxe é moi valiosa xa que na Galipedia non temos cargadas moitas imaxes de petroglifos ata o momento. Recibe un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 14:14, 5 xuño 2007 (UTC)
Inclusión de imaxes (Petroglifos)
[editar a fonte]Moi boas! Grazas pola benvida. Hai tempo que veño consultando a Wikipedia, sobre todo en temas relacionados co concello de Cuntis e vendo diversos erros decidín ir corrixíndoos de xeito anónimo. Posteriormente optei por me rexistrar e seguir co mesmo labor e mesmo amplialos. Dende hai pouco pertenzo á Comisión de Toponimia e da Asociación Galega de Onomástica, encargada de protexer, corrixir e incentivar a toponimia e microtoponimia galega para que esta non desapareza e non se deturpe simplificándose (por exemplo, Vilagarcía de Arousa é o nome correcto e non Vilagarcía, ou Santiago de Compostela ou Compostela, no canto de Santiago).
En canto ás fotografías, teño bastantes e non teño problemas en ir cedéndoas. Polo de agora non domino moito como inserir e cubrir datos pertencentes ás fotografías. Preciso tempo e axilidade unha vez que saiba como se fai.
Recibe un cordial saúdo,
Martiño Picallo